DE FRANKENSTEIN A VOX.-Xesús Veiga*

Cando a dereita política e mediática puxo en circulación os termos «goberno Frankenstein» e/ou «maioría parlamentaria Frankenstein», algúns voceiros e opinadores creron ter atopado unha ferramenta retórica de grande utilidade para a batalla publicitaria. Inspirándose na expresión inventada no seu momento por Alfredo Pérez Rubalcaba, quixeron suliñar a suposta anomalía do sistema de alianzas xurdido a partir dos resultados rexistrados nas dúas consultas celebradas no ano 2019 para establecer unha conclusión relevante: a falta de lexitimidade do goberno constituído con semellantes apoios políticos nas Cortes Xerais do Estado.

Se tiveramos que describir, mediante un recurso metafórico breve, o sucedido nos últimos días no goberno de Castela e León a propósito das medidas anunciadas para limitar o exercicio do dereito ao aborto polas mulleres daquela Comunidade poderíamos recorrer aos exemplos de surrealismo que ofrece a filmografía dos irmáns Marx. A imaxe do vicepresidente de Vox informando da aprobación dun protocolo -en presenza do membro do PP que desempeña o labor de voceiro gobernamental- e o posterior desmentido «en diferido» do presidente da Junta, fíxonos lembrar algunhas escenas inesquecíbeis de Groucho Marx aínda que carentes da calidade interpretativa daqueles xenios do humor.

Cando se constituíu o goberno de coalición entre PSOE e UP houbo moitas análises realizadas dende o universo da dereita que cuestionaban a viabilidade dunha experiencia que, ademais da xestión da propia heteroxeneidade dos idearios das forzas asociadas, requiría un continuado acordo con outras formacións parlamentarias que tiñan posibilitado a investidura de Pedro Sánchez. Cando se certificou a existencia da pandemia da COVID e, mais recentemente, estoupou o grave conflito derivado da intervención de Putin en Ucraína, medraron as dúbidas sobre a capacidade da equipa gobernamental para facer fronte a semellantes desafíos. No mesmo espazo temporal -os últimos tres anos- rexistráronse dúas crises significativas no ámbito da política institucional: a ruptura dos bipartitos do PP con Cidadans na Comunidade de Madrid e na de Castela e León, coa conseguinte convocatoria electoral anticipada. Se a iso engadimos a non aprobación dos orzamentos na Asemblea e no concello de Madrid por mor dos desacordos entre Vox e o PP, a conclusión resulta evidente: os mesmos que utilizaron reiteradamente a metáfora de Rubalcaba para cuestionar a solvencia e a lexitimidade do goberno do Estado non foron quen de asegurar a gobernabilidade do que tiñan entre as súas propias mans.

Os apoios mediáticos do PP manteñen unha continuada campaña de amplificación de todas as diferenzas -sexan mais ou menos importantes- entre as forzas que conforman a actual maioría do Congreso dos Deputados para demostrar a suposta anomalía democrática na que estamos instalados dende xaneiro de 2020. Ao mesmo tempo, minusvaloran os enfrontamentos entre o PP e Vox para non arruinar as expectativas dunha futura coalición entre ambas forzas que permita o acceso de Feijoo á Moncloa. Con ese propósito, afirmaron que a recente concentración celebrada na praza madrileña de Cibeles foi unha mobilización de «constitucionalistas» para defender o sistema democrático fronte ás ameazas de Pedro Sánchez e os seus aliados. Por suposto, Abascal forma parte dese singular club mediático no que se reserva o dereito de admisión para todos aqueles grupos políticos que cometeron o pecado orixinal de permitir o nacemento do actual goberno de coalición.

Alberto Núñez Feijoo busca dous obxectivos pouco compatíbeis: seducir a unha parte do electorado  socialista mediante unha apelación á imaxe creada polo seu pasado recente como presidente da Xunta e, ao mesmo tempo, non descartar unha futura coalición con Vox para captar unha parte dos seus votantes. Sabe que as maiorías absolutas que acadou no territorio galego non van existir nas vindeiras citas electorais e tampouco descoñece que pactar coa ultradereita significa aceitar a colaboración con quen rexeita a lexislación sobre o aborto, sobre a violencia de xénero e promove campañas de odio contra os inmigrantes. Por non falar da súa proclamada intención  de ilegalizar ás formacións nacionalistas de Euskadi, Cataluña e Galiza.

