A independencia da Marea – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaA INDEPENDENCIA DA MAREA

Xoán Antón Pérez-Lema

Neste país pasou nestes últimos días algo notábel e non por acaso persoas documentadas do nivel do xornalista de La Vanguardia, Enric Juliana, veñen de salientalo. En Marea definiu unha estratexia aquelada, que xurde da oportunidade do tempo político, mais tamén dunha acertada selección de candidato e da incorporación de centos de persoas vinculadas ao galeguismo e a distintas experiencias municipalistas. Das resultas deste proceso, Podemos aceptou, canda EU, o principio de autoorganización que se viña reclamando dende sectores moi plurais dende hai un ano. Deste xeito, En Marea afortala a súa independencia e alarga o seu espazo político cara o amplo centro-esquerda dende unha visión de País.

Por primeira vez en moito tempo, a tensión Galicia-Estado na construción da alternativa política resolveuse a prol do noso País como centro de decisión. Os principais axentes preferiron construír alternativa nacional a ser peóns de tácticas sucursalistas. E, polo de agora, gañaron.

O tempo político, marcado polo bloqueo político estatal, posibilitou unha construción en clave de país, claramente hexemonizada por axentes de orixe e sensibilidade galeguista, mais que ofrece un espazo para os galegos alleos a esta sensibilidade que, porén, acreditan no seu País como referencia. En realidade, dende as formulacións da nova política aténdese ao obxectivo común do galeguismo cívico dos últimos trinta anos: resolver con pragmatismo e inclusión os binomios  autogoberno-benestar,  identidade-xustiza social e nación-cidadanía.

Cara ás eleccións do 25-S, así e todo, En Marea ten que gañar a confianza dos centos de milleiros de galegos que queren a fin da austeridade, unha xestión transformadora e eficiente, unha sociedade máis xusta e un País dinámico e  operante no estado, na Europa e no mundo. Ten que proxectar un candidato ben armado de valores de civismo e profesionalidade e superar certas minoritarias tendencias a falar moito e facer pouco.

 No curto prazo, Feijóo é o máis prexudicado por esta solución en clave galega. Desmontóuselle o seu discurso das Mareas de Podemos e vai ter que confrontar con relatos de valores,  cifras e feitos. Mais tamén contra PSdeG, BNG e CXG. A maioría social de galegos e galegas non adictos ao PP pode espertar.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.