O exemplo do noso derby – Xoán Antón Pérez-Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

Vimos de desfrutar dun derby  exemplar. Ningún incidente, milleiros de seareiros das dúas equipas partillando, réplicas do derby das equipas coruñesa e viguesa de xornalístas, avogados.. Os seareiros galegos estamos no camiño de converter os partidos da mesma rivalidade nacional no que teñen que ser: na festa do noso fútbol.

Semella que a xente nova  e mesmo moitas  que xa sobardamos os corenta comprendemos a rivalidade (que xa lles anticipo que será eterna) en termos deportivos e saudábeis. O Dépor (o Celta para a outra metade de Galicia e o mesmo o Breogán, o COB e máis o Obra) pode ser a miña equipa e o meu referente e clave na miña identidade e socialización, mais isto non nos pode pechar en nós propios, sen advertir que Dépor e Celta, A Coruña e Vigo, son pezas senlleiras deste País europeo chamado Galicia que vivimos, gozamos e, ás veces, sofrimos.

Velaí o acerto no uso do noso hino e bandeira nesta caste de eventos. Os seareiros que cantaron este día  “La Marselleise” no Stade de France deprendéronos que o patriotismo vai íntimamente vencellado á convivencia en liberdade.Os seareiros que cantamos o hino nacional en Riazor expresábamos a convicción de que podemos sentir a Patria sen refugar da nosa identidade deportiva e local, porque Galicia é un espazo de convivencia e un proxecto de futuro común ao norte e ao sur.

Porque o sentimento patriótico non prexudica, senón que lle da sentido e contido á plena asunciòn da común identidade europea, ao recoñecemento e potenciación dos vencellos de amizade e solidariedade que nos unen cos demáis pobos do Estado e  á afirmación das liberdades individuais, dos valores universais da persoa humana e da solidariedade e igualdade. Somos cidadáns do mundo dende a nosa galeguidade.

Bó número de galegos e galegas de orixe latina, magrebí ou doutros pobos europeos celebraron canda nós este derby.  O que quere dicir que non hai mellor expresión da identidade que recoñecermos nun proxecto común de futuro. O patriotismo do futuro é o patriotismo cívico.

 A arrincadeira.-  Os xogadores de ambas as dúas equipas non respectaron a escoita do hino nacional, pois que segueron a quecer polo terreo de xogo. Un erro da organización (que non dos xogadores) que compre amañar no inmediato futuro.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.