A trampa olímpica – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.
Despois de máis de tres anos de continuos recurtes sociais, o prantexamento da candidatura Madrid 2020 amosaba unha suposta contención nos investimentos, mais agachando que cumpría construir todas as infraestruturas  condenadas ao futuro desuso, como a Vila Olímpica. Ficaría un investimento pendente de 2300 M€ e estaban xa executados 6200M€, acadando mentres o Concello madrileño unha débeda de 7430 M€ (2300 €/residente). Na práctica, de lle outorgar a organización do evento, os números dispararíanse. Canto aos retornos, serían seguros, mais  insuficientes para que as Administracións públicas madrileñas puidesen pensar noutra cousa ca en pagar a débeda. Non por acaso Roma, con ser Roma, desbotouse da carreira olímpica, ao priorizar o “panem” sobre os “circenses”.

Velaí como se advertiu nidiamente a diferenza entre as prioridades da cidadanía e clases medias e de determinada elite política, en colaboración con algúns operadores empresariais  gorentosos de ladrillo e negocios dirixidos dende os Poderes Públicos. Porque o modelo de Madrid 2020  apostaba, no longo prazo, por unha débeda improdutiva no canto da reactivación empresarial e os servizos públicos. Para as Olimpíadas habería o que non haberá  para a sanidade, educación ou innovación.

Esta realidade adubiouse estes días con doses de patrioterismo e descoñecemento do funcionamento do Comité Olímpico Internacional verdadeiramente inéditas. Despois de Brasil 2016 tocáballe, por tradición, a vez a Asia e Madrid non  xogaba. De feito, a poderosa París agardou a presentar a  súa candidatura até a edición do 2024, cando teoricamente lle cumpra organizar a Europa. Malia esta evidencia, algún falabarato conseguiu que os “media” madrileños repenicaran seguido que Madrid contaba con 56 votos, unha cómoda maioría absoluta. Pois ben, 26 votos obtidos, u-los outros 30?.

Canto á Galicia, excluída por Madrid da asignación das 8 subsedes (Valencia, Andalucía, Castela e Aragón, coma sempre), non perde nada con este fracaso. Porque, nesta  recesión, a recentralización brutal de gasto que agochaba Madrid 2020 tería sido moi prexudicial para o noso País, que desaparecería  do mapa dos investimentos públicos estatais.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s