Nas últimas semáns, que non serán as derradeiras… están a proliferar unhas verbas que —coidaba— foran soterradas ca morte dun dictador que fixo taboa rasa de todo aquelo que significase respeto, tolerancia e desenvolvemento; estou referíndome a lingua galega —o idioma galego— non o dialecto como foi obriga nomealo dende que aqueles reises chamados ‘os católicos’— e os seus predecesores— sementaron o chan ibérico de traicións e regueiros de sangue por a súa desmedida ambición, nunha absurda cruzada… ignorando que os pobos deben ser donos dos seus propios destinos, e poñendo en vigor a desacertada orde de impor o castelán nuns territorios anomálamente conquistados e unificando un territorio ‘contra naturam’; deste xeito comenzaba a ‘doma e castración’ de Galiza e o quebranto da súa lingua en defensa da lingua do conquistador, mais siguiu o camiño de florecemento no veciño Portugal, i o pobo galego non quixo esquecela, pese a prohibición imposta en todos os estamentos, sendo obrigado o ensino nunha lingua estranxeira o mesmo que o seu emprego na administración e nos tribunais.
Para coñecer a historia do pobo galego teríamos que remontarnos até os asentamentos neolíticos, máis aló de 5 mil anos antes de Cristo. Mais non. Quedaremos na primeira manifestación escrita referida aos celtas rexistrada no primeiro cuarto do século VI a.C. nos textos historiográficos de Hecateo de Mileto; o termo celta é un tanto xenérico para identificar e ubicar os asentamentos dun pobo tan numeroso que percorre o largo e amplo do territorio europeo. Estrabón, no século I a.C., chama ‘kallaikoi’ ao clan asentado na península Ibérica, e con esta denominación só se refire aos celtas galaicos asentados no nordeste, en lugares extratéxicos de dominio marítimo e fluviáis. Plinio el Viejo xa lle chamaba ‘caleci’ ou ‘gallaeci’— século I d.C.—. Segundo certas fontes a romanización lingüística puido acontecer nos séculos III e IV d. C., cando as linguas autoctonas só sobrevivían en lugares pouco accesibéis até que fou fagocitada na súa totalidade por o latín vulgar, a lingua do conquistador, inda que perviviron termos lingüísticos célticos que chegaron até nós ademáis dos que aportaron sucesivos pobos que percorreron o noso chan como xermanos, bretóns…
A lingua non é algo estático; é como unha corrente hidríca que se ramifica. O latín é a ‘mater’ da que xurden as linguas romances. En que momento? Saber o intre exacto do xurdimento dunha lingua é, case, imposíbel; nembargantes, sempre atopamos vestixios, como sucedeo co castelán, isas primeiras verbas anotadas nas marxes dun códice en latín —Glosas Emilianenses—, lingua romance rioxana, precastelán de finais do século X e século XI, no Mosteriro de Suso en San Millán, son a orixe do castelán medieval.
A historia i evolución do galego como idioma, sitúan o seu nacemento no século IX. Difícil é coñecer o momento do comenzo da nosa lírica trobadoresca, tendo en conta que unha tradición lírica non nace nin se esvae da noite para a mañá. Considerouse a primeira cantiga galego-portuguesa a escrita por Sancho I de Portugal —‘Ai eu, coitada non vivo en gran cuidado…’—, século XII. Dise que ‘Cantiga Guarvaia’, de autor descoñecido, é anterior a ista data. Non sería até o século XIII, no nordeste de Galiza, cando irrumpen senlleiras voces líricas profano-medieval galaico-portuguesa, da man de Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas… xograres do século XIII e comenzos do XIV; un caso excepcional no medio da bruma atlántica, unha temática de inquedanzas expresadas en tenras cantigas.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?
[…]
MARTIN CÓDAX
Sedíam’eu na ermida de San Simón
E cercáronmi as ondas, que grandes son:
Eu atendend’o meu amigo,
Eu atendend’o meu amigo!
