O goberno posíbel – Xoán Antón Pérez-Lema

 

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Independentemente da aposta do establishment mediático pola gran coalición PSOE-PP (co ramo de Ciudadanos), semella que arestora a única alternativa a unhas novas eleccións neste mesmo semestre é o chamado Goberno de progreso, seica presidido por Pedro Sánhez e vicepresidido por  Pablo Iglesias.

A clave deste Goberno é a de enxergar a plurinacionalidade política do estado español. Porque a Sánchez non lle abonda co apoio de Podemos e IU. Nin sequera co de En Marea, Compromis ou En Comú Podem. Non, precisa ademáis do voto a prol do PNV e do apoio a xeito de abstención ou ausencia dos independistas cataláns de ERC e Democracia i Llibertat . Velaí o acerto de Pablo Iglesias ao considerar inviábel que Ciudadanos poida apoiar esta alternativa.

Todas estas forzas teñen, por votos, lexitimidade abonda  para formar uinha base parlamentaria de apoio a un novo Goberno. Un Goberno ao que lle estará vedada a reforma constitucional, mais que terá amplas posibilidades de conformar unha axenda potente.

Un tal Goberno, no territorial, podería tentar encaixar, malia que aos poucos e diluidamente, o dereito a decidir nas nacionalidades e, mentres,  revertir a prol dos poderes territoriais a recentralización de Aznar e Rajoy e restaurar a autonomía local dos concellos. Podería tamèn enfrontar un cobizoso programa de reformas legais cara a rexeneración democrática, para acadar unha gobernanza transparente e un sistema electoral máis xusto. 

Canto ás políticas económicas e a axenda social, si é verdade que a Unión Europea restrinxe bastante a mare de manobra dun tal Goberno. Mais tamén é verdade que unha fronte de gobernos progresistas europeos (Grecia, Italia, Francia, Portugal, o Estado español e quizais Irlanda) podería reaxustar as esixencias de déficit de Bruxelas e propiciar un xiro cara políticas máis asimilábeis ás desenvolvidas con bó suceso por Obama. Para máis, as marxes internas (política enerxética, reformas fiscais, etc.)  permitirían deseñar políticas sociais e de reactivación económica mesmo no actual contexto europeo.

Un Goberno de progreso desta caste non faría a revolución, nin falla que fai. Mais quizais fose unha posibilidade para ollar cara á cidadanía e non cara ás elites e ir desatoando os graves problemas colectivos, comezando polo social e polo territorial.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño. Guarda el enlace permanente.