E todos eles, son funcionarios…. – Antonio Campos Romay

Nestes dias moitos enchen o peito agasallando o comportamento de bombeiros, sanitarios, policías…Mesmo na TDT party  abanean o botafumeiro e non paran…Non seria criticable se non fose que moitos deses mesmos, son os que arremeten contra eles pola súa condición de funcionarios, denigrándoos, enchéndoos de lixo e encirrando as baixas pasións do resto dos cidadáns afogados polo paro e o desemprego en contra deles.

Gabase coma funcionan os servizos sanitarios…Servizos que funcionaron a perfección e que son unha parte importante do tan acosado e desmantelado estado de benestar. O mesmo estado de benestar, os mesmos servizos que non perden oportunidade de desmembrar unhas veces para uns aforros pírricos e noutras para entregalos como pingüe negocio  a especuladores privados que soio andan na procura do lucro urxente…Agora nestas circunstancias enchen peito parasitando as fotos e o dolor para aproveitarse da boa imaxe da explosión de solidariedade habida e a sensibilidade espertada.

Os bombeiros que alí estaban, deixaron unha folga porque andanlles a comer os salarios. Os sanitarios, recen saídos de traballar, o no seu tempo de lecer, ou de vacacións,  a pesares da caza de bruxas a que andan sometidos, sen parar mais que na súa solidariedade e sentido profesional, incorporáronse aos seus postos por propria iniciativa para achegar o seu grao de area…

O pobo deu a resposta de dignidade cívica, de solidariedade, fronte aos ladróns, estafadores, mangantes, cleptómanos todos eles de colo branco que desangran o pais roubándolle o futuro e os dereitos como cidadans. Fronte a súa salvaxe insolidariedade, a resposta nobre do pobo escribindo con maiúsculas o termo Fraternidade. E moitos deles, eran funcionarios….

Os galegos “no peor dos sentidos” que dicía nunha mostra mais da súa grosera frivolidade Dona Rosa Díez, mostraron a súa solidariedade, a súa xenerosidade, a súa faciana de nobreza, as portas dos sanatorios para doar o seu sangue. Coas mans espidas apartando os ferros para sacar do seu inferno as vítimas. Traendo dos seus fogares sabanas e mantas para cubrir respectuosamente os mortos. Levando auga e e o que a man viñera para asistir aos doentes. Dando acougo a todos os que se atopaban en horas amargas…

Hoxe nestes momentos de desolación, en que  tristura aferrase as xentes, diante desta catástrofe que levou por diante as vidas, as ilusiones e proxectos de moitas mozas e mozos, de homes e mulleres ou de nenos sen darlle a oportunidade de xermolar, moitos dos que andan gabando aos funcionarios a quen tanto insultaron e emporcallaron, que non paran de pedir que vaian para a rúa, que tanto brincan para afundir o estado de benestar, si tiveran un mínimo de vergoña deberan calar coma petos… Pero iso seria tan inútil, como pedirlle aos porcos que apreciasen as margaridas.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Transparencia e obxetividade – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.
Pois resulta que algúns deses medios, escritos ou audiovisuais de Madrid -si, os que chegaron tarde- non tiñan abondo con rachar a lei non escrita do respecto pola intimidade das vítimas, que si cumpriron canda o 11-S e 11-M, para agora encetar un sistemático linchamento do maquinista Garzón. Claro é que o Goberno do Estado traballa mán con mán con eles para proxectar a idea: “temos un culpábel”. Aínda non escoitamos explicacións oficiais (probabélmente sexa cedo de máis) de Renfe e de Adif, pero xa ouvimos a súa acusación ao maquinista. Sospeitas que ratificou “urbi et orbe” un Ministro do Interior que tamén chegou tres días tarde, probábelmente incómodo polo  mando político e operativo da Xunta sobre a actuación derivada da catástrofe. Mando que é unha esixencia ineludíbel da Lei de Emerxencias de Galicia  aprobada no 2007, canda o bipartito.

