MURGUÍA CONSTRUTOR DE NACIÓN.-Xoan Antón Pérez-Lema*

O vindeiro 1-F cúmprense cen anos do pasamento na Coruña de Manuel M. Murguia. Para entendermos o labor murguiano compre lembrar o fracaso  da revolución galega de abril de 1846, que o mozo Murguía ollara nas rúas compostelás. Unha revolución democrática inserida na vaga das revolucións europeas desenvolvidas contra 1848 e non o adicional pronunciamento militar que a historiografía española nos conta. Entre 1850 e 1866 Modesto Lafuente escrebe a súa “Historia General de España”, que inventa unha inexistente nación española de 2.000 anos de antigüidade e agacha  a existencia do Reino de  Galicia como primeiro “regnum” de Europa e como potencia sobranceira no oeste da península ibérica (séculos XI-XIII), coprotagonista na construción europea a medio do camiño xacobeo. E no 1857 apróbase a lei Moyano, a primeira lei estatal que universaliza a  instrución básica eque por primeira vez vai facer chegar ao conxunto da nosa cidadanía esa idea de España uninacional e monolítica no que Galicia nin existe nin  xoga case rol ningún no contexto desa España única .

    Europa progresaba mentres Galicia minguaba economicamente e non se albiscaba como suxeito político nin posuidora dunha cultura propia. E aí traballou arreo  Murguía. Escrebe unha “Historia de Galicia” alicerzada na súa metodoloxía científica de arquiveiro que lle da ao galeguismo as ferramentas para coñecer e reivindicar o pasado común que explica a Nación. Chama a atención sobre o substrato cultural común  e as complexas e continuas relacións entre Galicia con Bretaña e as illas irlandesa e británica e publicita a vocación europea e atlántica amosada historicamente polas clases dirixentes galegas cando éstas foron autónomas.

    Constrúe un relato de Galicia como suxeito dende a historia, xeografía, economía ou Dereito, confrontando expresamente con proxectos subordinados e folklorizantes como o da Pardo Bazán.  Sen él non se pode explicar o Rexurdimento literario que Rosalía, Curros e Pondal desenvolven dende a publicación dos Cantares Gallegos(1863) e que no tempo dos Xogos Florais de Tui (1891) constituía xa unha realidade vizosa que moi axiña comezaría ser coñecida por cada vez máis galegos, por moitos anos case ágrafos en galego e castelán.

   Eses Xogos Florais sinalan o intre para  priorizar o labor político sobre os alicerces do labor de recuperación cultural desenvolvido, tentando conciliar o galeguismo liberal-demócrata murguiano co galeguismo conservador-tradicionalista representado por Alfredo Brañas. Malia que non fosen quen de superar as súas tensións ideolóxicas para lle propor ao País un proxecto integrador e interclasista, o labor daría froito no  1916-1918, cando as Irmandades da Fala autodefiníronse dende o pluralismo como nacionalistas, naquel novembro de 1918 no que abrollaban as liberacións nacionais irlandesa e checa no contexto da doutrina de autodeterminación das nacionalidades do presidente USA W. Wilson.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en MURGUÍA CONSTRUTOR DE NACIÓN.-Xoan Antón Pérez-Lema*

COLONIALISMO EÓLICO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

O 28-D entrou en vigor o Decreto-Lei estatal de medidas contra a inflación, Que introduciu unha extrema flexibilización dos trámites de avaliación ambiental e autorización administrativa de toda caste de instalacións de produción eólica de competencia da Administración do Estado (as de máis de 50 MW). Dende esa data e até a fin de 2024 esta caste de proxectos non precisarán da obrigada avaliación ambiental, agás se ubiquen no mar, na Rede Natura 2000 ou noutros espazos naturais protexidos ou consistan na construción de liñas aéreas cunha voltaxe de máis de 220kV e máis de 15 km de lonxitude. Nestes supostos, se a Consellaría de Medio Ambiente non informa da existencia de afección ambiental do proxecto que se lle remita a estudo, considerarase que esa afección non existe e, xa que logo, o Ministerio competente poderá autorizalo.

