Allariz- Xesús Veiga

264c2-xesusveigaALLARIZ

Se alguén percorre as estradas inglesas e francesas como forma de acadar unha desexábel desconexión estival terá serios problemas para facer efectivo semellante obxectivo.Porque se mantén os ollos abertos e posúe unha mínima sensibilidade valorativa non poderá deixar de percibir as diferenzas abismais entre a ordenación urbanística dominante neses países e na Galiza actual.Os contrastes resultarán aínda mais agudos se observa a coidada estética dos lugares e das vilas que aparecen nos traxectos viaxeiros mais utilizados.Daquela, o lecer mesturase, case inevitabelmente, coa melancolía sobre o tempo perdido na ordenación territorial do noso Pais.

Os anos transcorridos na vida das corporacións municipais democráticas constitúen un período suficiente para establecer conclusións fundadas a respeito do comportamento destas institucións e dos votantes que configuraron as equipas de goberno.É certo que o franquismo non foi só un réxime político antidemocrático:ergueu, asemade, un sistema de corrupción estrutural e permanente que hipotecou calquera práctica de xestión das administracións locais e da propia relación da sociedade con eses organismos.Pero tamén é verdade que, a partir de 1979, a grande maioría da elite política instalada na vida municipal non foi quen de apostar pola revalorización do patrimonio colectivo que se practicaba nas sociedades europeas veciñas.Nin sequera soubo copiar o que xa se podía ver nas viaxes institucionais ou nas visitas turísticas privadas.

A nosa historia recente ofrece paradoxos dignos de ser destacados.Allariz lembrou, hai poucos días, o conxunto de transformacións operadas dende 1989 e podería presumir de ser, na súa dimensión poboacional, a vila mais parecida ás que se poden atopar na Franza ou en Inglaterra.O que naqueles países representou un proceso relativamente normal, aquí foi –e segue sendo- un exemplo singular, pouco imitado aínda que teña sido unanimemente loubado.E ademais, promovido por xestores públicos pertencentes a unha corrente política acusada de antieuropeísta por quen identificaban abusivamente a lexítima discrepancia coas características do modelo económico e social dominante na UE co suposto cuestionamento de todos os valores asociados ás tradicións políticas e culturais europeas.Os que outorgan credenciais de europeísmo auténtico deberían saber que se, nesta materia, a UE tivese esixido unhas condicións análogas ás fixadas no Tratado de Maastricht para determinadas variábeis macroeconómicas, Galiza, e tamén o Estado español, aínda estarían petando nas portas do club residenciado en  Bruselas.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.