Lexitimidades de orixe e de exercicio – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.

Adoitan dicir Rajoy e Feijóo que, na democracia, son as eleccións as que determinan maiorías e gobernos. E teñen razón,malia que iso non prexudique o debate sobre a reforma que precisa un sistema tan desaquelado coma éste, onde un partido co 45% dos votos e menos do 28% do corpo electoral pode acadar o 55% dos escanos. Porén, seguen ser as regras de xogo. E éstas hai que cumprilas mentres dure o partido.

Agora ben, probada esta lexitimidade de orixe, a perda da lexitimidade do seu exercicio terá efectos moi sobranceiros sobre a  capacidade do Goberno (neste caso dos dous Gobernos, estatal e galego) para desenvolver a súa axenda. E velaí o grave problema de Rajoy. Como pode convencer das súas medidas? Pódese blindar tras da súa maioría absoluta e-suposto-  control da orde pública? Cada semana que continúe o PP ten máis risco de asociar a súa supervivencia á do Presidente do Goberno do Estado. E éste de ir perdendo mesmo os importantes apoios dos que desfruta na contorna que votou por él no 2011.

Mais desta volta Monte Pío non pode ollar coa suficiencia que adoitaba cara Xénova. Porque o mito do Feijóo que “mandó a parar” logo do Congreso do  PPdeG do 2006 xa non se ten de pé.  E abrolla na opinión cidadá a convicción de que nada substancial mudou na xestion das finanzas do PPdeG entre 1990 e 2012. As fotos con Dorado e a falla de explicacións cumpridas a respecto das informacións que elevaban en 2,2 M€ as doazóns supostamente percebidas polo PPdeG no 2006 a respecto das reflectidas oficialmente comprometen tamén a lexitimidade de exercicio da Xunta. Probábelmente Feijóo nin suceda a Rajoy nin sexa candidato á Xunta no 2015-16.

Malia estas feblezas, a oposición parlamentaria galega non é quen de desenvolver unha liña de oposición coherente a Feijóo. Mesmo AGE impútalle ao PPdeG unha conexión financeira co narcotráfico, “boutade” indemostrábel que só serve para reforzar as fileiras gobernamentais e a imparábel polarización do País. Porque, mentres falamos disto, non falamos da necesidade de pular polo crecemento económico, nin das fondas reformas institucionais precisas, nin da solución das preferentes nin da continuidade de NovaGalicia Banco. Seguemos a perder o tempo diante dun dos reptos máis sobranceiros da nosa historia.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

O penúltimo rescate de Merkel – Xesús Veiga

Xesús Veiga

No caso Barcenas repítese o guión que temos contemplado noutras ocasións.Cando se formularon as primeiras acusacións, os dirixentes do partido saíron rapidamente en defensa do encausado, reclamando a súa inocencia e insinuando que se trataba dunha conspiración organizada polos adversarios políticos e/ou xudiciais.Agora, cando o propio ex –tesoureiro recoñece a existencia dunha contabilidade B onde figuran pagos a Rajoy e a outros persoeiros do PP, o argumento exculpatorio muda significativamente:Barcenas é un presunto delincuente mentirán que non ten credibilidade.Antes era un santo varón e agora é un canalla desvergonzado.

Hai outra parte do discurso defensivo que xa resulta aburrido por reiterativo:mentres non se demostre a comisión dun ilícito penal non se asumen responsabilidades políticas.Mais aínda:nin sequera se comparece no Parlamento para dar explicacións.Na lóxica do PP –que tamén utilizaron moitas veces algúns dirixentes do Partido Socialista- a política perde autonomía como espazo democrático e fica subordinada aos procedementos e resolucións xudiciais.E logo pasa o que pasa:o exemplo do Prestige resulta paradigmático.Mais de dez anos para substanciar a causa contra os responsábeis daquela desfeita e a constancia explícita –formulada por parte do propio maxistrado- de que non estiveron sentados no banco dos acusados todos os causantes da catástrofe.O que se busca no expediente Barcenas é algo semellante:que pase o tempo, que os delitos prescriban e que os culpábeis fiquen reducidos á mínima expresión.


