Dos delitos e das penas – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.
Catro cidadáns galegos veñen de ser condenados pola chamada   “Audiencia Nacional” a moi aflitivas penas de cárcere por condutas que, sen dúbida ningunha, son graves e merecentes de  sanción penal. A posesión de explosivos nunca é desculpábel. Non existe  violencia de baixa intensidade. 

Mais as circunstancias da prisión preventiva, do axuizamento e da sentenza son impropias dunha democracia de calidade. A chamada “Audiencia Nacional” que os axuizou naceu o 4 de xaneiro do 1977 para substituir ao  Tribunal especial  da Orde Pública franquista, que  xulgaba os delictos políticos. É un Tribunal especial con xurisdición en todo o Estado que substitúe nos delictos de violencia política aos Xulgados e Audiencias galegas, que son os xuices ordinarios predeterminados pola Lei, polo que constitúe un elemento alleo á pranta xudicial dunha democracia.


Para alén, o  afastamento do Tribunal da realidade galega e a súa incardinación no máis politizado e centralizado do sistema xudicial  impideulle relativizar elementos que permitirían unha aplicación máis aquelada e proporcional da lei e agravou as penas por mor da militancia independentista dos acusados. Logo dun xuizo no que o Tribunal xulgador limitou substancialmente o dereito fundamental á defensa penal dos acusados, impedindo o desenvolvemento de boa parte das probas de testemuñas e periciais propostas polos seus avogados, a quen tratou con parcialidade e desconsideración.


A sentenza só é   recorríbel en  casación perante o Tribunal Supremo, o que vulnera o dereito fundamental á dupla instancia penal, xa que só se revisarán feitos con apoio documental e non existirá unha revisión xeral das probas e dos feitos probados. Por outra banda, até de agora, os axuizados foron presos en lugares moi afastados de Galicia, o que vulnera tamén o seu dereito a permanecer no cárcere ou, eventualmente, cumprir pena próximos á súa contorna familiar e vital.


A sentenza,pois, constitúe un exercicio máis de política represiva que de xustiza. Moi probábelmente os axuizados fosen merecentes da cárcere. Mais só despois dun xuizo xusto, condenados polos seus xuices ordinarios e cumprindo penas proporcionadas e orientadas á reinserción preto dos seus fogares.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s