O audiovisual galego reinvéntase – Xoán Antón Pérez-Lema

48b52-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

É o terceiro ano no que analiso, o día despois dos “Mestre Mateo”, a situación deste sector estratéxico da nosa economía, malia que a Xunta do PP non acredite nesta cualidade. No 2013 e 2014 falei do “afogo do audiovisual galego” e agora fágoo da reinvención deste sector. Que pasou de novo?.

O audiovisual galego perdeu máis de dous mil empregos durante a Grande Recesión e chegou a níveis do 60% do desemprego. O IVE cultural e a neglixente actitude dun Feijóo ancorado nunha suicida austeridade case liquidan ao sector. Mais a grande capacidade técnica e profesional da industria audiovisual galega seguiu a xerar novos produtos e novas linguaxes. Ben era verdade que con grandes atrancos canto á distribución, malia a grande afección do público galego ás súas producións.

Mais o sector está a adoptar unha potente estratexia de internacionalización que permite mellorar esta distribución e que as nosas historias e produtos audiovisuais sexan coñecidas alén do noso País. E mira cada vez máis cara ao que escolle e paga: o público. Velaí A Esmorga de Ignacio Vidal: 80.000 espectadores na Galicia, das resultas non só de 15 semanas nas salas de proxección das grandes vilas, senón dunha agresiva distribución nos centros socioculturais e outros pontos análogos. O 8 de maio estréase fóra de Galicia, en Barcelona, Madrid, Euskadi e Navarra. E axiña estará no Reino Unido e noutros países da Europa.

A industria audiovisual galega precisa do motor da nosa TVG. Esa TVG que definiu Marga Pazos,  “Mestre Mateo” á mellor comunicadora televisiva, como as canles que“teñen como propietarios aos cidadáns”. Unha TV pública que ten como misións sobranceiras a normalización lingüística e cultural e a dinamización da industria audiovisual do País.

 A ARRINCADEIRA. – “A Esmorga” e “Os Fenómenos”.

Os grandes trunfadores dos premios “Mestre Mateo” foron “A Esmorga”  e “Os Fenómenos” (que acadou os premios á mellor longametraxe, dirección e guión). Dous grandes produtos, mais chocou que “A Esmorga”, récord de público, non gañase o agasallo á mellor longametraxe. Outravolta semella que en determinados  ámbitos profesionais opínase distinto ao público. E, sendo iso normal en Hollywood,  non estou tan certo que sexa bó para  unha industria convalecente como é  a audiovisual galega.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.