Na súa carreira política, Feijoo non pode acreditar experiencia na dirección de executivos de coalición. Nunca tivo que repartir o poder, agás coa familia Baltar. Tal vez por iso, en moitas ocasións, emite sinais de que padece un notábel desacougo ante a perspectiva de compartir as cadeiras gobernamentais coa tropa de Abascal.

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DE FRANKENSTEIN A VOX.-Xesús Veiga*

TEIMANDO NA (I)LÓXICA REPRESIVA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 A última reforma do Código Penal, que recibiu o apoio case total da maioría da investidura, suprimiu un delicto de sedición que non ten acollida no Dereito Penal común á maioría dos Estados da Unión Europea. Porén, introduciuse o delicto de desordes públicas agravadas, que pune coa cárcere durante tres a cinco anos a invasión de edificios e instalacións ou a obstrución ou curte de vías públicas cando se desenvolvan por multitudes nomeadamente aptas polo seu número, finalidade e organización  para afectar de xeito grave á orde pública. A mesma reforma introduciu un delicto de malversación máis lene (punido con cárcere por tempo entre un e catro anos)  cando non exista ánimo de lucro propio ou alleo, mais si unha xestión de fondos públicos afectándoos a finalidades distintas ás previstas legalmente.

   Deste xeito abeirábase o Dereito Penal español ao ronsel dos demáis Dereitos Penais europeos e da Convención das Nacións Unidas contra a corrupción de 2003, que non recoñece como delictos de corrupción as modalidades de malversación e prevaricación nas que non exista en acto ou potencia o arrequecimento proprio ou de terceiro.

  Porén, Pablo Llarena-o maxistrado do Tribunal Supremo que instrúe a causa contra os políticos cataláns exiliados- deixou sen efecto as euroordes anteriores para o arresto e extradición destas persoas no ámbito da EU, ao considerar que a sedición xa está despenalizada. Mais mantivo a acusación contra Puigdemont, Puig e Comín polo delicto de malversación máis grave,  que esixe ánimo de lucro e pode ser punido até con doce anos de cárcere. E xustifica esta desaquelada conclusión na suposta existencia do ánimo de lucro nos tres políticos por ter destinado fondos públicos a fins ilegais como o referéndum do 1-O de 2017, esquecendo que na sentenza definitiva dos xa condenados nin as acusacións nin o Supremo definiron unha malversación por desfalco, senón por administración desleal. Eis o partidismo da súa interlocutoria.

 Esta tese foi asumida pola Fiscalía (seica co visto e prace do Fiscal Xeral promovido por Pedro Sánchez ) e pola Avogacía do Estado,  directamente dependente do Goberno central. Ambas as dúas acusacións chegaron máis aló, ao pedir o procesamento de Puigdemont, Ponsatì, Comín e Puig polo delicto de desordes públicas agravadas, descoñecendo que o próprio Llarena recoñece que iso non é posíbel por faltar em todos eles calquera conduta violenta ou intimidatoria..

 O mesmo Goberno do Estado que promoveu a reforma legal desenvolve agora unha (i(lóxica represiva, tentando, quer unha moi improbábel extradición do president Puigdemont, quer o esquecemento por parte do seu electorado da devandita reforma, que seica lle ten xerado prexuizos en termos demoscópicos, malia que fosen mais ben produto da falla tanto de pedagoxía como do control dos tempos políticos. 

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político     

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en TEIMANDO NA (I)LÓXICA REPRESIVA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

CLAREXARMOS O DA LEI DO LITORAL.-Xoan Antón Pérez-Lema*

As tirapuxas entre o Goberno galego do PPdeG e o Goberno do Estado do PSOE e Unidas Podemos constitúen xa un clásico. Velaí o proxecto de lei da Xunta de ordenamento do litoral, que tenta agachar o veto de Núñez Feijóo ao novo Estatuto (2007) e os case catorce anos de goberno da dereita non só sen  novas competencias, senón sen  traspaso ningún de medios e servizos, malia lle deixar encarreirado o vicepresidente Anxo Quintana (BNG) naquela primavera de 2009 a transferencia das bolsas e axudas ao estudo, inspección de traballo, museos, arquivos e bibliotecas. Fronte este proxecto o Goberno do Estado,sempre ciumento das súas competencias, alcuma a proposta popular de inconstitucional. Outravolta as forzas políticas españolas amosando a súa incapacidade de resolver problemas, nomeadamente, de resolver os problemas de Galicia.

