O conto da balanza fiscal- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Segundo a balanza fiscal do Ministerio de Facenda Galicia recebiu, no 2011, 3249 M€ máis dos que achegou. Mais esta conta é abondo cuestionábel, como ten amosado o economista Xosé Díaz (para quen no 2005 Galicia achegaba 3000 M€ máis do que recebía)ou para o BNG, que avalía o saldo do 2011 nuns 1.500 M€ que Galicia achegaría de máis.

Cál é o problema? Que Montoro bota as contas de xeito trampulleiro. Non se contabilizan diferenzas de fluxos financeiros senón unha desacreditada metodoloxía carga/beneficio que imputa nos investimentos que benefician an Galicia, por exemplo, os investimentos nas estacións do AVE de Madrid e no novo aeroporto desa cidade. Ao tempo, impútalle a Madrid a recadación de todos os Impostos especiais (alcol, viño, cervexa, carburantes), mentres que Citroen, Endesa, Gas Natural, Repsol ou Autopistas, que producen e xeran custo ambiental neste País, pagan o Imposto de Sociedades en Madrid ou Barcelona e non computan, xa que logo, nesta conta.

Mais o verdadeiramente incríbel é que o Ministerio considere que as pensións contributivas han computar na balanza fiscal como unha achega do Goberno central, cando as pensións contributivas son dereitos das persoas polos que se cotizou na Galicia, en Euskadi, Madrid, Alemaña, Suiza ou Arxentina. Pensións que, de certo, son as máis baixas do Estado español. Outro caso son as pensións non contributivas, que si constitúen mecanismos de solidariedade territorializábeis e si han ser medidas nas balanzas fiscais.

Velaí que non sexa certo que Galicia viva da solidariedade do resto do Estado. Nin en termos fiscais, nin en termos financeiros, onde a nosa capacidade de aforro foi drenada para financiar o saneamento bancario español, nin en pensións, onde aos emigrantes galegos que perceben dúas pensións se lles fai pagar o que non pagan os que cobran unha soa da mesma contía. Nin en termos enerxéticos, porque Galicia é autosuficiente e a súa achega exportadora non lle permite nin ter a enerxía máis barata (témola máis cara, por mor de imputar na tarifa os tributos autonómicos) nin recebir compensación polos custos ambientais dunha produción hidroeléctrica, térmica ou eólica que non xestionamos.

Así que, sr. Montoro, mire de non nos contar esta caste de contos, porque  sómoslle quén a botar as nosas contas.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.