Os dirixentes do PP non deberían desprezar a gravidade específica dos acontecementos rexistrados nos últimos días:Barcenas entregou os papeis orixinais do que semella ser a contabilidade B do partido ao director de El Mundo sabendo o que iso significa.Pedro J. Ramirez non actúa sen calcular previamente as consecuencias políticas das súas iniciativas mediáticas.Dende hai anos exhibe unha evidente falta de empatía con Mariano Rajoy e agora, talvez, considera chegado o momento das apostas fortes en favor dunha crise gobernamental que supoña o punto final para o inquilino da Moncloa.Ademais dun insoportábel episodio de corrupción, estamos ante as primeiras batallas polo control interno do partido da gaivota ante as reiteradas análises demoscópicas que anuncian un desgaste electoral dificilmente reversíbel.


Como a equipa de Rajoy non é sensíbel ás razóns inspiradas na ética ou nos valores democráticos que deberían presidir o comportamento da elite política, será necesario apelar a outras consideracións directamente vinculadas ao papel que expresamente teñen asumido.Se aceitan o estatus de protectorado alemán cando executan as políticas económicas previamente deseñadas, deberían, alomenos, ser consecuentes coas regras non escritas que rexen no universo da señora Merkel.Se un ministro da RFA dimitiu por copiar unha tese de doutoramento, qué cabe esixir ao presidente dun partido irmán que depositou a súa confianza durante moitos anos nun individuo ao que agora caracteriza como delincuente contumaz?

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Deja un comentario

D. Joaquín Almunia, persoa non grata nalgún municipio ameazado mortalmente na súa economía – Antonio Campos Romay

O alcalde de Vigo ten previsto declarar ao Sr. Almunia, “persoa non grata” na súa cidade. Aínda que poida soar a oportunismo, certamente non é unha medida desacertada. Que por certo, seria digna de ser tomada en consideración noutros concellos cuxos destinos, intimamente ligados coa industria naval, vense abocádoos a unha situación dramática si cúmprense as previsións que se fan.

D. Joaquín Almunia, un bilbaíno vencellado ao área de economía da UXT desde 1976, cunha sólida formación en dereito e economía, ampliada en París e EEUU, exerceu un tempo a docencia universitaria. En 1979 entrou no Congreso no que permaneceu ata 2004. Co Sr. González foi Ministro de Traballo e Seguridade Social e posteriormente de Administracións Públicas. A súa desfeita iniciouse cando concorreu a primarias  baixo o manto felipista e foi severamente derrotado polo Sr. Borrel. Finalmente o que non obtivo nas urnas conseguiuno pola renuncia do outro candidato tras un “affaire” moi oportuno que caeu sobre o Sr. Borrell, ao que o aparello partidario poñía trampas un día si e outro tamén no seu camiño para sacalo de diante. Candidato nas eleccións xerais 2000-2004 foi mallado polo Sr. Aznar deixando polo camiño un notorio número de escanos tendo a súa epopea como desenlace unha xestora presidida por D. Manuel Chaves. Como recoñecemento aos seus notorios éxitos o PSOE  gratificouno enviándolle a Europa como Comisario de Asuntos Económicos e Monetarios. Desde 2010 é vicepresidente da C.E. e comisario de Competencia.

D. Joaquín, preso da “síndrome de Estocolmo”, esqueceu de inmediato o seu pasado socialista, e abrazou co fervor dunha vocación tardía o neoliberalismo máis radical. Contan que trala guerra civil un falanxista de oportunidade ao volver ao pobo congregou aos veciños e púxolles o Cara ao Sol como exercicio patriótico. Para o seu infortunio o disco estaba algo raiado e naquela estrofa que di “que tu bórdaste en rojo ayer” colgouse e con gran sufoco do oficioso camisa azul, soaba teimuda, “rojo ayer, rojo ayer, rojo ayer”  D. Joaquín, de face aos seus novos horizontes, debe ter coidado non lle suceda algo tan embarazoso que lembrelle os seus mais de trinta anos de coche oficial ao amparo do puño e a rosa socialistas.