  Xúntase esta reforma ás desenvolvidas nos últimos anos pola Xunta de Galicia a respecto das instalacións eólicas da súa competencia (as de menos de 50 MW), seguindo o ronsel dunha Unión Europea que percura maximizar a autosuficiencia enerxética europea multiplicando a produción eléctrica a medio de fontes renovábeis. Mais o que é lóxico e razonábel no contexto europeo require dunha emenda á totalidade no caso galego.

   Porque exportamos máis do 35% da enerxía que producimos sen beneficio ningún para os nosos consumidores e empresas, que pagan igual ca os da rexión de Madrid, , que nin te nin agarda pór ningunha instalación eólica. Ademáis, das resultas da reforma da lexislación eléctrica de Rajoy no 2013, os promotores eólicos non están obrigados a investir na contorna local do parque, mentres se lles facilita a expropiación dos terreos precisos para a súa instalación. Para máis, os parques eólicos constitúen instalacións que requiren dun uso intensivo do territorio pouco compatíbel coas actividades agrograndeiras, turísticas e outras actividades económicas e mesmo coa propia habitabilidade rural. É dicir, non són non xeran emprego, senón que o dificultan. Na lóxica dun sistema de produción eléctrica  baseado no transporte masivo aos grandes territorios consumidores (como Madrid), no canto do fomento do autoconsumo, a fixación da poboación no rural ou a diversificación das súas fontes de ingreso baten contra o criterio dun esquqema de produción hexemonizado polas multinacionais e grandes distribuidoras eléctricas españolas, logo da liquidación por Feijóo da alternativa eólica decidida polo BNG no 2007, que esixía das promotoras compensacións a xeito de plans industriais e investimentos e remuneracións a prol das comunidades locais.

    A lóxica que partillan dereita e esquerda españolas nesta cuestión é colonial. Velaí que o problema desta enxurrada eólica esixa unha resposta política de País que só o soberanismo galego pode propor á nosa sociedade.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en COLONIALISMO EÓLICO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

PREVISIÓNS E REALIDADES NO TRÁNSITO AO 2023.-Xesús Veiga*

Sempre que se achega o remate do ano resulta inevitábel buscar elementos que singularicen os últimos doce meses e sinalar algunhas hipóteses sobre o desenvolvemento do futuro inmediato.

No caso do 2022, observando o panorama internacional, estatal e galego, non é complicado seleccionar os acontecementos mais relevantes: a intervención militar rusa en Ucraína e o relevo na presidencia do PP (e, xa que logo, a retirada de Feijoo da política galega). Sen descoñecer, obviamente, a continuidade da pandemia do coronavirus aínda que sexa nunha versión menos virulenta que nos períodos anteriores.

A invasión do Exército ruso e a dimisión de Casado tiveron un denominador común: foron decisións que non figuraban no catalogo das previsións que se formularon no remate do ano 2021. As análises mais reputadas facían cábalas sobre a evolución da COVID e as consecuencias que tería sobre a situación das economías e das sociedades de diversas partes do mundo. Ninguén pensou que Putin ía mandar as tropas a Kiev e tampouco houbo alguén que prognosticara a conspiración de Ayuso e outros baróns do PP contra o dirixente que derrotara a Soraya Saenz de Santamaría nas primarias para ocupar o posto de M. Rajoy.

En realidade, chovía sobre mollado porque tamén a grave crise sanitaria que comezou nos primeiros meses de 2020 colleu por sorpresa á practica totalidade das autoridades políticas e dos creadores de opinión. Levamos tres anos onde a suposta racionalidade que debería presidir o desenvolvemento das nosas sociedades foi substituída por unha imprevista e desordenada sucesión de acontecementos que racharon anteriores inercias e suscitaron novas interrogantes entre os distintos sectores da cidadanía.

