Os tempos son chegados – Xoán Antón Pérez-Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Ninguén dixo que o proceso para acadar unha candidatura nacional galega, unitaria e de base cidadá para as vindeiras xerais fose ser doado. Concorren sensibilidades moi plurais e culturas políticas moi diversas afeitas máis a dinámicas de competición asañada ca as proprias da cooperación e asociación. Velái un dos motivos polos que un proceso desta caste ha xuntar a función esencial dos partidos co pulo da cidadanía non organizada, dos movementos sociais e das candidaturas locais de unidade cidadá das pasadas eleccións de maio.

Mais un proceso desta caste precisa tamén do capital acumulado pola experiencia política e social de tantas persoas e dos mellores oficios de mediación, diplomacia e xenerosidade entre os diversos actores para que nao arribe a bó porto. E, malia que se ten avanzado moito a respecto do estado da cuestión en xuño, fica moi pouco tempo e moitos son os perigos, que non só se circunscriben ao bipartidismo dinástico e aos axentes sociais beneficiarios do mesmo. Non, no espazo político ao que se dirixe a futura Maré galega non faltan os que queren impartir cátedra e tentan considerar determinadas forzas e persoas como actores de primeira. E outros que pensan que elixir programas e candidatos en primarias abertas á cidadanía consiste en impór maiorias mecánicas, no canto de buscar propostas que supoñan un común denominador da pluralidade e persoas con probadas cualidades de liderado, capacidade e transversalidade.

Agora ben, non nos trabuquemos. Se o proceso chegou a esta altura é porque a xente coñece o valor mutiplicativo da unidade nas eleccións e porque non son exportábeis a Galicia os esquemas de unidade do resto do estado. A maioría da xente quere unha proposta galega de noso, con plena independencia política e cun grupo parlamentar propio. Como tamén recoñece que esa proposta non pode ser neutral no que ao Estado se refire. En setembro de 2015 e, con todas as súas limitacións, só Podemos, entre as catro grandes forzas estatais, pode coincidir coa Maré galega nas políticas de transparencia e afondamento da democracia, de conformación dunha nova axenda social e económica e de recoñecemento do estado plurinacional que Galicia e a súa cidadanía precisan .

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.