A súa iniciativa, exclusivamente dirixida a intereses españois, -que si suavizouse de xeito cativo, non foi por vontade do Comisario-, suscita augurios moi pesimistas para o sector naval e siderúrxico e preto de 90.000 traballadores que poden verse afectados. E desde logo é unha actuación que pode ser a puntilla definitiva a un sector enraizado nas rías viguesa e ferrolá entre outras, cunha alta especialización e calidade técnica.

Sen entrar no fondo da cuestión, hai unha ofensiva disparidade de comportamento en relación ao esixido en circunstancias similares a países próximos que son competidores directos. Tamén deixa de manifesto a minguada capacidade de interlocución e a ausencia de peso político dun goberno que se postulaba como restaurador do noso prestixio internacional.

Sen reducir un ápice a responsabilidade do comportamento do Sr. Almunia compre subliñar que quen preside a Comisión e a inmensa de maioría dos membros da mesma pertencen á familia ideolóxica do partido que cunha maioría absoluta goberna non só España, senón comunidades directamente afectadas como a galega. E tamén que o Sr. Presidente do Goberno de España, moi celoso da súa competencia exclusiva en materia exterior, tras varios meses de agonía con este tema, non atopou momento oportuno para falar co Sr. Durao Barroso, – por teléfono-, ata o día 12 ou trece de xullo. Pode entenderse ante as súas dificultades para casar a súa axenda coa do Sr. Barcenas, que tantos momentos rouballe. Ou quizais estaba ocupado comparecendo no Parlamento para informar aos pais da patria da situación da nai patria.

Neste proceso foi curioso o silencio deses señores encirrados en viaxar en preferente ás instalacións comunitarias, defensores das súas coenxías con uñas e dentes e que salvo algunha orfa excepción, apenas abriron a boca sobre o particular, pasando no bico dos pés ao enxuiciar a actuación do Sr. Comisario. Parecese que no caso dos eurodeputados galegos, do mesmo xeito que certo xeneral enredador, nin están nin se lles espera, privándonos de escoitar as súas doutas opinións a prol do particular.

No futuro semella que perdese D. Joaquín a posibilidade de pasear pola praia de Samil ollando o mar e ría que axudou a despoboar de potencia industrial. Quizais o Parlamento Galego puidese reclamar ao executivo galego, -que o Sr. Núñez Feijoo intenta con notoria aplicación reducir a delegación territorial-, galardoase ao Sr. Comisario coa iniciativa viguesa, estendida a todo o territorio de Breogán.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Shakespeare hasta en el infierno – José María Barja Pérez

José María Barja Pérez

Un casi increible reportaje, sobre el campo de concentración que USA mantiene en Cuba, lleva un atrayente título en su edición impresa: Shakespeare en Guantánamo. Que el personal sanitario encargado de la alimentación forzosa vaya etiquetado con nombres de personajes shakespirianos es la justificación del titular.

Aunque con poca frecuencia, surge alguna cita del bardo en la prensa española procedente de algún juicio. Como nos espera un amplio número de escandalosos procesos judiciales, probablemente tendremos oportunidad de leer universales frases del teatro isabelino, ajustadas a machetazos para defender a altos acusados.


Datos:

•      El reportaje de Yolanda Monge, Insurrección en el limbo de Guantánamo El País 7/julio/2013, publicado en el suplemento Domingo con el título arriba reseñado, detalla que «la psiquiatra es Dionisia (tomado de la obra Pericles, príncipe de Tiro) [… mientras] Malvolio, Feste y Orsino (de Noche de reyes) forman parte del grupo de enfermeros de refuerzo» que alimentan a los presos forzadamente dos veces al día con sonda naso-gástrica.

•      Ya el 25/mayo/2013, Carol Rosenberg había publicado en el Miami Herald un artículo con el título Prison medics borrow pseudonyms from Bard,  donde además de colores y pájaros, se incluyen nombres de personajes como Desdemona, Gertrude y Malvolio. (www.miamiherald.com/2013/03/25/3306327/guantanamo-guards-take-names-from.html). Refiere que un marinero etiquetado como Bertrand cree que tal nombre es él de un tonto, a lo cual ella sugiere que «alguien ha leido las Cliffs Notes equivocadas», pues el personaje Bertram es un oficial de caballería en All’s Well that Ends Well mientras que Bottom es el que termina como un tonto en A Midsummer Night’s Dream.