         A cuestión competencial é nidia abondo e mesmo é recoñecido deste xeito polo próprio PSdeG. O Estatuto de Galicia atribúelle ao Poder Galego a competencia exclusiva no ordenamento do territorio e do litoral e ésta ten sido recoñecida en varias sentenzas do Tribunal Constitucional (TC). Neste senso a atribucion competencial do noso Estatuto é  tan nidia como a catalá do Nou Estatut (2006) ou do vixente Estatuto andaluz (2007). Xa que logo, cumpriríanlle á Xunta as potestades todas da xestión do dominio público marítimo-terrestre, agás a definición do próprio réxime desa caste de dominio público, que lle compre ao Goberno do Estado. É dicir, as decisións sobre concesións no dominio público e de autorizacións no ámbito das servidumes de acceso ao mar haberíanlle pertencer ao Goberno galego.

         Xa que logo, como ven de manifestar Luis Bará (BNG) o primeiro que cómpre é acadar na Comisión Mixta de Transferencias entre a Xunta e o Goberno do Estado o acordo para o traspaso dos medios e servizos estatais de xestión do litoral.

         Canto aos propios termos do ordenamento do litoral proposto polo PPdeG  tempo haberá para debullárllelo, malia que adiantemos que amosa un modelo de sobreexplotación hostaleira que prioriza sobre as actividades vencelladas ao complexo mar-industria, ao tempo que tenta vencellar a planta de Lourizán de ENCE á idea dunha actividade económica  só desenvolvíbel na costa, cando este feito foi proba concluínte avaliada na sentenza da “Audiencia Nacional” pendente de casación polo Tribumal Supremo para o vindeiro 7 de febreiro. Fronte este modelo tan discutíbel e pouco consensuado do PP a esquerda española, quer do PSOE, quer da IU ou Podemos, exporta um modelo centralista que quere expulsar da costa toda actividade económica vencellada tradicionalmente á mesma e que, ademáis e pola súa natureza, non se pode desenvolver en ningún outro lugar.

^Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en CLAREXARMOS O DA LEI DO LITORAL.-Xoan Antón Pérez-Lema*

EL VICE-BOTARATE. Por Antonio Campos Romay*

El Vice-botarate Gallardo, carente de la menor gallardia, hace del sexo su prioridad, mostrando la validez del refrán “dime de lo hablas y te diré de lo que careces”. Encaramado en su papel de mamarracho alfa, se arroga chabacano desde las practicas mas rancias del patriarcado, cual novicio de Savaranola, con derecho a maltratar a la mujeres y despojarlas de su independencia.

Ayatolá de vía estrecha, se pasa por el arco de triunfo la Constitución y la legalidad vigente, pisoteando los derechos y la intimidad de las mujeres en lo que es un acto de su exclusiva decisión. No hay en todo el espació europeo, salvo las anomalías neo-fascistas de Morawiecki y Orbán en Hungria y Polonia, donde no este regulada una ley de interrupción del embarazo en orden a garantizar y practicar con tada garantía la ejecución de este derecho. 

Conviertese el Vice-botarate en majadero al que su inopia intelectual le impide ver la inmensa estupidez de considerarse amo y señor de conciencias ajenas en el siglo XXI. De paso arrodilla ante su estulticia, propia de una oscura era de estupidez, al Botarate Mayor Mañueco, que “acongojado” tardó cinco días en tartamudear algo sobre el particular.

No es de extrañar. Su mohíno jefe nacional del movimiento de derecha extrema, sumido en estado de depresión aguda añorando su placida Xunta galaica,  siente su carencia de liderazgo en el partido que preside, incapaz de frenar los dislates que acepta la pusilanimidad de su Botarate Mayor ante el Vice-botarate. Desnudado de sus galas de ponderación y moderación, el Sr. Núñez Fejoo se muestra carente de sentido de estado, liviano de valores democraticos y torpe frente al cepo de Vox en su pilotaje de lo que estos llamam, la “derechita cobarde”. 

Al Vice-botarate que tiene mas gula de notoriedad que un hambriento de pan, su ruindad moral e intelectual le impide filtrar pleno de satisfacción de si mismo, las bestialidades que babea. Al alfa -botarate tanto le da decir en sede parlamentaria a la procuradora Dña. Noelia Frutos, (con discapacidad motora), “le voy a responder como si fuera una persona como todas las demás” como al antecesor en su cargo, “presunto delincuente e imbecial”. No se cohibe en la injuria al presidente del gobierno de su país, tildándolo de “líder de una banda criminal”, lo que hace extensivo al Grupo Parlamentario en las Cortes de Castilla y León.

Enloquecido con su catecismo tridentino en ristre acusa al gobierno de coalición de pervertir a los niños con educación sexual en las aulas. Se erige con la osadía del ignorante, como paladín de la liberación de la ideología de genero en la escuela. Y aun le queda bilis para verter que  la ley del aborto ampara «triturar niños con discapacidad».

