O NOSO DÍA NACIONAL.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 Acredito que todas as persoas somos cidadás do mundo. Mais, como xa escrebín hai anos nestas páxinas, o patriotismo non bate co universalismo, Para sermos persoas precisamos raíces e para pensarmos globalmente precisamos actuar localmente. Somos europeos e cidadáns e cidadás do mundo por sermos galegos.

      Dixen cidadanía. A Patria, ou Matria é un proxecto cívico, unha vontade colectiva e dinámica non pechada nas esencias. Mais  definirmos dende  a vontade de sermos Nación no canto de facelo  dacordo cunhas supostas esencias definidas hai cen anos non quita para que avaliemos en todo o seu significado o que fixeron polo País os nosos devanceiros, ao lle dotar a unha Terra derrotada e sometida en tantas ocasións (incorporación do Reino de Galicia ao de Castela no 1230, derrotas do partido galego a prol da independencia e da unidade con Portugal nos 1369 e 1374, doma e castración do Reino de Galicia pola raíña Isabel a Católica entre 1479 e 1486, división do Reino  en catro provincias  en 1833, sanguiñenta represión da revolución nacional de 1846…) de nidios sinais de identidade. Velaí o Himno Nacional Galego de Veiga e Pondal (1907), o primeiro recoñecemento oficial da bandeira galega (A Coruña, 25 xullo 1921) ou a consideración polas Irmandades da Fala do 25 de xullo como Día de Galicia, como Día da Patria (1920).

      Como ven de escrebir  M. Veiga Taboada cómpre distinguirmos moi nidiamente o Santiago adoptado como Día da Patria do Santiago obxecto de homenaxe polo Estado español na Ofrenda do 25 de xullo. O primeiro é ese Santiago Peregrino protagonista da construción do Reino de Galicia como Estado europeo entre os séculos IX e XIII, a fin dos camiños xacobeos no cabo da Europa. Un referente dunha Galicia de seu no contexto dunha universitas christiana europea, fronte á realidade dunha España nomeadamente musulmá até o século XIII. Mentres que o Santiago da Ofrenda é o Matamouros que a Coroa de Castela quixo promover, con pouco suceso, como referente das Españas fronte a xudeus, mouriscos, mozárabes e conversos. E moi axiña contra cataláns e portugueses.

     O Santiago do Pórtico da Gloria é o Santiago  que conecta coa realidade de Galicia como nación europea, que conecta mesmo coa actual realidade leiga e pluricultural  da Europa, mentres o Santiago Matamouros da Ofrenda semella cada vez máis fóra de tempo.

      Velaí que o Goberno do Estado habería ter a sensibilidade de  non nos impor no ceo compostelán bandeiras moi queridas-si- para unha parte dos galegos, mais que non integran, como si integra a nosa, ao conxunto da cidadanía.  Ademáis, hai días abondo para reivindicalas fóra do noso Día da Patria.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en O NOSO DÍA NACIONAL.-Xoan Antón Pérez-Lema*

CUBA, O LA HISTERIA CONSERVADORA.-Antonio Campos Romay*

Lecciones de democracia en un mundo indecente e hipócrita, que usa y abusa con indignidad del término prostituyéndolo a su conveniencia, como mínimo es arriesgado. De democracia y libertad hablan Ayuso, Orban, Erdogam, Putín… En ocasiones puede llegar a ser cruelmente irónico. Resulta sardónico ver como docentes en la materia a los Caballeros del Norte. Esos que están tan cerca de la Isla y tan lejos del cielo.

USA, una aparatosa democracia, madre de todas las dictaduras que del mundo han sido, Centro América, América del Sur,  Oriente Próximo, Sudeste asiático,  sin que quepa olvidar su apoyo encubierto al bando fascista en la guerra civil española y la animadversión poco disimulada de su administración a sus conciudadanos combatientes en defensa de la República Española encuadrados en la Brigada Abraham Lincoln.