•      Cliffs Notes son las populares guías para estudiantes, como suplemento de sus lecturas, que comenzaron a publicarse en 1958 promovidas por Cliff Hillegass. Twelfth Night es el nombre inglés de la Epifanía (la Noche de Reyes, doce días después de Navidad) y en el final de la película Shakespeare in Love el premiado guionista Tom Stoppard le rinde un homenaje con Joseph Fiennes, como William Shakespeare, diseñando esa historia para su heroina Viola y escribiendo «The sea-coast / Viola .– What country, friends, is this?» (que es el inicio de la segunda escena del primer acto). En ese primer acto de Noche de Reyes aparece la referencia al canary, el vino de Canarias (I.iii.85-87); y también una cita incluida en V for Vendetta, la película de 2005 que popularizó la máscara de Guy Fawkes, hoy tan común en las  manifestaciones:“Ocultadme lo que soy y sed mi ayuda, pues este disfraz acertadamente dará forma a mi propósito” (I.ii.53-55).

•      Ya en el año 2009, al conocerse que en la biblioteca de la prisión de Guantánamo estaba disponible la obra de Shakespeare en árabe, el suplemento literario del Times abrió un post de sugerencias con el título de Which Shakespeare for Guantanamo? (timescolumns.typepad.com/stothard/2009/05/a-shakespeare-for-guantanamo.html). Fue la escena de la prisión en Twelfth Night y los inventivos trucos de Feste para convencer a Malvolio de que está loco, lo más sugerido, lo cual concuerda con las etiquetas escogidas por los enfermeros cuatro años después.

•      En ese año parecía haberse puesto de moda citar frases de Shakespeare en juicios celebrados en España. Santiago Mainar, condenado a 20 años de cárcel por asesinar al alcalde de Fago, pronunció en el juzgado unas palabras de Bruto, Julius Caesar III.ii; y un taxista de Vigo, acusado de romperle la nariz a cabezazos a un conductor por haber aparcado su coche muy cerca del suyo, en su alegato final recordó unas palabras también del mismo acto y escena de esa obra (aunque él dijo que pertenecían a Othello).

•     Titulares como Rajoy es un hombre “honrado” [El Huffington Post 10/julio/2013] o Sáez de Santamaría insiste en que todo el Gobierno apoya al”honesto” Rajoy [El Ideal Gallego 13/julio/2013] remiten a la arenga de Marco Antonio sobre Bruto en Julius Caesar III.iii que comienza con «Friends, Romans, countrymen, lend me your ears». Pues como decía Carlos Boyero: «La casta política abusa hasta la náusea de estar en posesión de honradez y verdad. Si hubieran leído a Shakespeare, que lo sabía todo de la naturaleza humana y también de la manipulación de la caprichosa plebe, sabrían que Marco Antonio logró cargarse a Bruto después de asegurar incansablemente a los expectantes ciudadanos de Roma: “Y sin embargo, Bruto es un hombre honrado.”» [Nadie El País 10/abril/2010].

El 21/julio es la Fiesta Nacional de Bélgica, pues tal día de 1831 es coronado su primer rey, Leopoldo I, tras la independencia de los Paises Bajos en 1830; mientrasel 23/julio es la de Egipto, Día de la Revolución, por que tal día de 1952 comenzó la revolución contra el Reino Unido, que conduciría a la declaración de la república en 1953 y a la retirada británica en 1956. Ademas ese día los rastafaris celebran el Nacimiento de Haile Selassie en 1892. El 24/julio en Venezuela conmemoran el Nacimiento de Simón Bolivar en Caracas en 1783; mientras en el estado de Utah es Pioneer Day, pues tal día de 1847 los mormones llegaron a Salt Lake Valley; y en Santiago de Compostela se “quema la fachada de la catedral” (dspace.usc.es/bitstream/10347/4501/1/pg_495-518_catedrales.pdf), en la víspera del Día Nacional de Galicia. Este año coincide con el inicio de la segunda mitad (16º día) del mes de Ramadán que la prensa suele calificar de mes sagrado, desconociendo que los cuatro meses sagrados (Corán, sura 9, aleya 36), en los que deben cesar las luchas armadas, son Muhárram (el 1º), Ráyab (7º), Dhu –l-Qá`dah (11º) y Dhu –l-Híyyah (12º y último).

