Intelixencia normativa – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

INTELIXENCIA NORMATIVA

Xoán Antón Pérez-Lema

Adoito usar a normativa oficial da lingua galega, recomendada polo criterio de autoridade da nosa Real Academia. Mais sabemos que este criterio é científicamente moi respectábel, malia que non infalíbel e que a adopción da normativa RAG-ILGA pola Xunta de Galicia no 1982 (derrogando a Normativa de mínimos reintegracionistas inspirada por Carballo Calero e que a Xunta preautonómica aprobara no 1980) foi unha opción filolóxica, sociolóxica e política. Que confrontaba con outra opción tamèn indubidábelmente seria e científica.

Quere isto dicir que as persoas que escreben en galego internacional baséanse en sólidos criterios filolóxicos e, xa que logo, non son xente ignorante, nin perigosa, nin disolvente. Para máis, a súa opción aproxima o galego á súa familia lingüística. Velaí a potencialidade da lei Paz Andrade: achegarnos a un ámbito de máis de 300 millóns de persoas dende a nosa lingua. Unha magnífica oportunidade que se nos abre aos galegos. Xa lles gostaría aos cataláns, vascos, flamengos ou corsos ter esa potencialidade.

Entón que facemos, mudamos xa a normativa RAG polo Acordo unitario de Río de Janeiro? Non, non compre facer tal. As linguas precisan dun padrón culto común, mais soportan máis pluralidade que hai trinta anos. O que compre vermos é que os que escrebimos galego oficial e os que escreben galego internacional non somos inimigos, somos utentes dunha lingua minorizada na Galicia. Sumemos, logo, esforzos. Permitamos que os utentes do galego internacional editen nas nosas editoriais, usen o seu padrón nos xornais e revistas, poidan acceder nel aos premios literarios. E non abramos a remuda normativa, polo menos por uns cantos anos.

No 1982 non habia Internet e a xente era moito menos instruída. Mais, no 2016, pensan de verdade que os alunos non poden distinguir entre as dúas normativas e cadansúas potencialidades e feblezas? Imos logo ter que tirar de dicionario cando leamos as magníficas novelas de Teresa Moure como algúns adoitan facer cando len a marabillosa prosa de Méndez Ferrín? Non, ler en galego internacional ou en portugués está xa na mán de calquera e non toleará ninguén.

Integremos e non separemos. Sexamos intelixentes e listos. Sexamos, tamén, patriotas superando o apartheid lingüístico.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.