Os desposeidos – Iñaki Martínez

losdesposeidos5OS DESPOSEIDOS

Dende os anos cincuenta do século pasado as utopías deixaron de estar de moda na ciencia ficción. Apareceron novelas de ciencia ficción de orientación filosófica, ben alleas as space operas aventureiras que son a parte máis visible da ciencia ficción e o subxénero da ciencia ficción con máis éxito levado ó cinema. Así novelas tan demoledoras coma “1984” de Orwell e “Un mundo felíz” de Huxley, crearon novas imaxes do futuro, coma inquedantes advertenzas.

Estas distopías, descripcións de futuros desagradables, fixeron escola. Nas últimas décadas do século XX e comezos do XXI a cultura popular e particularmente o cinema, enchéronse de futuros distópicos, cómics como “Judge Dredd” ou películas como “Blade Runner”, “Gattaca”, “Freejack” (protagonizada polo galego-descendente Emilio Estévez), “Fortaleza Infernal”, “Rescate en Nova Iorque”, “Minority Report”, “O Quinto Elemento”, a saga de “Alien” ou incluso “Avatar”, describen futuros opresivos, coa vida das persoas completamente sometida a poderosísimas corporacións empresariais e frecuentemente nunha Terra con graves deterioros medioambientais.

Por outra banda as utopías desapareceron da cultura popular. Se supoñe que o público está de volta desas “inxenuidades”, que xa está bastante revirado e que prefire ficcións máis desncantadas. A desaparición das ficcións utópicas e a proliferación de distopías dificulta a capacidade de visualizar a posibilidade de outras formas de organización social, fai ver como inevitable o deterioro da sociedade e máis do entorno e fomenta a desesperanza, nai do abandono das ideas de cambio social.

Unha brilante excepción á desaparición do xénero utópico é a novela “Os desposeidos”, de Úrsula K. Le Guin, chamada “The Dispossessed: an ambiguous utopia” na súa versión orixinal. A novela trata da viaxe dun personaxe, Shevek, ó planeta Urras. Na novela se describen as sociedades de Urras, moi semellante á Terra do século XX, con nacións capitalistas, algun estado socialista autoritario e países tercermundistas, e tamén a sociedade de Anarres, o planeta natal de Shevek. Urras e Anarres forman un sistema binario de planetas (coma os planetas ananos Plutón e Caaronte), de maneira que cada planeta é a lúa do outro, Urras cun medio ambiente variado e rico en auga, Anarres máis seco e con un ecosistema simple. Anarres ten unha sociedade que se podería calificar de comunista libertaria, que recorda a fantasía de John Lennon na canción “Imagine”. En Anarres non hai propiedade privada, nen diñeiro, nen empresas capitalistas, nen vivendas particulares, nen matrimonio, nen relixión organizada institucionalmente, nen estado. A sociedade anarresti se describe con bastante detalle e extensión, se ofrece ó lector una visión ampla e bastante crible dese mundo.

En realidade os anarresti son de orixe urrasti. Son os descendentes de exiliados urrastis pertencentes a un movemento político anti-sistema, ós que se permitiu colonizar a inhóspita lúa Anarres, tras dunha revolta popular, tres séculos atrás.

A sociedade de Anarres non se presenta como unha sociedade perfecta (como se intúe no seu título en inglés), a autora nos vai presentando algúns aspectos problemáticos, non hai estado pero algúns personaxes, con máis impulsos dominantes que o común dos seus cooperativos concidadáns anarrestis, fan sutiles xoguiños de poder na organización que coordina a produción; non hai propiedade privada pero hai algunha persoa con tendencias acaparadoras; non hai imposicións estatais de comportamentos pero si que hai certa censura social, como unha manifestación desa tendencia á “conformidade” da que falaba Erich Fromm nos seus escritos. Os vellos vicios dos primates xerárquicos seguen vivos incluso nunha sociedade que fomenta o instinto altruista e colaborador dos homínidos evolucionados. Shevek é moi consciente deses defectos da sociedade anarresti, polos que se sinte limitado, pero na súa viaxe á abundante, clasista, supostamente aberta pero represiva sociedade de A-Io, a principal potencia de Urras, pode coñecer a fondo a profunda inxustiza desa “sociedade aberta”. Así a sociedade de Anarres é presentada coma unha sociedade imperfecta pero mellor que a sociedade de A-Io ou calquera outra sociedade de Urras. Entendo que a autora dubida que poida haber unha sociedade perfecta pero cree que a sociedade humana si que é mellorable.

Unha brilante, reflexiva e refrescante novela de ciencia ficción que vos recomendo a todos.

A festa de Sant Jordi:

E xa que estamos a falar de libros, lembremos o recente Día do Libro. Esta festa cívica da cultura celebra o feito cultural do libro coincidindo có pasamento de Cervantes e Shakespeare, que morreron no mesmo día… coa axuda de certos truquiños das cronoloxías que nos podería explicar moi ben José María Barja. É por tanto unha festa aberta a todos, independentemente de identidades culturais, étnicas ou relixiosas.

Porén sorprende que unha festa aberta é cívica coma esta pase en denominarse en Cataluña “Dia de Sant Jordi”, pasando a convertirse nunha festa relixiosa organizada e promovida, non por una confesión relixiosa, que serían moi donos de facelo, se non por autoridades civís dun Estado aconfesional e que debería ser neutral respecto ó feito relixioso, nunha sociedade na que conviven cidadáns de diversas crenzas e non crenzas relixiosas. Se cadra se ve coma insignificante que o nome da festa rache coa aconfesionalidade do estado con tal de que soe máis catalana e faga esquecer a relación da celebración con un escritor castelán. Un ramallazo de confesionalismo que sorprende nunha sociedade plural e moderna como é a catalana.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Iñaki Martínez. Guarda el enlace permanente.