Galicia e a españa Única- Xóan Antón Pérez Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lema

CADERNOS DA VIAXE

O prestixioso constitucionalista galego, profesor Blanco Valdés, ven de se laiar da suposta “desaparición do Estado” en Cataluña e Euskadi e dunha excesiva influencia destes dous países na política xeral do Estado. Contrasta a súa opinión coa do non menos prestixioso constitucionalista galego-docente na mesma USC- profesor Pereira Menaut para quen o Estado alicérzase nunha recentralización que atenta contra a plurinacionalidade española e xera unha ineficiente concentración de recursos económicos e políticos en Madrid condenando á irrelevancia aos territorios alleos ao eixo Madrid-Andalucia-Valencia-Murcia e ás culturas distintas da cultura madrileño-andaluza como cultura de exportación española.

Non entendo moi ben o da presenza ou desaparición do Estado nos territorios. É preciso, para que o Estado estea presente, que programemos nas nosas festas touradas ou outras manifestacións culturais madrileño-andaluzas? Compre, para termos presente ao Estado, recentralizar as políticas de execución para xerar máis ineficiencia? Son precisas máis políticas de Estado prexudiciais para o País, como a desprotección do sector naval, a penalización da nosa enerxía ou a persecución fiscal dos nosos emigrantes retornados?.

O Estado actual sofre dunha chea de disfuncións, nomeadamente xeradas por desenvolver na dimensión errada políticas que haberían ser europeas (defensa, diplomacia, coordinación fiscal e bancaria) ou galegas (réxime local, promoción empresarial, portos, aeroportos e demáis infraestruturas…). E xa non resposta ás necesidades dunha gobernanza moderna e non centralizada. Para alén diso, o Estado está concibido para unha España única e o traxe reventa coas realidades nacionais galega, catalá e vasca. Probábelmente, unha gobernanza en rede, confederal nas cuestións de lingua,cultura, educación, Dereito Civil e réxime local  e que recoñécese o dereito a decidir dentro de determinados requisitos e procedementos, podería resolver a convivencia plurinacional española. Mais ninguén quere falar en Madrid disto.

A cidadanía galega non gaña nada na defensa da España única. A recentralización prioriza outros territorios,outras empresas e outras xentes. Desexemos, pois, que os nosos líderes, principiando polos líderes de opinión, sexan quen a ver esta realidade.

 

 

 

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.