O anticatalismo primario- Xoán Antón Pérez Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Sectores importantes da sociedade española, nomeadamente da madrileña (longamente beneficiada en renda e infraestruturas polo chamado efecto-sede) manteñen a respecto da periferia española, das realidades nacionais catalá, galega e vasca, unha relación de polos opostos,  unha dialéctica de amigos contra inimigos, onde é imposíbel cooperar para gañar ti e gañar eu. Percébese nidiamente coa negación ao chamado dereito a decidir dos cataláns e percebímola tamén a respecto de Euskadi. Algúns dirían que esa dialéctica non existe a respecto de Galicia. Mais velaí temos  feitos como a prohibición da construción naval civil até 2015, a desatención das nosas vocacións produtivas fronte ás mediterráneas, castelás e andaluzas dende 1985 ou mesmo a  oposición, tinxida ás veces de falso paternalismo, a consolidarmos Nova Galicia Banco como oferta bancaria de noso ou a defendermos sectores empresariais galegos emerxentes, como o das enerxías renovábeis.

As elites españolas que viven do capitalismo castizo do BOE teñen claro os seus territorios “amigos”: Madrid, Valencia, Murcia e, no que atinxe a manter o equilibrio de rendas e o predominio cultural, Andalucía. O resto, como dí o constitucionalista galego Carlos Pereira Menaut, somos prescindíbeis. Ou, en acertadas verbas de Iñaki Anasagasti “extraños”.

Este martes o Congreso desbotará a proposición de lei orgánica (aprobada por unha amplísima maioría do Parlament catalán) para que a Generalitat poida convocar un referendo o 9 de novembro, co que ficará xuridicamente pechada esta vía e só será posíbel, no ámbito das competencias exclusivas da Generalitat, convocar unha consulta non vinculante.  Mais semella que esta dinámica de enfrontamento entre cadansúas maiorías parlamentarias catalá e española non pode demorarse indefinidamente.

Porque, se unha parte ampla do eleitorado dun país que integra un Estado- á súa vez inserido na Unión Europea- quere decidir a respecto da relación ou integración que quere ter con ese Estado, mantendo a vinculación europea, é moi difícil resolver a cuestión, apelándose  só a Constitución e sen xerar en Cataluña máis insatisfacción e desafección.

Non ha dúbida. Terá que intervir a política, a conciliación, o “win to win”, máis cedo ca tarde.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.