Á hora que isto escrebo o maquinista declara perante o Xuiz natural predeterminado pola Lei, que é o que manda a Constitución, sen inmisións de enxendros xurisdiccionais como a Audiencia Nacional ou os Xulgados Centrais de Instrución. Será, pois, misión xudicial escoitar os rexistros de chamadas e troco de dados da ruta e do comboio e determinar o complexo causal que deu na catástrofe. O mínimo que lle podemos esixir ao Goberno do Estado, á súa axencia Adif e á súa operadora Renfe é que calen e colaboren coas pescudas xudiciais.

O que si xa sabemos nesta altura é que a curva do sinistro non desfrutaba do moderno sistema ERTMS, senón do antigo ASFA,dos anos 70 do século XX. E nos trens ALVIA éste é o único sistema operativo arestora en todo o treito Ourense-Compostela. O ASFA só advirte doutros comboios ou corpos na rota,sen lle achegar ao maquinista nin un só dado sobre a rota en si. Non por acaso o comsiario europeo de Transportes xa advertiu que este accidente non tería ocorrido se o ERTMS estivese operativo.

De calquera xeito, hora é xa de pecharmos as especulacións, sobre todo as que veñen do Goberno Rajoy e da operadora RENFE. A solidariedade da cidadanía galega e o seu civismo ante a catástrofe chaman por unha pescuda xudicial rigorosa e obxectiva. Mais, tamén, transparente. Porque a xente xa non acredita en andrómenas, por moi Ministro que sexa quen as conte.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

Día de loito en Galicia – Contraposición

Co galo do Dia Nacional de Galicia as mulleres e homes de terra apréstanse para celebrar unha data na que honrase a nosa identidade nacional, a nosa cultura, o noso patrimonio cívico común. A terra viste as mellores galas e a cidadanía segundo as súas sensibilidades toma as rúas para mostrar o seu xeito de entender o seu amor a Galicia.

Mais unhas vésperas horribles, unha catástrofe ferroviaria cunha dimensión tráxica descoñecida no derradeiro medio século asolagou de tristura, de dolor e consternación o pais. Preto de oitenta mulleres, homes, nenas e nenos viron truncada a súa vida a escasos quilómetros de Santiago.

Erguendose fronte ao dolor e a desolación, xorde un pobo “bo e xeneroso” quer se envorca no drama. Acudindo solidario dende os primeiros minutos en axuda dos feridos, doando sangue masivamente en resposta as chamadas dos hospitais, retirándose con civismo exemplar da praza do Obradoiro, ofrecedensoe en todo momento …

Exemplar o comportamento dos servizos sanitarios, dos seus profesionais , dos membros de protección civil, dos bombeiros, da garda civil e policía, e da dilixencia das autoridades políticas do pais.


Galicia xurdira deste momento amargo para retomar o seu camiño. Con enteiriza e con forza moral. Pero no corazón das galegas e os galegos, cada unha das vítima, trodos os seus familiares, estarán para sempre presente nos seus corazóns bos e xenerosos.


O seu loito é loito de Galicia.

CONTRAPOSICION EXPRESA A SÚA DOOR E SOLIDARIDADEA GALICIA E AOS PARENTES DAS VICTIMAS


DESCANSEN EN PAZ.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

A marca España?…Mellor debese decirse, a España marcada – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

A marca España, tras un ano de vida,  vai camiño de converterse na partitura do Sr. García Margallo para orquestrar os disparates do goberno popular.

A lóxica recomenda que alá onde importantes intereses económicos españois están comprometidos, mais si é Latinoamérica, un área natural para a nosa colaboración comercial, a marca España, ou sexa o goberno que a impulsa, debese ser especialmente coidadoso. O contrario seria a dimensión do seu ridículo. É o caso do seguidísimo de lacaio ben adoutrinado en cómplice comparsa na miserable actuación sobre o avión dun Xefe de Estado dun país soberano e democrático desa rexión. Bolivia, que por moito que bufóns poderosos prefiran ignoralo, mantense nuns parámetros democráticos difíciles de atopar na súa convulsa historia. Tralo patético vodevil do embaixador español en Viena, auto-invitándose a café para cheirar na aeronave presidencial cal estrafalario Mortadelo á procura dunha presenza incomoda para o patrón estadounidense, o intento de lavado de face coa tardía autorización de encher combustible en territorio español non mellorou o desaguisado. Non deixaría de ser sainete, si non fose que se estaba expresando a lamentable submisión desa penosa caricatura de si mesma é hoxe a UE. Sen dubida  que foi un sólido avance para a marca España.