Esas circunstancias azarosas provocaron novas dificultades para as forzas políticas que se ubican no campo da esquerda. O PSOE tivo que facer fronte a un novo líder do PP que dispuña dunha imaxe mais «centrista» -alimentada, tamén, dende unha parte da mediática progresista- e, por tanto, mais competitivo de cara a unha parte do electorado socialista. Para as restantes forzas (UP, BNG, ERC, Bildu, MP…) o reto principal estivo na capacidade para adaptar o seu ideario proclamado á nova situación xerada en Ucraína para ser quen de manter a súa credibilidade como opcións transformadoras e ampliar o perímetro da súa influencia social.

O ano 2022 debería ter sido o momento adecuado para tirar conclusións da experiencia vivida coa pandemia e fixar unha axenda de cambios necesarios para neutralizar os erros e as carencias detectadas nos meses anteriores. Por exemplo: acometer as reformas estruturais nos sistemas sanitarios públicos que permitiran impedir a repetición das graves insuficiencias rexistradas durante o 2020 e o 2021. Ou tamén: rectificar o modelo de funcionamento da globalización económica para evitar os estrangulamentos dunha parte dos procesos produtivos existentes nos países da UE. Por non falar da corrección dos graves desaxustes constatados na teórica cogobernanza que deberían inspirar as accións das Administracións públicas presentes no Estado español.

Os tanques de Putin anularon ou reduciron drasticamente as posibilidades prácticas daqueles actores políticos e sociais que desexaban proxectar unha mirada de medio prazo acorde coa envergadura das mudanzas requiridas. E a chegada de Feijoo aos despachos da rúa Génova non alterou as dinámicas destrutivas e curtopracistas instaladas dende hai tempo na política española. O urxente desprazou, mais unha vez, ao importante.

O 2023 vai nacer da man dunha certeza indiscutíbel: as citas electorais da primavera e, tal vez, do outono contaminarán a vida pública cunha intensidade seguramente descoñecida ate o momento. Están en xogo cuestións moi relevantes para o futuro do corpo social. Debería esixirse a máxima transparencia e concreción nas propostas que realicen as formacións políticas concorrentes. É moi probábel que os grupos que conforman a actual maioría parlamentar sexan quen de acadar semellantes parámetros no seu comportamento. En troques, no PP -por non falar de Vox- as expectativas camiñan por vieiros moi diferentes. A esta altura, a suposta alternativa económica do grupo de Feijoo é unha colección de lugares comúns carentes dunha mínima coherencia interna. Iso si, para compensar semellante deserto discursivo, o político dos Peares atrevese a prognosticar que no 2023 haberá referendo sobre a independencia de Cataluña. Con este nivel predictivo, que se pode agardar da solvencia programática dos que invocan reiteradamente a pretensión de «salvar España»?

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en PREVISIÓNS E REALIDADES NO TRÁNSITO AO 2023.-Xesús Veiga*

UN GOBERNO SEN PULO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

A mensaxe da fin de ano do Presidente Rueda reflectiu moi a xeito esa falla de pulo, proxecto e mesmo de concepto que son características do seu Goberno desque asumiu o cargo no maio último.

Probábelmente enchoupado no seguidismo a respecto da radicalizada polarización do PP estatal de Feijóo e, logo  do evidente fracaso amosado na crise pandémica polas receitas da dereita neocom, Rueda semella non saber onde están os problemas, as prioridades e-sobre todo-os recursos deste País. Non existe un só proxecto de goberno que non sexa a continuidade co Xacobeo na súa actual fasquía, sen a máis pequena análise a respecto da súa fala de sostibilidade e do seu dano a medio prazo a respecto da promoción turística que precisa este País. Segue sen existir unha política industrial e o Presidente non foi quen de vertebrar, canda o tecido empresarial galego, proxectos Next Generation (alén do moi pouco definido de Altri para Palas de Rei) que teñan boa capacidade de tracción da nosa economia, que xa reflectiu no 3T de 2022 un crecemento menor (4,4%) ca o estatal (6,8%). A inoperancia da Xunta agrava para Galicia as resultas da xestión centrípeta e centralizada deses fondos europeos polo Goberno do Estado.

