Carta as cidadás e cidadáns- Antonio Campos Romay

83bab-antoniocamposromayCarta as cidadás e cidadáns: Antonio Campos Romay

Onte, exercendo de avó, unha das poucas cousas importantes que quédanme por facer na derradeira etapa dá miña vida, fun ver a miña neta nun pavillón dun colexio público de Monte Alto, (A Coruña) nun evento de patinaxe. Alí ficabamos avós, país, mestres , nenas e nenos todos  enchidos de ledicia. A rapazada, un mosaico fermoso, mestura de razas e pobos, andaba pola pista sobre os patíns con aire e garbo malia algunha que outra cuada que tentaban disimular erguéndose como lóstregos. Era unha pequecha festa de xentes con mais dun problema nas costas, pero que tiñan o sorriso nos beizos co sinxelo  acto alí montado. Os diversos grupos e idades ían facendo as súas piruetas e os aplausos dos asistentes envolvían agarimosos aos meniños e meniñas que danzaban mostrando súas habilidades.

Eu con outra neniña mais cativa no colo asistía as reviravoltas dos patinadores. Namentres, non deixaba de rumiar coa ollada posta cincuenta anos atrás, o que mudaron os tempos. Polo menos ate fai dous ou tres anos… Unhas boas infraestruturas deportiva, unha escola, -colexio-, ben dotado, amplo, con bo profesorado, con país colaborando na súa xestión…  Mais con fonda tristura non podía deixar de sentir angustia e carraxe pensando nos recortes habidos e por vir que podían deixar aqueles meniños cada día con menos actividades extra-escolares, tendo que pagar mais por elas, con menos profesores coidando da súa formación, encarecéndose o servizo de comedor a niveis inaccesible para moitos  petos ou  facéndose inalcanzábel o custo dos libros…

O mais depreciable dos ministros de Educación de España, incluídos os do réxime fascista, pon especial empeño dende que se ergue ate que se deita, en desbaratar e privatizar un sistema que viña dando froitos cara a socialización do dereito a educación. Cun sistema de becas encamiñado a favorecer a equiparación social dos menos favorecidos, habilitando posibilidades de por en valor o mérito duns estudantes que de non ser polo ensino publico ficarían afastados de calquerira oportunidade.  Outros lacaios de tan sinistro persoeiro esfórzanse en facer desaparecer o noso idioma, con inquisitorial inquiña contra calqueira valor identitario ou cultural da nosa terra. E cabalgando das mans dos sectores mais integristas do nacional-catolicismo exércente deste goberno, pretendese facer das aulas catequeses.

Andaba a matinar en todo isto e mesmo tampouco podía desbotar da cabeza o nauseabundo comportamento dos concelleiros populares de Toledo en orde ao desprezo aos país de nenos con cancro. Ou a actitude do tal Cañete, e o  seu criterio sobre as mulleres. Xunto a tal machismo, a prepotencia, mal gusto e mesmo o odio aos traballadores que fronte a súa dramática situación de paro deberon escoitar dunha deputada do PP, “que se fodan”… A falta de vergoña de González Pons falando de postos de traballos coma se medrasen na paupérrima industria española cal leitugas no campo.

A cantilena machucona de que todo vai ben dábase de fuciños na realidade das xentes que atopabámonos no pavillón, (aínda público), as que as  contas non cadran a partires do dia quince do mes na meirande parte dos casos. Cañete cos ollos postos nunha comisaria, de xeito especial si é de Folclores Varios… Pons nos mais de 10,000 € mensuais que entre  pitos e gaitas vai pillar despois das eleccións… Guindos devecendo medrar nunha poderosa entidade financeira para xa…Mariano, que  nin vai nin ven, fumando un puro na Moncloa a velas vir…O titular de Interior cóbado a cóbado con Gallardón, condecorando virxes, ceibando narcos e perseguindo contas de twiter…non as de Suíza…

Ante tan arrepiante  panorama, eu quero, esixo, invito a loitar por elo, que esas nenas e nenos que onte andaban de troula con inxenua alegría cos seus patíns sobre o cemento do pavillón, – pavillón público, nun colexio público (aínda)-,  teñan futuro e teñan esperanza. Que non se convertan en carne de canon dos especuladores e saqueadores da economía e do futuro. Que tanto ten fiquen aquí, en Bruxelas, Bonn ou en Wall-Street…Que non rematen escravizados con salarios de fame e sen mais dereitos que dicir, si bwana, e dobregar o espiñazo,

Polo calafrío que me da semellante futuro que dende escuros paraxes esfórzanse por debuxar para esas nenas e nenos, atrévome a pregarlle a cidadanía que acuda a votar. Non só nas europeas, senón nas xenerais, nas autonómica, nas locais… En todos os procesos electorais.  O noso voto SI importa. Pero si ese voto vai mudar algo, ha de ser un voto para as formacións políticas de esquerda. So dende a esquerda pódese trocar  unha situación que hoxe e mala, pero mañá  pode ser moito peor. Non parece razoable darlle un só voto a aqueles por cúas obras coñécense xa.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.