Apoia a súa solvencia, ao rigor xestor do interese común e con iso a capacidade de inspirar  confianza o que refire por vía de exemplo, ser o país da unión que máis aeroportos ten…pechados ou sen utilidade. Sen un avión nas súas pistas ou como no caso de Málaga coa segunda pista pechada por carecer de bombeiros para atendela…Ou que o importe do quilómetro de autoestrada en igualdade de condicións orográficas duplique o de Alemaña.

O eficaz traballo dos executivos da marca España aválao o bo criterio e moderación de que fan gala. Caso de D. Carlos Gafo, que valora aos seus compatriotas, -suponse que como “español de marca” así considera aos cataláns-, como “cataláns de merda”, “que non se merecen nada”…Tuitea que algo queda debeu pensar este señor, xerente da “marca”. A “marca”, tuiteaba. Outros intentaban abrir mercado interior con Cataluña e o País Vasco e aproximar posicións.

O primeiro impulsor da marca España suponse é o Sr. Presidente do Goberno español. Cítao amablemente “The Economist”, un xornal moi pouco sospeitoso para dereita deste país-marca, sinalándoo como “responsable político” dos “sucios segredos” do PP. Outros medios tan pouco sospeitosos como este, de diversas latitudes, acórdanse do Sr. Rajoy cun interese que ningunha nai desexaría para o seu fillo.

Argumento útil para a devandita marca, seria expresar o noso amor á investigación a través da angustia e drama de máis de cen directores de centros do CSIC poñendo en evidencia que non chegaran a final de ano cos recortes que laminan as actividades na materia. Que pouco podía supoñer D. Miguel de Unamuno que a súa cítrica cita, “que inventen eles”, tomaríaa ao pé da letra o goberno popular como programa de goberno.

Outro capitulo de importancia sería exportar o proverbial talante democrático dos nosos dirixentes. O Sr. García Margallo en grande medida “pai do boneco”, – quizais de aí a súa feitura-, co seu desafogado verbo, en orde ás voces que claman para que o seu xefe de filas, o cachazudo D. Mariano, de algunha explicación coherente que poña lonxe o cáliz de Barcenas dos seus beizos, afirma, “que si o fará”… “pero cando lle pete”. Aínda que sexa a regañadentes, e forzado pola presión política e social, e non “cando lle pete”, irá a render contas ao Congreso antes de fin de mes.

Outro aspecto de interese a trasladar como marca propia, pode ser a composición dos nosos Altos Tribunais. Desde o caso do maxistrado do Tribunal Constitucional ingresado con calzador no mesmo pese a estar contrastada o seu parcialidade por producirse reiteradamente como un hooligan do partido que monopoliza coa súa maioría as institucións, ata quen o preside , militante de carné do mesmo partido ata antonte. Curiosamente non sentiuse obrigado a citalo cando  valorábase a súa idoneidade. E con el no peto, pronunciouse en temas espiñentos. Por certo os regulamentos dese partido, –niso difire pouco dos demais- obrigan aos seus militantes a seguir as directrices do mesmo e defender a política fixada polos seus dirixentes. Curiosa garantía de imparcialidade.

O Alto Comisionado desta Marca en horas baixas, o Sr. Marqués de Valtierra, D. Carlos Espinosa de los Monteros y Bernaldo de Quirós, de nome sonoro pero de escasa colleita neste encargo, esta convencido que a corrupción non afecta ao seu produto, apoiándose nunha intervención ante o auditorio do Forum Europa cunha manifestación do tenor, “hai corrupción en todo o mundo, como mostran Francia Alemaña ou Italia…”sic. Acouga sabelo. E ao fío do seu doto criterio puidese ser outro atractivo a publicitar, unha materia na que hai recoñecida experiencia.

