DIGNIFICARMOS AS PENAS.-Xoán Antón Pérez-Lema*

 A democracia liberal é un réxime de Dereito garantista que prefire, no mal paso de ter que escoller, a impunidade dos culpábeis ao castigo dos inocentes.  A democracia liberal entendida ao xeito dos sistemas xurídicos da Europa refuga da pena de morte e da prisión perpetua . E considera que a pena, nomeadamente a da máis extrema restrición de liberdades-a prisión- ha cumprir, canda evidentes finalidades preventivas (tanto a respecto do penado canto a respecto da sociedade en xeral)  unhas fins basicamente reinsertadoras e resocializadoras.

Seguir leyendo

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN

CARLOS GURMÉNDEZ E CÁNDIDO FERNÁNDEZ MAZAS.-Germán Castro*

Da relación que o xornalista e filósofo Carlos Gurméndez (Uruguay, 1916-Madrid, 1997) tivo cunha parte importante dos intelectuais galegos da época (preferentemente cos irmáns Dieste) Cándido Fernández Mazas (Ourense, 1902-Ourense, 1942), pintor, escritor e ilustrador, é cualificado polo pensador como un amigo especial. De feito dedicoulle un ensaio  publicado por Ediciós do Castro en 1981, primeira edición. A segunda edición, no 1997.

“Con él -escribe Carlos Gurméndez-  podía conversar libremente de cuanto me preocupaba”. Lembra que Mazas faláballe da turbiedade sentimental que domina aos seres, aínda os máis intelixentes e alertábao contra o imperio das emocións escuras “que nos clausuran e impiden la comunicación lúcida”, salientaba o pintor e escritor ourensán.

Seguir leyendo

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN

O CADUCADO GOBERNO XUDICIAL SEGUE MANDANDO.-Xoán Antón Pérez-Lema*

Verdadeiramente o nomeamento de Dolores Delgado como fiscal xeral do Estado élles ben antiestético. Tamén é certo que o Presidente do Goberno do Estado activou deste xeito unha contraofensiva para confrontar o warfare (a guerra xudicial) que quere desenvolver o tripartito das dereitas españolistas.

ZP non soubo ou non puido trasladar a maioría progresista no Congreso estatal  entre 2004 e 2011 ao Tribunal Constitucional. E isto explicou a sentenza de xuño de 2010 que decretou a inconstitucionalidade dos principais avances do nou Estatut, anulando a lexítima decisión da cidadanía catalá no referéndum estatutario de 2006. Unha decisión que o constitucionalista Pérez Royo coida que determinou a ruptura da legalidade constitucional na Catalunya.

Seguir leyendo

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN

GARANTIRMOS O DEREITO Á MORTE DIGNA.-Xoán Antón Pérez-Lema*

Chus Vázquez Conde é un profesional galego do asesoramento de empresas que compatibilizou unha intensa actividade profesional e corporativa co activismo social e co compromiso político. Dende hai dous anos foi diagnosticado de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), cun prognóstico de sobrevivencia menor a cinco anos. Chus reclama unha inmediata reforma lexislativa que despenalice a eutanasia e garanta a posibilidade, para él e para todas as persoas afectadas, de decidir libremente, canda a súa familia e amigos, se quere ou non pór fin á súa vida.

Seguir leyendo

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN

AÑO NUEVO CHINO EN 2020.-José María Barja Pérez*

Este gráfico, sobre los meses de enero y febrero del calendario gregoriano del año 2020, incluye el nombre del día en el calendario chino, el más usado por la humanidad. Más de la cuarta parte de la población mundial celebra su principal fiesta, el Año Nuevo Chino [en China más conocido como la Fiesta de la Primavera, 春节 chūnjíe], primer día del primer mes lunar (正月, zhēngyuè, “mes correcto”), que en el año 2020 es el 25/enero (es un año de 384 días, mientras que el anterior duró 354 días). Es una fecha que muy pocas personas saben como se calcula y que cae entre el 21 de enero y el 21 de febrero (al menos en el intervalo 1645-2644). Seguir leyendo

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN

LA HISTORIA MÁS… TRISTE.-María Purificación Nogueira Domínguez

Cuenta una leyenda, que nunca nadie escribió, la historia de un ser diminuto, insignificante, imperceptible, que apareció en la infinita belleza, la excelencia… del Universo.

Aquel ser diminuto permanecía sumido en un largo y profundo sueño desde la noche de los tiempos, acurrucado en la oscuridad de una cueva fría, enmohecida, sin más vida que la de su carne. Una mala noche, Algo Muy Grande lo descubrió y se apiadó de su lastimera situación. Le despertó y lo quitó de la cueva… de las sombras tenebrosas de su inercia existencial.

Seguir leyendo

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN