FEIJÓO EN “SALVADOS”.-Xesús Veiga*

A recente entrevista de Jordi Evole a Núñez Feijoo suscitou reaccións bastante previsíbeis nos ámbitos político e mediático.Convén, para non enganarse, partir dunha consideración indiscutíbel:a entrevista tivo lugar porque o actual presidente da Xunta quixo pasar por ese test.Sabía que era unha cita incómoda, sen a benevolencia habitual que adoita gozar nos seus encontros xornalísticos, pero necesitaba demostrar -dentro e fóra do PP- que é capaz de sortear con éxito ese tipo de retos.

Ao visitar “Salvados” estaba a certificar que a súa particular campaña sucesoria xa está en marcha.Se a prioridade fose reforzar a súa imaxe na política galega, o intercambio con Evole nin era necesario nin tampouco recomendábel.Asumir erros na loita contra os incendios ou nas súas relacións con persoeiros vinculados ao mundo do contrabando de tabaco -e logo do narcotráfico- é unha peaxe necesaria pensando na súa carreira política estatal pero non ten moito sentido cando non os asumiu nas comparecencias realizadas no Parlamento galego. Alberto Núñez explicitou un misterioso prazo dun ano para presentar con maior enfase formal as súas credenciais para a substitución de Rajoy.Resulta curioso ese horizonte temporal porque ninguén coñece de certo os plans do actual inquilino da Moncloa.Ou estaba falado entre ambos ou o potencial candidato cometeu unha imprudencia que lle pode orixinar custos imprevistos.

Ao longo da entrevista foi inevitábel comentar a situación de Cataluña.Nese apartado, Feijoo fixo unha afirmación sorprendente:o Estado está practicamente desmantelado naquela Comunidade.A Axencia Tributaria, Correos…e pouco máis.Ademais de ignorar aspectos tan relevantes como o pago das pensións ou das prestacións por desemprego, o presidente da Xunta cometeu un erro impropio do cargo que ocupa:confundiu Administración central co Estado.Tanto el como Pujol, Mas ou Urkullu forman parte da arquitectura estatal que se construíu a partir de 1978.Non entendelo así abre a porta á perigosa conclusión de que é necesario un proceso de recentralización de competencias para conseguir que ese Estado así concibido recupere o que supostamente perdeu nas últimas décadas.

Unha última pregunta fica no ar despois de escoitar e ver o que sucedeu en “Salvados”: sería imaxinábel unha entrevista destas características no universo mediático galego?

(*) Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.