A desconstrución da xustiza- Xoán Antón Pérez-Lema

46bc3-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A axenda que está a desenvolver Ruiz-Gallardón dende o Ministerio de Xustiza constitúe a total comprobación de que as decisións do PP teñen unha fonda carga ideolóxica, mesmo moitas veces contraria aos intereses da maioría dos seus militantes e votantes.

No caso da administración de xustiza, a implantación das abusivas taxas ten afastado claramente á cidadanía do exercicio das accións xudiciais. Apelar unha sentenza custa un mínimo de 800 € e recorrer unha multa un mínimo de 350 €. Os beneficiarios da xustiza gratuíta non pagan taxas, mais a aplicación da normativa vixente fai cada vez máis díficil obter este beneficio. Os bancos e as grandes corporacións son as grandes beneficiarias, non só porque haberá máis medios para os seus preitos, senón porque afastar a xustiza do cidadán fai que se demande menos en reclamación da nulidade das cláusulas adoito, comisións bancarias, tarifas enerxéticas e, en xeral, abusos en materia de consumo.

Por outra banda, a proposta de nova regulación do Poder Xudicial tenta calar xuices e maxistrados e mesmo cuestiona a súa independencia. E a concentración de todos os Xulgados e  Tribunais nas capitais provinciais afonda nese pretendido afastamento da xustiza do cidadán, en clara avantaxe para os grandes bufetes de avogados. Porque a este Goberno e a este Ministro moléstanlle os profesionais liberais, o mesmo ca os xuices independentes.

No caso de Galicia, a Xunta ten investido nos últimos 15 anos 50 M€ en sedes xudiciais. Os xulgados das vilas, canda a notaría, o Rexistro da Propiedade ou a oficina comarcal da Xunta, fan parte esencial deses servizos comarcais que vertebran o territorio. Xa que logo, suprimir os partidos xudiciais non só reduce a calidade do servizo público da xustiza, senón que manca as posibilidades de desenvolvemento social e económico das nosas vilas. A provincia no noso País non pinta nada e compre pensar en suprimila na primeira oportunidade que se teña.

Demostra este proceso que a planta e demarcación xudicial, canda as grandes decisións no eido da administración de xustiza, son abondo importantes como para llelas deixar ao coidado dos de Madrid. Galicia habería ter moi axiña competencias xudiciais plenas para amañarmos estas trapalladas.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.