Publicado en AUTORES, José María Barja Pérez | Deja un comentario

Corrupción e Recentralización – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.

A presunción de inocencia segue a  abeirar a todos os afectados no “caso Bárcenas-PP”,mais a información ao dispór reflicte xa pegadas moi consistentes da responsabilidade política do PP como organización. Velaí os 400.000 € supostamente aboados polo PP aos avogados de Bárcenas, o mantemento deste no seu soldo, chaffeur, escritorio e secretaria na sede popular estatal até o último día deste xaneiro, a relación cotián entre Rajoy e Bárcenas,mantida cando aquel sabía xa da titularidade por parte deste de 28 M€ de probábel ilícita procedencia, as instrucións (¨Luis, lo entiendo, sé fuerte…” ) que recibe o tesoureiro a primeiros deste ano para negar a súa autoría a respecto dos papeis. E a teimuda realidade de 47 M€ que, polo menos nunha grande parte,  sairon, si ou si,  da corrupción sistematizada dende a dirección das finanzas do primeiro partido do Estado.

Mais a dimensión económica da corrupción chámanos a atención sobre a centralización da xestión económica dos Partidos estatais e a súa colusión co “capitalismo castizo do BOE”, nomeadamente o mundo das grandes construtoras e sectores regulados. Porque os números do saqueo de Bárcenas nun Estado descentralizado só se explica pola imposición dende Madrid aos gobernos autonómicos e locais dos contratistas amigos, da (i) lóxica radial da Alta Velocidade, do novo aeroporto de Madrid que consumiu máis dun billón-con b, de burro- das vellas pesetas.

Claro que hai corrupción nos níveis autonómicos e locais. A moreas. Mais só na cimeira é observábel como unen as súas liñas os intereses do cemento sen coñecemento e da prevención dese capitalismo castizo de BOE a respecto da existencia, por exemplo en Galicia, de empresas non dependentes da megaconcentración de poder económico e financeiro dun Madrid que paga as súas custosas infraestruturas e liftings  cos cartos de todos os cidadáns do Estado.

Limpar razoablemente este grao inaturábel de corrupción vai precisar de cirurxía xudicial e de prevención a medio dunha lexislación electoral e da transparencia alicerzada en sólidos valores de cidadanía, horizontalidade e responsabilidade. Mais será eixo fundamental destas políticas a loita contra as grandes concentracións de poder político, económico e financeiro. Porque non hai mellor amigo da corrupción ca a recentralización e a concentración.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

La falta de memoria histórica de los alemanes über alles – Edmundo Fayanás Escuer

ALEMANIA ha sido, en el último siglo, el país que más se ha negado a pagar sus deudas. Éstas no han sido consecuencia de las finanzas, sino de las dos guerras mundiales ocasionadas por ellos mismo debido a haber invadido, destruido, saqueado y matado. Veamos.

Tras perder la I Guerra Mundial, por el Tratado de Versalles de 1919, fue condenada a pagar reparaciones de guerra por la cantidad de 226.000 millones de marcos de oro. Con la finalidad de que no consiguiera una rápida recuperación económica y volviera a ser un peligro para Europa.

Entre 1924-1929, la república alemana de Weimar recibió préstamos de Estados Unidos por valor de más de un billón de dólares, con la finalidad de sostenerlo y para que pudieran pagar las Indemnizaciones impuestas en el Tratado de Versalles.

Debido al crack de 1929, y como Alemania no pagaba sus deudas, se aprobó el Plan Young en el año 1930, reduciéndosela a 112.000 millones de marcos de oro. Posteriormente, por medio de la moratoria Hoover y las negociaciones de Lausana, tanto Francia como el Reino Unido renunciaron a las Indemnizaciones que Alemania debía pagarles.