 “Consejos vendo que para mí no tengo”… Da lecciones de democracia un país donde se vulneran de forma constante  los derechos humanos de una parte de la población por tener la piel oscura, o proceder de países menos desarrollados. Donde la policía, con elevados niveles de corrupción, reprime, oprime o incluso asesina con preocupante impunidad. Donde la pandemia dejó un reguero triste de muerte por ser la sanidad un negocio despiadado y donde el sistema de salud está solo al alcance de pocos. Donde es un clásico que las elecciones presidenciales se vean trufadas  de aroma a chanchullo y pucherazo. Donde un presidente con una deriva fascista, para no ceder el poder inspira un asalto a un Capitolio, que necesita estar rodeado de fuerzas militares para realizar sus deliberaciones

Una democracia, cuya calidad no alcanza los criterios establecidos por organismos internacionales para estar clasificada entre las 20 democracias plenas del planeta, donde por cierto figura España. Sin duda Cuba también está muy lejos de esos parámetros. Pero no tanto como otros países tenidos en alta estima por la hipocresía internacional en orden a sus intereses estratégicos o económicos, caso de Arabia Saudí, China o Marruecos.   

El drama de Cuba es haber puesto en evidencia desde su pequeñez el dilema entre la mediocridad de la sanguijuela ramplona y la grandeza de la solidaridad. Ese es su pecado mortal y una de las razones de la feroz inquina que despierta en el pensamiento  ultramontano. Haber desnudado la miseria de los presuntos  “valores democráticos” que porta el matón y la podrida peana en que los sustenta.

Una bilateralidad desigual ceñida a la ley del embudo que drena los recursos hacia el imperio y miseria a la periferia. Donde la actividad financiera se traduce en extorsión, el capitalismo en sangría y el monopolio tecnológico y de investigación es arma de destrucción masiva de la soberanía ajena. Que ofrece un mundo diferente que comienza y termina en una triste caricatura de su modo de vida, una despiadada sociedad de consumo en un sistema cada día más deshumanizado y agotado. Que confunde groseramente la libertad expresión con la libertad de presión de los grupos de poder para imponer su discurso. 

 El desaparecido Comandante, pese a todos sus detractores,  dejó un trazo indeleble en  la historia de América Latina, haciéndose notar con su verbo florido, aunque al abundar en él,  deslizara más de un yerro. Pero no es menoscabo a que fraguase en lo que era apenas, colonia, burdel y casino, una tierra con orgullo de serlo y no sometida al ronzal de la Casa Blanca.

Supero con empeño al igual que a los huracanes y tornados que cíclicamente golpean la Isla, una docena de presidentes del nunca amigo del Norte, y el dogal de un bloqueo, al que muchos comentaristas quitan trascendencia… Y si ello es tal, ¿Por qué sigue subsistiendo 60 años después? ¿Será quizás porque era el mecanismo apropiado para ahogar el desarrollo y una democratización cubana nacida con parámetros propios?…Aparenta que esto es algo en lo que no hay el menor interés. Podría concluirse que lo que es más  intolerable de Cuba, no es su comunismo caribeño. Sino que muestre con el ejemplo que sanidad, educación, políticas sociales, equidad, no son un negocio sino un derecho ciudadano…Y semejante impertinencia, a 90 millas de “casa”….

La vida en Cuba, -seria infantil decirlo-, no es un paraíso. Algo que por lo demás parece bastante complejo encontrar lo largo y ancho del planeta.  Pero  a pesar de todos los pesares no es un infierno. En medio de su borrascosa supervivencia y acoso, más si cabe al quedarse sin el apoyo de los países del Este, aún con las arbitrariedades internas y la coacción externa, ha sido y es una referencia en Latinoamérica como país con menor grado de injusticia social. Lo que no es óbice al derecho a expresar su malestar e incomodidad por aquella parte de la ciudadanía que así lo estime.   

Cuba no se acomoda a la definición de democracia que sugiere la ONU. No. Pero es tendencioso y falaz homologarla con la satrapía feroz y corrupta marroquí, (esa monarquía entrañable para el Sr. Casado), o con el criminal integrismo de Arabia Saudí, amigo del alma de USA que hasta antes de ayer mantenía en el Consejo de Derechos Humanos en la ONU.

*Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia. 

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en CUBA, O LA HISTERIA CONSERVADORA.-Antonio Campos Romay*

O LABOR DA OPOSICION GALEGA.-Xesús Veiga*

Un ano despois da vitoria de Núñez Feijóo nas eleccións ao Parlamento galego, resulta pertinente completar a mirada analítica cunha avaliación do labor desenvolvido polas forzas da oposición nos últimos 12 meses. Convén, en todo caso, sinalar unha consideración previa certamente relevante: a  persistencia da pandemia da COVID outórgalle ao período analizado unha singularidade que non encaixa nos precedentes utilizados para realizar este tipo de balances. Nunca se vivira unha situación desta natureza e, talvez, non se coñecerá algo semellante no futuro.

