Alcoa ou a economía produtiva- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaA POUSADA NO CAMIÑO 

 

Bankia, a grande entidade sistémicana que o Estado español inxectou case 24.000 millóns de euros, estafou os investidores canda a súa saída a bolsa do 2011. Seica os seus xestores, dirixidos, quer por Rato, quer por Goirizorri, falsearon os seus dados contábeis para reducir os seus pasivos. O Goberno do Estado non reparou en cartos para que Bankia fose reflotada polo sector público e continúe acubillada nel até acadar unha venda a xeito que garanta un núcleo duro de plena españolidade e confianza. Que diferenza de trato coa poxa pública ás carreiras de NCG Banco!

Mais este Goberno Rajoy, sempre preocupado polos intereses das elites financeiras e extractivas españolas, esqueceu os intereses da empresa industrial e, en xeral, da economía produtiva. E implementou unha reforma tarifaria eléctrica que convirte o insumo enerxético nun luxo que desequilibra as contas dos grandes consumidores industriais, fronte a un prezo da enerxía sensíbelmente máis barato no resto da Unión Europea.

Este desleixo pola industria agrávase substancialmente na Galicia. Velaí como unha empresa esencial no noso tecido produtivo como Alcoa, con centros de traballo n’A Coruña e n’A Mariña corre serio risco de pechar o primeiro, o que suporía a supresión de 400 postos de traballo directos e uns 2000 indirectos. Triste paradoxo o de Galicia. Exportamos case a metade da electricidade que producimos e os nosos consumidores domésticos e industriais pagan facturas máis caras, xa non só a respecto da UE, senón o resto do Estado. O sistema tarifario eléctrico español oriéntase decididamente no beneficio do mercado madrileño de grande consumo.

Fronte isto a Galicia do 2014 non ten quen lle valla. Non existe aquela Fenosa galega que promoveu Aluminios de Galicia, precedente de Alcoa. Nin o Banco Pastor nin as Caixas de Aforro.Temos na teoría, si, unha autonomía política e o concello coruñés desfruta de autonomía local. Mais nin o Presidente Feijóo nin o alcalde Negreira teñen a autonomía en cadanseus miolos. Velaí que asistan, caladiños e sen mandar nada, a unha etapa máis do proceso continúo de desindustrialización de Galicia, xa advertido moi recentemente neste xornal por Luis Pousa.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.