Feijoo pon a man no lume- Xesús Veiga

1f31c-xesusveigaFEIJOO  PON  A  MAN  NO  LUME

Alberto Núñez Feijoo non deixa de sorprendernos.Hai un ano descubrimos publicamente a súa vella amizade con Marcial Dorado a través dunhas fotos publicadas nun xornal de ámbito estatal.Agora constatamos que posúe unha sabedoría xurídica tan notoria que é capaz de colocar a man no lume polos sete concelleiros do PP de Santiago que van ser xulgados o día 19 de Maio por ter cometido un presunto delito de prevaricación.Actuando como presidente da Xunta decidiu enterrar a Montesquieu para proclamar solemnemente a inocencia das persoas encausadas e denunciar a suposta inxustiza que se está cometendo contra elas.

A seguridade exhibida polo máximo dirixente do PPdG na proclamación do apoio aos cargos públicos composteláns, contrasta co silencio gardado a respeito dalgunhas cuestións básicas:por qué non cumpriu o compromiso anunciado previamente de que non permitiría a permanencia nos seus postos daquelas persoas que, ademais de imputadas, tivesen sinalada a data da vista oral do xuízo?E por qué forzou a dimisión, hai meses, de dous deputados do Parlamento galego pola súa imputación xudicial e agora non aplica a mesma vara de medir?Considera serio e solvente un código ético que coloca nas mans do presidente do partido semellante nivel de discrecionalidade na súa aplicación?

Postos a buscar respostas, resultaría pertinente coñecer a identidade dos “brillantes cerebros” que promoveron a iniciativa de traspasar á facenda municipal o custe económico da defensa do concelleiro Adrián Varela, imputado na operación Pokemon.Coa experiencia contrastada que posúe o PP na utilización de “sobres” partidarios para financiar gastos dos seus dirixentes, por qué non utilizaron ese mecanismo con este concelleiro?Debe ser tan elevada a prepotencia ou a sensación de impunidade que non dubidaron en tomar un camiño que calquera especialista en dereito administrativo sabe que só se pode adoptar se concorren unhas circunstancias específicas que non se rexistraban neste caso.

Feijoo, coa súa decisión de admitir a imaxe da maioría do goberno de Santiago sentada no banco dos acusados a seis días da cita electoral do 25 de Maio, traslada unha grave responsabilidade aos eventuais votantes do PP confiando en que emitan unha sentenza absolutoria nas urnas aínda que sexa ao prezo de violentar as conviccións éticas que podan ter.Ao mesmo tempo, o presidente da Xunta asume unha complicidade explícita cos acusados e fica, xa que logo, afectado por unha posíbel sentenza condenatoria por prevaricación.Qué fará nese caso?Asumirá persoalmente responsabilidades políticas pola confianza previamente outorgada?

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.