Gaña Rajoy e afrouxa a nova política – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

GAÑA RAJOY E AFROUXA A NOVA POLÌTICA

Xoán Antón Pérez-Lema

O PP foi claro vencedor do proceso aberto coas eleccións xerais  do pasado 20-D e que rematou coas eleccións de onte. Sobe 4,2 pontos porcentuais (do 28,7 ao 32,9%) e 14 deputados ao 95% escrutado (de 123 a 137), puxando do bloque PP-C’s dos 163 aos 169 escanos, pois que C´s, cunha moi discreta baixada perdeu 8 deputados (de 40 a 32). Os outros 5 perdeunos o PSOE (baixa de 90 a 85), que quitou o peor resultado da historia, malia que o mantemento do segundo posto en votos e escanos fronte Unidos Podemos (máis En Marea e as confluencias catalá e valenciana), que igualou resultados (71 escanos) cos obtidos por estas forzas e IU hai seis meses.

Psicolóxicamente Rajoy é o claro gañador, porque converte C’s nun socio inncesario, quítalle 50 deputados ao PSOE, que ficaron segundos e frea intensamente a Pablo Iglesias, que non rendibiliza a coalición.  Será complexa, porén, a reedición do goberno Rajoy, pois que fóra de C´s  non se albiscan socios probábeis, xa que Sánchez salvou o segundo posto e, con él, os mobles. Mais será imposíbel superar eses 169 votos negativos, tendo en conta que os 17 deputados independentisdtas cataláns (9 ERC e 8 CDC, que repetiron os resultados do 20-D) non votarán a prol de candidato ningún. Ao final é probábel que goberne Rajoy, mais perderá sen dùbida moitas votacións no Congreso. E terá que mudar, quzais substancialmente, as claves da súa axenda política.

O ocorrido no noso País é, quizais máis rechamante. Aquí o PP recupera catro pontos (do 37 ao 41%) e a suma de votos do PP e de Cs sobarda o 50%, fronte ao 46% curto da suma do BNG, En Marea e PSOE. En Marea perde un escano  (de 6 a 5) e a avantaxe a respecto do PSOE, que obtén 6 con moi poucos votos máis. O PP gaña este deputado e o ùnico de Cs e En Marea acusa o castigo nomeadamente nas cidades onde goberna, por exemplo a respecto de Vigo, onde segue a superar o 30% de votos.

Evidentemente as autonómicas non son procesos comparábeis, mais En Marea terá, sen dùbida, que ampliar a súa base social ollando cara ao galeguismo, ao tempo que se dota dun programa de goberno críbel e dunha equipa solvente. BNG, PSde G e o mundo das Marés terán que enfrontar a difícil tarefa dunha alternativa plural e confiábel, se non queren que Feijóo teña opcións reais de revalidar a maioría absoluta.

 

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.