Madrid e a España cañí- Xoán Antón Pérez Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Concordo coa avaliación do profesor Pereira Menaut, constitucionalista da USC, considerando fracasado o proxecto de recentralización desenvolvido ao longo de máis de vinte anos de felipismo e aznarato. Un proxecto que imaxinou un inmenso “hub”aéreo  (lembran o billón de pesetas,con b de burro investidos na T-4?) en Madrid, centro dun sistema radial de estradas e alta velocidade, mentres os eixos ferroviario atlántico e cantábrico, fulcrais para os obxectivos galegos foron aparcados ou ralentizada  a aínda non rematada Transcantábrica.

PP e PSOE, canda as elites financeiras de Madrid potenciaron  a capital do Estado como único centro financeiro, de comunicación e empresarial, cando a Comunidade de Madrid contaba con só o 12% da poboación estatal. Tratábase de facer a España cañí, alicerzada sobre o eixo Madrid-Valencia/Murcia-Andalucía. Unha España que non entendía a súa propia pluralidade cultural, lingüística e de estrutura e vocacións produtivas. Esa España que deixou ao pairo na negociación do ingreso da CEE á pesca, gandeiría ou construción naval galegas para beneficiar ás producións mediterráneas da oliva andaluza e da laranxa valenciá. Onde Esperanza Aguirre permítese requirir do millonario galego residente na Coruña: “Fulano, a ver cando ves vivir a España” ou a TVE non convida nunca a un artista que non cante en castelán.

É evidente o fracaso deste modelo, mais as persoas que crearon o problema seguen a mallar no mesmo: recentralización educativa potenciando o ensino en castelán, recurte de competencias fiscais ás autonomías, tarifa enerxética que grava aos países que producimos e ás empresas que coxeneran…Semellan non  ser conscientes de que xa queren liscar máis da metade dos cataláns e vasco e da inviabilidade  desa España cañí cun único cerebro que todo o entende e todo o sabe.

Tamén é evidente que só será viábel unha España policéntrica, en rede, que políticamente  podería funcionar cun federalismo fiscalmente competitivo e moi descentralizado, ao xeito dos USA. Federalismo misturado con solucións confederais no que atinxe aos asuntos de lingua, cultura, educación e Dereito civil, polo menos no que respecta ás nacionalidades galega, vasca e catalá.

O outro xa non ten futuro.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.