Feijoo e as carencias da oposición – Xesús Veiga

Xesús Veiga

Seguindo a mesma lóxica que se practica habitualmente no mundo dos negocios, Núñez Feijoo pretendía patrimonializar os beneficios do poder que ocupa e socializar coa oposición –singularmente co PSdG- as perdas asociadas ao labor que desempeña.

O presidente da Xunta chegaba ao debate do estado da nación cun cadro clínico social moi grave:a grande maioría das persoas vive peor que antes, carece de expectativas fiábeis a respeito dunha posíbel recuperación futura dos traballos e salarios perdidos e, ademais, desconfía da utilidade do Parlamento e do comportamento de moitos representantes políticos.Como voceiro do partido maioritario gobernante, Feijoo tiña a principal responsabilidade na consecución dun debate que fose quen de suscitar un clima de maior empatía social coas discusións que se desenvolven no pazo do Hórreo.Para iso era preciso que acometera unha análise rigorosa do primeiro ano desta lexislatura, asumindo autocriticamente os incumprimentos das súas promesas electorais e a incapacidade demostrada no combate contra os problemas que mais preocupan á sociedade galega.


A táctica presidencial foi totalmente diferente.Os desastres acontecidos con NCG e Pescanova apenas tiveron presenza no amplo relatorio formulado dende a tribuna parlamentar.E para neutralizar a escandalosa reiteración da rebaixa salarial aplicada aos empregados públicos e a suba imprevista do chamado céntimo sanitario, Alberto Núñez exhibiu un coello adecuadamente preparado polos seus asesores:a rebaixa simbólica da tarifa autonómica do IRPF.Os focos mediáticos centraron a súa atención nesa lebre:as loubanzas agacharon outras consideracións críticas, entre elas a necesaria comparación cuantitativa entre incrementos e caídas fiscais.Polas cifras que agora se publican dende a Xunta, os recursos que recuperan os contribuíntes non son suficientes para asumir os pagos adicionais polo uso dos carburantes.

Sabedor do cordón protector que posúe nos principais emisores informativos existentes no Pais, Feijoo manexou unha estratexia construída sobre tres vectores:encareceu a peaxe que debería pagar a oposición –singularmente o PSdG- para asinar acordos relevantes nas propostas de resolución; mantivo a obsesiva demonización do bipartito e incidiu na carencia dunha alternativa gobernamental críbel a partir da segmentación que se rexistra no mapa político galego.Como non ten ofertas ilusionantes e no goberno central xa non está Zapatero só dispón dun recurso argumental para saír do burato:furgar nas carencias e deficiencias da oposición.


Rematado o debate e coñecido o traballo demoscópico realizado por Sondaxe, semella que –mais alá da cociña habitual que se practica nos despachos da empresa de Sabón- o presidente da Xunta experimenta un menor deterioro do que cabería deducir da secuencia de acontecementos rexistrada nos últimos meses.PSdG, AGE e BNG teñen materia para a reflexión.Ademais de estar ocupados na lexítima preservación e/ou ampliación da cota electoral respectiva deberán deseñar unhas follas de ruta que faciliten a derrota futura do PP.O desgaste causado polas políticas gobernamentais é a condición necesaria pero non resulta suficiente.Require o complemento dunha expectativa social de cambio edificada sobre o crédito e a solvencia dos materiais políticos que actúan no escenario.A eventual fatiga dos mesmos sería o mellor aval para a continuidade de Alberto Núñez Feijoo.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s