Todo esto significó que la deuda alemana fue cancelada en un 98%. Ese 2% de la deuda que quedaba nunca fue pagada por Alemania, porque al llegar al poder Hitler, una de sus primeras medidas fue suspender unilateralmente el pago de dicha deuda.

Como consecuencia de la II Guerra Mundial, nuevamente Alemania es condenada a pagar grandes indemnizaciones económicas por la guerra que ella inicio. Estas deuda nunca han sido pagadas por Alemania y así, mediante el Tratado de Londres de 1953, se congeló dicha deuda a los alemanes.

Es curioso ver el caso de Alemania con Grecia y nos daremos perfectamente cuenta lo que hace Alemania con Grecia actualmente y su escandalosa falta de memoria histórica e incluso de ética.

Grecia fue sancionada a dar compensaciones de guerra a Alemania desde el año 1881 por sus conflictos anteriores. Estas compensaciones nunca han sido perdonadas por los alemanes. En el año 1964, con la presión alemana, consiguió que los partidos mayoritarios Pasok (socialistas) y Nueva Democracia (conservadores), reconocieron estas deudas, que deben ser pagados con altísimos intereses.

Alemania tiene una deuda histórica con Grecia y nunca la ha pagado. Hitler tomó Grecia en el año 1941 y le impone la concesión de un préstamo al país heleno por la cantidad de 3.500 millones de dólares. Como consecuencia de la ocupación militar alemana y la guerra que hay se produjeron grandes destrozos en el país. Acabada la II Guerra Mundial, Alemania recompensó a Polonia en el año 1956 y a Yugoslavia en 1971 con 20.000 millones de dólares.

Grecia ha pedido nueve veces a Alemania el pago del préstamo impuesto por Hitler al país y las indemnizaciones por la destrucción nazi del país heleno. Alemania nunca ha respondido a tal petición. Si se actualizara esta deuda desde 1944 a 2010, aplicando el interés medio de los bonos norteamericanos, se debería pagar a Grecia la cantidad de 163.800 millones de dólares. A ello debería sumar el coste de las reparaciones de guerra que se calculan en 332.000 millones, así que la cantidad estimada que Alemania debería pagar a Grecia es de 495.800 millones de dólares, cantidad suficiente para que Grecia saldará todas sus deudas actuales y evitara el gran sufrimiento que le están provocando los alemanes y la Unión Europea.

Jacques Depla, economista francés y asesor del expresidente francés Nicolás Sarkozy, calculó en el año 2011 que la deuda alemana con Grecia ascendería a 575.000 millones de dólares.

Cuando en 1990 se produce la unificación de Alemania, ésta es debida a la generosidad de toda Europa, incluida Rusia, hacia los alemanes. A estas alturas, parece claro que los alemanes nunca han valorado la generosidad de los europeos con ellos. La unificación alemana implicaba la obligación de retomar las indemnizaciones que habían sido congeladas. Sin embargo, la Alemania del canciller Kohl se niega a pagar dichas indemnizaciones. Es importante que todos, incluidos los alemanes, leyeran su historia, y de esta lectura tuvieran conocimiento de esto que cuento y además analizaran otros dos aspectos de ella. Veamos.

El primer aspecto es que Alemania fue el país más favorecido por el plan Marshall en una muestra de gran generosidad y que permitió una rápida recuperación económica del país. Esto nunca debería ser olvidado por los alemanes. El segundo aspecto a recordar es que muchas de sus multinacionales como Krupp, Thyssen, Volkswagen, Bayer, Afga… se aprovecharon durante los años del nazismo, del trabajo de cientos de miles de prisioneros políticos, judíos, gitanos, que los nazis les proporcionaban gratis en una situación de esclavitud gracias a los trabajos forzados de los más de 78 campos de concentración nazis, que han permitido el gran desarrollo económico y el gran poder actual de dichas multinacionales.

Imagino que a algunas personas que lean este artículo se les removerán las vísceras, pero esto es historia real y Alemania debería aprender de ella y sacar las consecuencias debidas, siendo menos cerrada y doctrinal en estos momentos de mayor esplendor económico. Europa necesita una Alemania donde el demos europea sea el predominante.

Necesitamos la generosidad alemana al igual que los europeos la tuvieron con ellos.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario