O tsunami catalán – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.
O erro de Rajoy e das elites políticas e mediáticas madrileñas é crer que o potente movemento soberanista catalán é dirixido  dende a Generalitat, CDC ou ERC. E non é certo.Trátase dun movemento que nace da base e vai moito máis aló do nacionalismo ou do catalanismo histórico, para acadar transversalmente toda a sociedade civil de Catalunya, con nomeada forza entre castelánfalantes e cataláns de segunda xeración e, en xeral, entre os sectores sociais que até hai anos votaban PSC ou non partillaban nas autonómicas. Velaí a extrema dificultade de que Artur Mas poida frear ou adiar indefinidamente o proceso de expresión da decisión catalá, porque éste pode levar por diante partidos e políticos e de feito vaino facer.

Na pulsión soberanista, porén, xúntanse outras aspiracións sociais que xurden da crise institucional e da depresión económica. Maniféstanse as arelas por unha política da transparencia,pola participación cidadá, por unha sociedade máis moderna e xusta ou polo mantemento dos servizos públicos. As arelas por decidir o futuro persoal e dos seus.


O dereito a decidir atopa unha numantina resistencia no Madrid político e mediático, atado ao inmobilismo dunha Constitución do 1978, expresión dun réxime político territorial e institucionalmente esgotado. Constitución que, non por acaso, foi modificada en 24 horas polo PP e PSOE para unha remuda tan substancial como priorizar o pagamento da débeda a respecto do mantemento dos servizos públicos.


É a hora da política para deixar a decisión á cidadanía. Mais semella que un Rajoy amortizado polos recurtes e a corrupción carece de liderado na súa parroquia para abrir un diálogo sen condicións.
A ARRINCADEIRA: UNHA SENTENZA DESPROPORCIONADA.
A Audiencia Nacional constitúe unha excepción ao principio constitucional do xuiz ordinario predeterminado pola Lei. O feito de que delictos cometidos en Galicia sexan xulgados por un Tribunal de excepción non casa cunha democracia de calidade.  Máis cando nese Tribunal non foron quén de gardar as formas da imparcialidade e do respecto ao dereito de defensa.


As condutas imputadas aos catro membros de Resistencia Galega son moi graves, merecen reproche penal. Mais a sentenza é absurdamente desproporcionada. 18 anos de cárcere  non é xustiza, é pura represión.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s