BERROS NAS TEBRAS!.-Dalia Koira Cornide(*)

Un día tras outro…

…e o seguinte non sempre mellor que o anterior…

…i así ata os trescentos seseta e cinco,  logo do último Nadal.

Outro Nadal, si,  que non é novo nin nada ten de novidade, chama  en cada portal, coas xenerosas sinais  xeradoras de consumismo.

Invádeo todo ca súa profusa luminosidade, como refachos que  o voltan todo do revés.

Fero espellismo que non deixa ver máis aló do que alcanza o escintileo que o produce.

Nas vellas rúas están a soar as paixoliñas.

Xa non chegan tarxetas como outrora.

Agora son mensaxes en serie…

Con un só clic —só un—tarxetas e mensaxes cos mellores desexos e inmellorables propósitos.

A noite tornase fría, xélida… na compaña de tebras  de crebados destinos.

Máis aló do multiculor, dos  bucólicos piñeiros e acivros, ataviados de fluorescente luminosidade, atopamos á xente que percibe o artificioso palpebreo que agocha a penuria, a soidade, o aillamento… á que lle xelaron o corazón e lle mucharon a vida.

Fantasía marchita…!

…para os que foron desposuídos de canto amaron, para os marxinados, os perseguidos, os desafiuzados, os famentos de paz e sedentos de xustiza… polos camiños da vida  pregan  ao mundo… solidariedade!

Mais o mundo —cego e xordo— non ve a soidade en  aflexidos ollos, asolagados en bágoas nos que fenecen as lembranzas,  nos que só se lé  unha desoladora mensaxe de desamparo de vidas aldraxadas.

Quen os escoita?

Ninguén!

Aqueles que teñen o poder para rematar coa lacra da miseria, dormen, co bandullo cheo, en mullida cama. Acordan tratados de paz, mais seguen co lucrativo negocio da guerra.

Enganosa maneira de manter a fantasía!

Ocas mensaxes!

 

Promesas ermas!

Verbas que non precisan de vento para ser efémeras e…

 

Belenes en pesebres de deseño!

Berros nas tebras!

 

(*) Dalia Koira Cornide é Licenciada en Pedagoxía

 

 

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.