Ante este espécimen que nadie ponga cara de sorpresa por su diarrea intelectual, amparado por un un PP cómplice y silente. Le anteceden sonoros tuits suyos que lo definen…“Me parece una gran idea recuperar a Raúl para la Eurocopa. Hay que heterosexualizar ese deporte repleto de maricones”.  “Ser feminista es una ridiculez, más aún si no eres una mujer” ,  “Qué asco me dan los pijo-horteras con fulares…Julandrones camuflados”… Y así una catarata interminable de basura salida de la boca infecta de este parasito inútil que aparentar necesitar los servicios de un psiquiatra.

Estos son los sujetos que al Sr. Núñez Feijoo le estrimulan para encamarse en una coalición de esperpentos si al caso viniere y asaltar La Moncloa, (figuradamente), aun a costa de llevar al precipicio la democracia y el Estado de Derecho.

Es de imaginar de Vicepresidente del España al Sr. Abascal. Abogando por un euroescepticismo similar al de Orban y Morawiecki, aspirando a ser estandarte de en una alianza de países,“patriotas europeos”, donde cada uno pueda hacer lo que le plazca sin incomodas trabas democráticas o legales. Y luciendo la misma logorrea infecta y antidemocratica de su secuaz en Castilla-León.

Que nadie se llame a engaño ni a posterioridad se mese con desesperación la cabellera. Ya lo advierte en un tuit el diputado Sr. Valdoví, pues “Nos han mostrado perfectamente el piso piloto”

*Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en EL VICE-BOTARATE. Por Antonio Campos Romay*

DETALLE GEOGRÁFICO.-José María Barja Pérez

Cuando vemos el mapa de un continente con 55 divisiones territoriales, pueden escapársenos detalles casi insignificantes. Así, estudiando el mapa de África, constatamos que allí hay 16 países sin acceso al mar. Nos sigue sorprendiendo que Etiopía, el país más antiguo del mundo, haya perdido toda zona costera por la aparición de Eritrea y Djibuti.

La zona occidental de África presenta una singularidad entre sus países con zona costera. Así la República Democrática del Congo que ocupa 2 345 000 km2, principalmente en el centro del continente, tiene un pequeño acceso al océano Atlántico. También lo tiene su fronteriza República del Congo, todo en una faja costera de 312 km entre Angola y Gabón. Pero un detalle de ese espacio costero llama la atención: en medio aparece una provincia de Angola, que separa las costas de ambos países congoleños. Se trata de Cabinda, denominada de forma simplificada “Congo portugués”, una de las 18 provincias de Angola, antes colonia portuguesa.

Las curiosidades geográficas se resuelven hoy con bastante facilidad gracias al uso del ciberespacio y algunas magníficas aplicaciones que ahí están disponibles. Y esto en vísperas del nuevo año chino, el 4721 de su cuenta, que comienza el 22/enero/2023 y terminará el 9/febrero/2024 (384 días), bajo el signo del Conejo y el Agua.

  • La superficie de Angola es de 1 252 876 km2 (con 1 600 km de costa), frente a los 404 905 km2 de la España peninsular (505 400 km2 con las islas).
  • Cabinda ocupa 7 270 km2 (unos 95 km de costa) y tiene 824 123 habitantes; produce 110 000 m3 de petróleo al día.
  • Todo el este y sur de Gabon son frontera de la República del Congo, mientras su noroeste encuadra a Guinea Ecuatorial, que limita al norte con Camerún.
  • Apenas somos conscientes que Nigeria ocupa 923 750 km² y tiene una población de 209 058 000 habitantes, cuatro veces más que España.

39 territorios costeros o insulares y 16 países interiores

*José María Barja Pérez, exrector de la UDC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DETALLE GEOGRÁFICO.-José María Barja Pérez

RETOS PARA ARTELLAR UNHA ALTERNATIVA DE CAMBIO.-Xesús Veiga*

Segundo os prazos legais vixentes, o límite temporal para celebrar os vindeiros comicios ao Parlamento galego está situado no mes de Xullo de 2024. Nunha primeira impresión semella un período moi longo para establecer consideracións de certa entidade a respecto do desenvolvemento e consecuencias de tal evento electoral. Certamente, dende 2015 vivimos nun contexto político menos ríxido que no pasado, mais proclive a cambios rápidos non previstos e no que, por tanto, resulta moi complicado realizar análises e prognósticos medianamente solventes.