Nese contexto tan complicado, BNG e PSdG foron quen de aplicar unha lóxica construtiva no desempeño das súas tarefas críticas co goberno. Se fixeramos unha comparativa co papel xogado polo PP e por Vox no Congreso dos Deputados o resultado confirmaría a diferenza substancial entre uns e outros. Mentres no ámbito estatal, Casado, Abascal e Arrimadas utilizaron sistematicamente as dificultades asociadas á loita contra o virus para desgastar ao goberno e tratar de derrubalo, Ana Pontón e Gonzalo Caballero exhibiron un talante crítico pero colaborativo, formulando propostas que podían suscitar acordos importantes para combater os impactos sanitarios e sociais da pandemia.

Feijóo non estivo á altura desa man tendida e desaproveitou a ocasión para establecer un pacto  histórico pola reconstrución económica e social do Pais. Instalado na vella liña de aplicar reiteradamente a súa hexemonía parlamentaria optou por unha retórica descualificadora dos dirixentes da oposición que pivotou sobre aspectos esóxenos á propia dinámica política galega: as alianzas do BNG con organizacións nacionalistas de Euskadi e Cataluña e a complicidade do PSdG co goberno presidido por Pedro Sánchez.

A historia dos últimos 30 anos permite concluír que o cambio na gobernanza das institucións galegas é posíbel cando concorren dúas circunstancias: o debilitamento da influenza electoral do PPdG (por diversos factores: desgaste entre unha parte do seu electorado, caducidade dos liderados existentes, disensos internos…) e a maximización das fortalezas dos partidos da oposición. Agora mesmo, a posición de Alberto Núñez ofrece unha consistencia no “mercado” político que non permite visualizar treboadas significativas no mandato que remata en 2024. Na outra parte do escenario, a situación é diferente. O PSdG atravesa unha crise, non totalmente explicitada, que afecta á continuidade do seu actual líder. A cita congresual prevista para outono delimitará os termos do eventual debate programático e pechará a incógnita sobre o cartel que presentará nas vindeiras eleccións á Cámara do Hórreo.

No caso do BNG as incertidumes non están focalizadas, certamente, no territorio do seu liderado. A figura de Ana Pontón resulta indiscutíbel no interior da organización e posúe unha fortaleza notábel no seo do electorado nacionalista. O que fica pendente de coñecer con mais precisión é a folla de ruta da organización para os vindeiros anos. Pretende artellar un achegamento a sectores sociais que hoxe apoian ao partido de Feijóo? Non sería a primeira vez que o Bloque ten semellante pretensión. Na lexislatura 1997-2001, a dirección nacionalista -encabezada por Beiras- contemplou esa hipótese e durante o goberno bipartito (2005-2009) existiu unha deliberada política destinada a penetrar nunha parte do electorado do PP. En ambos casos, os resultados foron practicamente inexistentes a pesar de que o BNG daquelas épocas tiña unha pluralidade interna que podía facilitar a consecución dese obxectivo.

O remate da fase mais aguda da crise sanitaria, abrirá un novo capítulo na lexislatura que comezou en Xullo do ano pasado. Haberá que ver se a post-pandemia provoca cambios na percepción pública sobre os vellos e novos problemas que padecemos. A oposición galega terá unha nova oportunidade para demostrar a súa capacidade para sintonizar cos desexos de cambio que se manifesten no seo do corpo social.

* Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en O LABOR DA OPOSICION GALEGA.-Xesús Veiga*

A DERROTA XUDICIAL DE ENCE.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 ENCE vive xa o tempo de desconto. A chamada “Audiencia Nacional” (AN) estimou o recurso do Concello pontevedrés e de Greenpeace (o da Asociación pola Defensa da Ría vaise resolver axiña) e anulou a prórroga até 2073 que lle outorgara en xaneiro de 2016 o Goberno Rajoy  cando estaba en funcións. Das resultas desta sentenza ENCE ocupa terreos de dominio público sen concesión válida dende 2018 e ten que marchar da ría de Pontevedra.