[…]
Non ei barqueiro, nen remador,
Morrerei fremosa no mar maior:
Eu atendend’o meu amigo!
Eu atendend’o meu amigo!
[…]
MENDIÑO
“Amigo, se mi gran ben queredes,
id’ a San Momed’ e veer m’ edes;
oje non mi mençades, amigo!
[…]
XOHAN DE CANGAS
Coetáneo ao desenvolvemento na costa atlántica dunha literatura en lingua vernácula —o galego—, aparece o primeiro poeta castelán coñecido —Gonzalo de Berceo—, educado no mosteiro de Suso na Rioxa, cando o latín estaba a dar paso as linguas romances, acuñando o
“Quiero fer una prosa en román paladino
en el qual suele el pueblo fablar a su veçino…»,
termo de ‘román paladino’ en referencia a lingua falada, empregada para comunicarse o ‘pueblo llano’. O que nos demostra que as dúas linguas —galego e castelán— parten do latín vulgar e dan orixen a dúas linguas diferentes.
Tras a escrita do latín, o galego —lingua vernácula— íase a converter na lingua culta como foi acreditado por un documento recentemente atopado, o máis antigo escrito en galego, o ‘Foro do burgo de Castro Caldelas’, otorgado por Alfonso IX en 1228 —Allariz – Ourense—. Alfonso X, O Sabio, escribiría en galego medieval —en fermosa lírica—,‘Cantigas a Santa María’. Polo tanto estamos a falar dunha lingua romance ou neolatina, non dunha mestura de Portugués e Castelán, como algúns din, non sei se por descoñecemento o por unha intencionada distorsión da realidade, que non deixa de ferir os sentimentos dos galegos que sentimos o galeguismo como unha forma de vida e non como una maneira de confrontación.
Desacertado parece pronunciarse, en sentido tan pexorativo dun idioma dándolle o apelativo de ‘dialecto das vacas’, coa salvedade que as vacas están a seguir na linguaxe universal —prediluviana— ó non ser afectadas por o castigo divino, xa que elas non tiveron parte no levantamento da torre que chegaría ao ceo, por si Deus, nunha desas súas arroutadas, voltaba a asolagar a terra… Terra que sempre estivo, está… i estará —se alguén non o remedia— asolagada, dun ou doutro xeito —non por castigo divino —, senón por cruentas hambrunas, intolerancia, guerras interminabéis, persecución por ideas e creenzas, exterminios, éxodos masivos… un sementado inútil de cadávares que durante séculos foi —i está sendo— fertilizante gratuito en máis de medio mundo e alimento disputado en mares de fuxida… a procura de paraísos prometidos, todo elo causado por gobernos —totalitarios dun e doutro signo—, ambiciosos que antepuxeron —i antepoñen— o seu interese persoal ao ben común.
Voltando ó seculo XV, cando o portugués e o galego perden a súa unidade. O portugués, como lingua oficial, é protexida; nembargantes, o galego fronte o castelán, pasa a unha posición periférica e de orfandade. Dase un estancamento da creación literaria comenzando un largo espazo de escuridade, os ‘Séculos Escuros’, período caracerizado por a marxinación social e a ausencia total na escrita dunha literatura culta motivado por un conflicto político entre ‘Juana, la Beltraneja’ e a ‘victoriosa Isabel, la Católica’. O dominio político impuxo o castelán e o sometemento da nobreza galega e unha poboación de máis do 75% vivindo —sobrevivindo— na pobreza absoluta nunha situación socioecónimica rentista (os foros), en tanto a fidalguía, nobreza e alto clero estaban exentos de impostos —os trabucos.
Os referentes a unha imaxen de pobo mísero e atrasado…asentado nunhas terras feas e inhóspitas, atopámolos —en abundancia— na literatura do Renacemento e do Barroco español. Coa doma e adoutrinamento por parte de Castela, no territorio galego prodúcese unha situación diglósica; o castelán era ignorado pola totalidade do pobo, só coñecido, falado e imposto por a clase dominante e gubernamental, mentras o galego mantívose na fala por os estratos máis desfavorecidos da sociedade, prohibido na escrita, aillado, marxinado e minusvalorado.
Coa chegada da ‘maison’ borbónica a situación non mellora. Nace o ‘Estado-Nación’ e a vitoria do absolutismo. Pírrico triunfo! Recesión económica, permanencia dos foros, pestes, fames, emigración… e o retroceso da nosa lingua —se aínda lle quedase espazo para elo— coa homoxeneización da cultura e da lingua, a imposición do castelán a través do tecido administrativo, militar, xudizal… tendo un especial arraigo entre os fidalgos, nas crases altas urbanas e nas vilas.
Nembargantes, século XVIII, — século das Luces, da Ilustración, do racionalismo— ‘Fray Benito Gerónimo Feijóo, escribe en castelán ‘Teatro crítico universal’, onde defende a igualdade entre homes e mulleres, denuncia o expolio que supuxo a conquista de América, repudia a turtura… e demostra que: O galego procede do latín, que non é un dialecto do castelán.
‘Fray Mariño Sarmiento’, particular pai da Filoloxía galega, fai unha reflexión do proceso da Historia que conduciu á imposición do castelán en Galiza e a marxinación da súa lingua. Iste contexto comprende dende o século XV até mediado o século XIX, onde a literatura galega foi oral, popular e anónima, conservada na memoria dun pobo colonizado, maltratado e asoballado por unha metrópoli allea e insensíbel a ideosincrasia dos pobos. Só unhas pequenas porcións foron recompiladas por Sarmiento e Sobreira. Xa no século XIX, por Murguía e Valladares i aparece un resurxir derivado das ideas surxidas do Romantecismo e da Revolución Francesa, o xermen e o afianzamento do sentimento nacional. Nista defensa, Galiza e Occitania, só reivindicaban a súa cultura a súa lingua. Como curiosidade, as primeiras gramáticas anteriores a Nebrija eran occitanas (lenga d’òc).
Despóis de catro largos séculos de escuridade, ve a luz, en 1863 Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, obra poética escrita enteiramente en galego, data que marca un rexurdir dunha lírica a partir da tradición oral. O Rexurdimento —rexurdir, formado sobre xurdir que procede do termo latino ‘surgere’.
Mais, non foi un leito de rosas para a nova singladura do galego. No século XX, despois dunha cruenta Guerra Civil que implatou unha déspota e opresora dictadura que debía manter unida a unha sociedade sin opinións diverxentes, entre otras moitas medidas impostas, tamén estaba a de rematar cas linguas minoritarias, enfatizando o emprego exclusivo do castelán, considerando que isas linguas minoritarias levaban implícito ser antipatriota i antiespañolista que, nun contexto fascista, equivalía a traizón.
A percepción negativa do galego ten unha larga historia que arranca no século XV e chega o século XX. Escritores galegos na lingua de Castela fixeronlle un fraco favor. É o caso da dona Pardo Bazán co emprego de termos en galego para caracterizar a pobreza, que é máis ben miseria, en bens materiáis e culturáis, facendo unha moi negativa valoración do galego e dos seus falantes.
Unha visión despectiva e de desprestixio que non favoreceu o sentirse identificado coa orixe e a peculiaridade que caracteriza cada lugar, foi a medida fomentada por políticas centralistas —1939-1975—, con tendencia inequívoca de desprezo o galego por ser galego e a súa lingua.
Algo inquietante asoma, dende certos sectores, unha prédica que non pode deixarnos indiferentes co a súa irrupción de insulto e menosprecio en manifestacións desacertadas con calificativos intolerabeis, nunha sociedade democrática, con apelativos como o de ‘dialecto das vacas’.
* Dalia Coira Cornide es licenciada en Pedagogía