Con todo, o universo político galego presenta algunhas singularidades que merecen ser  consideradas. Sendo inevitábel a influenza do contexto estatal nos procesos electorais á Cámara do Hórreo tamén é certo que, nas últimas décadas, o impacto dalgúns acontecementos relevantes acontecidos fora das fronteiras galegas foi moito menor do que cabería agardar. Servan dous exemplos significativos: no mes de xullo de 1997 ETA asasinou ao concelleiro de Ermua M.A. Blanco (de orixe galega) e o 11-S de 2001 rexistrouse o sorprendente atentado das Torres Xemelgas de New York. Ambos sucesos tiveron lugar poucas semanas antes de dous comicios onde o BNG acadou e mantivo a condición de forza principal da oposición, superando ao PSdG, a pesar de que, teoricamente, aquelas circunstancias exteriores podían facer pensar nun efecto inducido negativo para unha forza que formaba parte do catalogo das organizacións demonizadas habitualmente nos grandes medios de comunicación.

Dende hai trinta anos e a diferenza do que ten sucedido nas comunidades nacionais de Cataluña e Euskadi, a dereita política galega está concentrada nun único partido -o PP- e a oposición está conformada por dúas ou tres forzas (entre 1993-2012 e 2020-2023, BNG e PSdG; entre 2012-2020, AGE/En Marea, BNG e PSdG). Esta característica específica tende a reducir as marxes de flutuación entre os diversos segmentos do electorado e, xa que logo, contribúe a facer mais previsíbel a dinámica de pactos e alianzas postelectorais.

Sexa no verán de 2024 ou coincidindo coas xerais de 2023 (esta última hipótese dependerá do cálculo partidista que realice, nos vindeiros meses, Alfonso Rueda), o escenario resultante da cita coas urnas só ofrecerá dúas alternativas: ou repetición da maioría absoluta do PP ou acordo de goberno entre BNG e PSdG. Nesta segunda opción só debería existir, ao día de hoxe, unha incógnita por resolver: se a presidencia do Executivo correspondería a Ana Pontón ou ao dirixente que, finalmente, encabece a candidatura socialista. Outras opcións posíbeis -goberno en solitario de nacionalistas ou socialistas asociado a un apoio parlamentario que permita acadar a maioría aritmética necesaria- non resultarían recomendábeis ante a envergadura das tarefas transformadoras requiridas e, ao cabo, facilitarían un rápido retorno do PP a San Caetano. Convén lembrar que na experiencia do bipartito xurdido no ano 2005, o PSdG dispuña de 25 escanos e o BNG de 13: cunhas cifras aproximadas a eses rexistros -sexa cal sexa a prevalencia entre ambas formacións- non se acadaría a dimensión suficiente  para garantir unha gobernabilidade estábel.

Ese futuro goberno de coalición debería aproveitar as ensinanzas do sucedido entre 2005 e 2009, por mais que teñan variado algúns parámetros tanto do contexto endóxeno coma do exterior. Sería pertinente, dende agora mesmo, debuxar un cadro básico de prioridades na actuación do novo executivo. Sen esquecer outras temáticas presentes no actual ámbito competencial da Xunta, creo que se poden citar catro retos indiscutíbeis: mellorar significativamente o estado da sanidade pública; avanzar cualitativamente na atención ás persoas dependentes; mudar substancialmente as políticas en favor da lingua galega e asegurar que a CRTVG cumpra efectivamente os obxectivos establecidos na súa carta fundacional. Nos dous primeiros aspectos resultará determinante a mobilización de maiores recursos económicos mentres que nos outros terán mais relevancia os cambios normativos e os modelos de xestión.

A desexábel reforma do Estatuto de Autonomía está hipotecada pola maioría parlamentaria reforzada que se esixe no texto vixente. Dada a reiterada negativa explicitada polo PP, sería necesario que a representatividade deste partido ficara por debaixo dos 25 escanos para que fose viábel a mudanza desta norma básica.

En todo caso, as decisións sobre a folla de ruta programática deberán ir acompañadas dunha escolla axeitada das equipas humanas encargadas de facer realidade os compromisos adquiridos ante os votantes. Sen ideas ben definidas non se poderá edificar un proxecto de cambio. Sen buscar a máxima esixencia na selección das persoas encargadas da xestión pública non será realista conxurar o perigo da frustración de importantes sectores que depositen a súa confianza na nova andaina gobernamental.

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en RETOS PARA ARTELLAR UNHA ALTERNATIVA DE CAMBIO.-Xesús Veiga*