O reino de Galicia- Xoán Antón Pérez Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A historiografía española desenvolveu, dende mediados do século XIX, unha liña de relato motivado en razóns políticas que minusvaloraba a importancia da historia de Galicia, considerada mero apéndice, primeiro de Asturias e León, despois de Castela.

No século III os romanos crearon a provincia de Gallaecia,que integraba o actual norte de Portugal, Asturias, Cantabria, León e parte de Castela, chegando dicir Paulo Orosio a principios do século V que “cántabros e astures son parte da provincia de Gallaecia”.A primeiros do século V os suevos pactaron cos galegoromanos para fundareno primeiro reino da historia da Europa occidental, con capital en Braga, que durou dous séculos que chantaron os alicerces da división parroquial do País e de moitos outros caracteres como pobo de noso. 

Os árabes invadiron a Península no 711, mais nunca ocuparon Galicia, polo que a nosa historia descoñece os termos “reconquista”  e repoboación” que definiron a historia castelá. Os cronistas  árabes non coñeceron un Reino de astures nin leoneses, senón o Reino de Galicia. Un Reino afortalado coa invención do corpo do apóstolo Santiago e onde  os propios reis buscaron sedes na estrema oriental pouco poboada do Reino (Oviedo, León), na percura de coutar a influencia da Mitra compostelá e dos restantes bispos e condes galegos.

Fulcrais para Galicia foron os seus reis Afonso VII Raimúndez, Fernando II e Afonso VIII. Estes últimos dous reconciliaron Galicia co mar, recoñecendo as vilas de Viveiro, Baiona, Noia e A Coruña. Portugal independizouse de Galicia no 1128 e o Reino pasou áo rei castelán Fernando III no 1230. Malia que ésta era unha simple unión persoal, Galicia foi xogando menos  na Península e perdeu nas súas escollas contra os Trastamara no século XIV e contra a raíña Isabel a fins do século XV. Velaí a dureza da represión da Católica sobre os galegos partidarios da “excelentísima dona Xoana”. Represión que marcou a fin da semiindependencia do Reino de Galicia.

Verdade que non lles contaron sempre esta historia? Pois, con máis ou menos matices, é real e compre coñecela para saber de onde vimos, malia que o ministro Wert vaia arrincala outravolta nos plans de estudo que quere comúns para toda España. Unha España que foi, é e será plurinacional ou non será.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.