          A sentenza aínda non é definitiva e pode ser recorrida en casación perante o Tribunal Supremo (TS). Mais éste só admitirá para estudo o recurso se existen razóns ben alicerzadas para requirir unha sentenza que unifique a aplicación do Dereito Administrativo estatal, neste caso o artigo 32.1 da Lei de Costas, que dispón que só se pode permitir ocupar terreos de dominio público marítimo-terrestre para aquelas instalacións ou actividades que, pola súa natureza, non poidan ter outra ubicación.

            Velaí que a interpretación das actividades e instalacións  inviábeis fóra do dominio público marítimo-terrestre pertenza á AN, neste caso, sendo o concepto a aplicar claramente restritivo, á vista tanto dos seus termos literais, como da xurisprudencia interpretativa do propio TS. Calquera recurso que presente ENCE sobardaría  a estreita marxe do recurso de casación, que non pode corrixir as conclusións da AN sobre a proba practicada e os feitos probados.

             E a AN avaliou a proba practicada dun xeito ben concluínte, ao constatar que as fábricas de pasta de papel Kraft precisan grandes cantidades de auga doce e capacidade de evacuación a masas importantes de auga, o que desenvolven sen problemas fóra do dominio público marítimo-terrestre varias factorías en Euskadi, Aragón e en Navia-Asrtuies (ésta da propiedade da propia ENCE). 

             Non se albisca, pois, unha solución acaída no marco do Estado de Dereito para que ENCE siga producir na Ría de Pontevedra. Deste xeito, a lei e máis a vontade cidadá (dende 1999 Pontevedra vota amplas maiorías contra da permanencia en Lourizán da pasteira, como escrebíamos nestas mesmas páxinas en marzo deste ano) esixen que a empresa e máis as Administracións Públicas atinxidas comecen deseñar a desmontaxe de ENCE na súa actual ubicación.

           Cómpre lembrar, tamén, que ENCE fica obrigada a repor os terreos ao seu estado natural e que pode reclamar da Administración do Estado a indemnización polos investimentos que fixo dende xaneiro de 2016, ao abeiro da prórroga da concesión outorgada polo goberno Rajoy cando estaba en funcións.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A DERROTA XUDICIAL DE ENCE.-Xoan Antón Pérez-Lema*

DE RENOVACIÓN Y DE OTROS CONCEPTOS POLÍTICOS….José Luis Ortiz*

La relación ciudadano- Gobierno está repleta de paradojas singulares como poder acusar a la política de no innovar y exigir que se haga de tal forma que no se pueda dar la renovación.

Es lastimoso que la política sea cansina y repetitiva, que más allá de solucionar problemas temamos de cualquier acción que consideremos arriesgada.

La realidad que el ciudadano sea el que controle a los que nos representan es primero necesaria y segundo legítima por derecho propio.

La política es un arte falto de creatividad y en donde la seguridad raya en ocasiones el absolutismo y lejos de empoderar al ciudadano lo que se consigue es dar más poder a la burocracia y a esos guardianes que se dicen nuestros representantes.

La transparencia es exigible para la nueva política, pero en ocasiones, demasiada se esconde tras la cortina de la espectacularización y entonces tienden a sobreproteger acciones y discursos.

En ocasiones confundimos transparencia con indiscreción y desproteger a partes vulnerables, como es el caso de Tony Canto, desvelando el colegio de una Ministra como es el caso de Pilar Alegría al que coloca en una delicada situación. ¿No todo vale señor Canto, ni siquiera en la política?

Cuando se habla de regeneración, en ocasiones lo confundimos con renovación y si bien esta renovación de Gobierno ha tenido algunos aciertos, también algunos desatinos.

La retirada de Dº Ivan Redondo, mercenario ideológico, que se vende al mejor postor ha sido una decisión más que acertada del Señor Presidente de España; pues gran parte de sus males actuales corresponden a parte de sus ideas, eludiendo responsabilidades, aunque no sueldos millonarios.

De desatinos también tenemos algunos, así como la retirada de José Luis Ábalos y Carmen Calvo, dos de los mejores ministros del gabinete de gobierno.  Quien sabe quizás no lo sea   tanto, pero eso será el tiempo el que dirá o desmentirá.

 Torpezas algunas más, por supuesto, ¿Cómo no regenerar algunos de esos cargos que son nefastos como el de Irene Montero o el de Garzón?

Arreglos a medias, no son arreglos, sólo parches que no solucionan y que si bien hace que todo pueda seguir funcionando lo haga a medio rendimiento.

En los momentos que estamos viviendo se precisa que la maquinaria funcione a plena potencia y rendimiento para poder salir de esta gravísima crisis

Quizás deberíamos volvernos a formular la pregunta ¿para qué están los políticos y para que los necesitamos?

No olvidemos que la Administración es ese lugar en donde apenas existe riesgo, si demasiada rigidez, por el excesivo número de protocolos y rutinas y es en la política en donde se plantean los verdaderos conflictos, pues las decisiones, normalmente asumidas, no están marcadas por la objetividad y es donde se encuentran a los que nosotros elegimos.

Administración y gobiernos es donde se encuentra la verdadera fricción. En ocasiones la Administración quiere corregir la frivolidad de determinadas providencias, aunque muchas veces no lo logre.

En otras ocasiones son los gobiernos los que se aprovechan de su rigidez para evitar avanzar, especialmente en temas sociales que siendo los más necesarios suelen ser los más ignorados, lo que no significa que no sean manipulados, especialmente en la época electoral.

La pregunta que antes he planteado quizás la tenga que reformular y ¿No sería precisa , ahora más que nunca, una despolitización que beneficiase al ciudadano?

*José Luis Ortiz es funcionario

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DE RENOVACIÓN Y DE OTROS CONCEPTOS POLÍTICOS….José Luis Ortiz*

SOLUCIONARMOS AS INTERINIDADES DELONGADAS.-Xoan Antón Pérez-Lema*

A expansión obxectiva dos servizos públicos autonómicos e locais (esixencia do Estado do Benestar), canda a normativa estatal que restrinxiu ferreñamente dende a Grande Depresión de 2008 a capacidade das autonomías e concellos para quitar ofertas públicas de emprego xerou o fenómeno das interinidades delongadas. Persoas que de primeiras entran no emprego público (normalmente a medio dunha listaxe consonte criterios  de mérito e capacidade) para cubrir unha vacante e continúan logo de varios anos prestando os seus servizos, fornecendo unha necesidade estrutural da Administración Pública na que serven e sen oportunidade para consolidar o seu emprego por mor da falla de convocatoria das precisas probas para esa fin.

   O Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou ilegais estas interinidades delongadas e obriga estabilizar o emprego público e máis a  adoptar  solucións concretas,   declarando a fixeza do posto ou, de non se considerar viábel xurídicamente,  recoñendo unha dupla indemnización a prol da persoa interina, tanto pola súa delongada permanencia nesta cualidade como pola eventual  perda do seu posto de traballo cando se cubra a vacante.

 Na Galicia sofren esta caste de interinidades moitas persoas nas Administracións autonómica e locais, nomeadamente no SERGAS,  nas  Consellarías de Educación e Política Social e en varias compañías e axencias públicas, como  o  Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar. Este Consorcio contratou pouco máis de 300 persoas con carácter temporal  a medio de probas selectivas no 2007, tendo en conta o carácter experimental desta fórmula de cooperación interadministrativa entre a Xunta e os concellos para dotar de medios persoais o cobizoso plan de atención ás crianzas de o a 3 anos e persoas maiores e necesitadas de inclusión do vicepresidente Anxo Quintana (BNG). A fins do 2008 convocouse a oferta pública de emprego que habería cubrir de xeito estábel estes postos, mais foi revogada cando chegou o PP á Xunta no 2009 e até de agora non volveu ser convocada, remanecendo mentres estes centos de persoas na súa delongada interinidade.

 O Goberno do Estado  non quere  recoñecer a declaración como  fixos daquelas persoas que non superen os procesos selectivos de estabilización previstos na reforma legal que promove, pretextando unha suposta inconstitucionalidade que non é tal. Porque xa no 1988 a lei galega da Función Pública do conselleiro nacionalista Pablo G. Mariñas declarou persoal laboral fixo a extinguir aos funcionarios interinos que non aprobasen os procesos de estabilización previstos na lei.

 Velaí a solución para as interinidades delongadas.  

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en SOLUCIONARMOS AS INTERINIDADES DELONGADAS.-Xoan Antón Pérez-Lema*