Case vinte despois da morte de Ramón Sampedro, o recente suicidio de José Antonio Arrabal, afectado pola grave doenza da ELA, colocou no primeiro plano da atención mediática o vello debate sobre a eutanasia.
Unha sociedade democrática non pode virar as costas ao problema do direito a unha morte digna das persoas que, por mor dunha doenza terminal ou incapacitante, dun accidente ou de calquera outra circunstancia, arrastran unha existencia que segundo os seus criterios non paga a pena ser vivida.Non é xusto nin humano que a sociedade ignore o sofrimento que levan aparrelladas as doenzas irreversíbeis ou as penalidades dunha vida de postración absoluta.Se os dereitos humanos constitúen unha referencia básica do ordenamento social, non se pode impedir que as persoas que padecen esas situacións podan decidir -se esa é a súa vontade libremente expresada- dar por finalizada a súa existencia.