         A sanidade pública galega, nomeadamente a atención primaria, recolle as resultas de trece anos de desmontaxe do PP, que tensionou e chegou mancar o seu esencial capital humano. Por outra banda, nun País cun peso cada vez máis grande da terceira idade, non existe máis plan sociosanitario que seguer a privatizar este servizo ás multinacionais e garantirlles negocio en troques da falla de esixencia dos parámetros de calidade mínimos na atención, alimentación e coidados das persoas usuarias. Canto á educación e ás nosas Universidades nada sabemos a respecto da análise da situación e solucións que propón este Goberno.

        Mais o peor de todo é esa permanente actitude provincial e provinciana de quen (en estricta continuidade coa longa xestión de Feijóo) semella ter demitido das súas responsabilidades a respecto dos nosos problemas e intereses, agachado como está no coro do intérprete da rúa Xénova. Existe falla de proxecto, pulo e liderado e isto recoñécese en privado  por persoeiros de variadas ponlas do PP galego, conscientes de que os vindeiros meses poden ser os últimos da longa estadía dos populares na Xunta.

     Velaí a necesidade e a urxencia de que Ana Pontón dende o BNG encha este baleiro con propostas e proxectos que xunten as luces longas da visión de futuro coa inmediata aplicabilidade de medidas que non poden agardar.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en UN GOBERNO SEN PULO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

UN PACTO NACIONAL POLO GALEGO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 A recente enquisa do servizo estatal de ,estatística a respecto do uso da nosa lingua no noso País (que reflicte que o castelán é xa máis usado decote e que case o 30% das pesoas de menos de 20 anos non entenden ou teñen unha comprensión cativa do galego) constata unha realidade que evolúe de xeito unidireccional nos últimos trinta anos no sentido da ruptura da cadea de transmisión lingüística de pais e nais a fill@s. Mais este proceso agravouse de xeito moi substancial nos últimos doce anos, dende a contrareforma educativa do goberno do PPd e Núñez Feijóo (2010) que impediu de feito o uso do galego cono lingua vehicular para a educación infantil e para o ensino das matemáticas, física, química e bioloxía. En realidade estes doce anos agromaron un fenómeno que antes non existía, que é o feito de que xeracións supostamente educadas en galego non o usen e mesmo teñan problemas para a súa comprensión a xeito.

            A meirande parte dos expertos consideran que hai solucións para o galego, mais éstas pasa por unha mudanza radical nas políticas de promoción e tamén na legalidade vixente. Malia a eiva constitucional que impide a igualdade xurídica entre galego e castelán existe unha ampla marxe normativa para que o Dereito galego realmente protexa a nosa lingua. Cómpre un grande pacto social e político que aprobe unha nova Lei de Normalización Lingüística para os vindeiros 25-30 anos, desbotando o supremacismo extremista  de Vox e Hablemos Gallego.

              Na situación actual do galego a medida máis urxente é a implantación dun sistema de inmersión lingüística  no ensino obrigatorio que garanta o uso do galego como lingua vehicular nun mínimo dos dous terzos do tempo de docencia, incluíndo nel o da docencia do portugués como elemento de conexión utilitaria co mundo da lusofonía. Nas escolas infantís a lingua vehicular habería ser o galego, complementada coa introdución tamén de contidos en castelán e inglés. Esencial neste eido sería  que  a CRTVG e a Xunta garantan recursos didácticos e contidos audiovisuais en galego para as crianzas e adolescentes.

               No que atinxe ás Administracións Públicas cómpre garantir o uso cotián do galego perante calquera instancia xudicial e administrativa e calquera persoa na Galicia, agás exercicio expreso do dereito de opción lingüística por parte da persoa administrada.  A opción de uso do galego habería ser sempre a activada por defecto e os contratistas e concesionarios de obras e servizos públicos haberían garantir os mesmos dereitos ca as Administracións contratantes.

