NCG e a exclusión financiera – Xoán Antón Pérez-Lema L.

“The Economist” ven de nos advertir da intensidade do proceso de concentración financeira na Europa periférica. Dende finais do 2009 as 53 bancos e caixas españolas ficaron reducidas a 12 entidades e Italia enfronta un proceso semellante. Os pequenos e medianos sofren graves problemas de capitalización a respecto do BBVA e Santander que, ao tempo, medran en depósitos repregándose do negocio minorista e, xa que logo,  restrinxindo aínda máis o crédito ás pequenas e medianas empresas.

O oligopolio financeiro leva indefectíbelmente á exclusión financeira das familias e das empresas. No 2011 o tipo de xuro medio na banca española para operacións de crédito superiores a 1M€ acadou o 2,8%, fronte ao case 6% das operacións de contías inferiores. A concentración financeira atende só aos intereses da grande empresa e afoga ás pemes.  .

Velaí que a salvación da marca, rede e xestión autónoma de NCG sexa un asunto fulcral, tendo en conta o carácter sistémico de Nova Galicia no noso País, cun 40% dos créditos e depósitos. E, co proceso de venda encetado, só hai dúas alternativas. A primeira, que conlevaría a desaparición da entidade e a supresión de centos de empregos, é a venda ao BBVA, Santander ou “La Caixa”. A segunda, o chamado “Plan Castellano” que permitiría estabilizar a entidade como Banco minorista xestionado dende Galicia, é a venda aos Fondos internacionais dirixidos polo Gughenheim. Esta opción sería, tamén, a que achegase máis recursos, devolvendo unha parte do investido no saneamento. E a que facilitaría unha oferta de crédito centrada só nas pemes e fornecida por persoas coñecedoras do País e da súa estrutura empresarial.

Galicia non é unánime apoiando esta única opción viábel. Por mór do dano reputacional xerado pola comercialización de preferentes e subordinadas e agravado pola novidosa e insólita decisión de NCG de recorrer xudicialmente todas as sentenzas desfavorábeis, pola incapacidade da Xunta para construir un consenso neste asunto esencial, pola cativeza de miras dos socialistas e polo exceso de dogmatismo e falla de realismo de AGE e BNG.

Nun proceso transparente e obxectivo BBVA, Santander e La Caixa non terían, na altura, posibilidades reais. Mais os inimigos da subsistencia de Nova Galicia son fortes no Ministerio de Economía e no Banco de España.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s