                  A empresa e a Administración de Xustiza, como ámbitos menos galeguizados, requirirían normativa adicional á actual e máis códigos de boas prácticas para garantir o dereito dos traballadores, xusticiábeis, usuarios e consumidores a vivirmos en galego en toda circunstancia, que hoxendía non podemos exercitar.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en UN PACTO NACIONAL POLO GALEGO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

VOLVER A TROPEZAR CON LA MISMA PIEDRA.-Jesús Pedreira Miras*

Desgraciadamente se pierde la memoria muy fácilmente. Aquellos jóvenes socialistas del interior llenos de convicciones e ilusión, “Isidoro” (Felipe González) nucleido el grupo sevillano, con Alfonso Guerra, Guillermo Galeote, Luis Yáñez, Rafael Escuredo, Chaves y demás. Con la colaboración del grupo de Bilbao con Nicolás Redondo y Enrique Múgica entre otros…Una generación llamada a irrumpir espectacularmente en las escena política española

En el transcurso del XI Congreso de Suresnes son estos jóvenes, los que esgrimiendo la urgencia del cambió de la orientación estratégica, política e ideológica del PSOE se enfrentaron frontalmente contra la dirección socialista del exilio encabezada por  Rodolfo Llopis e Ildefonso Torregrosa, que representaban el aparato del partido.

Aquellos jóvenes cuyo planteamiento devolvió al PSOE a  la escena política española con papel protagonista negándose a anquilosarse en posiciones entrañables pero vetustas y ajenas a la realidad, son hoy en su ocaso, muchos de ellos con un largo y brillante palmares de servicios al socialismo y a España, incapaces con sus nostalgias del pretérito encumbramiento, los que rechazan que la dirección actual del Partido haga la lectura adecuada que requiere la situación en siglo XXI.

Y  con ello negar la evidencia de la necesidad de implementar cambios estratégicos y de orientación del PSOE, Algo que parece indispensable en un partidos progresista en un mundo cambiante socialmente y con retos distintos a los de la salida del franquismo. Algo indispensable si se pretender seguir con el espíritu del Partido que más se parece a España. Algo en lo que se esfuerza con éxito Pedro Sánchez, María Jesús Montero, Félix Bolaños, Pilar Alegría y tantos otros comprometidos en ello.

Es triste que lideres tan aclamados por la militancia y gran parte de la sociedad, como Felipe Gonzales  y Alfonso  Guerra entre otros,  quizás añorantes de un protagonismo  pasado, les ciegue la visión de su memoria que les hagan olvidar el Congreso de Suresnes, que con su golpe de timón puso al PSOE en rumbo y con la estrategia adecuada -aunque provocasen una dolorosa escisión- (PSOE Histórico), para la puesta en marcha de una nueva etapa.

Desconocer los logros sociales y éxitos de gestión en medio de una circunstancia dramáticas y continuadas, pandemia, dificultades económicas, una guerra totalmente insospechada en suelo europeo, una crisis energética de la mayor virulencia, es muy desalentador por quienes desde su militancia y pasado relieve, debieran ser ejemplo de lealtad a la causa socialista y a las personas en quienes  depositó su confianza la militancia . 

Su intento de ningunear desde su larga experiencia, mostrando un sentimiento patrimonial del partido, ignorando la vitalidad del PSOE, debieran ver el descalabro de fuerzas homologas que quedaron anclados en modas y maneras alejadas del presente, (por vía de ejemplo, Francia, Italia, Grecia, etc) que se convirtieron en testimoniales e irrelevantes. Tomar esto en consideración, ante de asociarse de forma patética a las posiciones y postulados de la derecha mas reaccionaria española. Lamentable papel de escuderos de la derecha extrema política, judicial y mediática.

Un espectáculo triste y bochornoso que avergüenza a la militancia y espolea a las derechas extremas en su labor de dinamitar una democracia conseguida con el esfuerzo y sacrificio de todos. No de unos pocos.

¡Cuanta desmemoria!

*JesúsPedreira Miras ha sido Teniente de Alcalde en la Corporación Local de Ordenes

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en VOLVER A TROPEZAR CON LA MISMA PIEDRA.-Jesús Pedreira Miras*