A prudencia, incluso o pudor, recomendaría que antes de vender unha casa que presenta innumerables goteiras, pintura esfarelada, un teito que apodrece, fixésese algo por arrombala e poñela en orde. Quizais determinando a honorabilidade do Presidente do goberno. Ou poñendo mesura na pouca edificante actuación da xefatura do estado e achegados. Freando a desmedida orxía de sectarismo coa que o partido no poder rega todos os espazos da convivencia civil do país retrotraéndoo, polo menos intentándoo con innegable entusiasmo, aos anos sesenta do pasado século. Ou poñendo en valor o verbo dimitir, algo tan hixiénico nun sistema que se presupón con boa vontade, democrático.

A marca España?…Mellor debese dicirse a España marcada.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

El año más corto – José María Barja Pérez

José María Barja Pérez

Incluso para los anglosajones cultos es poco conocido que el año 1751 fue el más corto de su historia, seguido por el año 1752 que, aunque bisiesto, solo tuvo 355 días. Como se detalla en www.cslib.org/CalendarChange.htm, un acta del Parlamento inglés de 1750 determinó que no sólo había que abandonar el viejo calendario juliano para adoptar el New Style (eufemismo para el papista calendario gregoriano), sino también fijó el comienzo del año como hacía el resto del mundo, el 1/enero en lugar del 25/marzo Lady Day (la Anunciación).

Nos sigue sorprendiendo que durante 170 años la fecha a uno y otro lado del Canal de la Mancha fuese diferente en 10 días e incluso, entre el 1/enero y el 25/marzo, difiriese en el número del año. Aunque trataban de aliviarlo poniendo una “fecha doble”, cuesta entender como en las relaciones comerciales lograban comunicar que, por ejemplo, la fecha March 22, 1631/2 correspondía al 1/abril/1632.

Datos:

•     La revista Investigación y Ciencia de este mes de julio/2013 incluye un artículo «Thomas Bayes y las sutileza de la estadística» en donde, al estudiar la lápida de su tumba que refleja que murió el 7/abril/1761 a los 59 años, trata de calcular cual fue su año de nacimiento dado que fue contemporaneo de ese cambio de calendario en all his Majesty’s British dominions.

•     Es todavía aleccionador el Calendar (New Style) Act 1750 sobre los detalles del nuevo calendario (www.legislation.gov.uk/apgb/Geo2/24/23/contents), comenzando por su subtí-tulo «An Act for regulating the Commencement of the Year, and for correcting the Calendar now in use». Por ejemplo expone la necesidad del cambio por el desfase evidente en la fecha de la Pascua, calculada según la regla incluida en el Book of Common Prayer of the Church of England, e incluye tablas para su cálculo desde el 1800 hasta 8500 y más allá.

•     También detalladamente explica que 1800, 1900, 2100, 2200, 2300 y «any other hundredth years of our Lord which shall happen in time to come, except only every fourth hundredth year of our Lord» no serán bisiestos, pero sí lo serán 2000, 2400, 2800 y «and every other fourth hundredth year of our Lord from the said year of our Lord two thousand inclusive».

•     El primer cambio en el calendario del Reino Unido y sus colonias se produce en 1751, que se inició el 25/marzo y en el cual al 31/diciembre le siguió el 1/enero/1752; así ese año duró 282 días. A su vez en el año bisiesto 1752, al miércoles 2/septiembre le siguió el jueves 14/septiembre, con lo cual su duración fue de 355 días.

•     Un vestigio de la antigua fecha de inicio de año se conserva en el Reino Udido: el año fiscal para los contribuyentes individuales comienza el 6/abril, esto es, el Lady Day ajustado por los días eliminados en el cambio de calendario.

•    En una interesante web dedicada a Rusia se incluye una página dedicada a explicar el oxímoron Antiguo Año Nuevo (russiapedia.rt.com/of-russian-origin/old-style-and-new-style/) que, aunque no es oficial, celebran muchos rusos el 13/enero de cada año desde 1918. Lo que recuerda es el antiguo calendario juliano que, en el uso civil fue reemplazado ese año por el gregoriano, pero continúa siendo empleado por las iglesias ortodoxas rusa y griega (de hecho Grecia no adoptó el New Style hasta 1923).

•    En el reciente tricentenario de la firma del tratado de Utrech entre España y el Reino Unido no fue debatida la fecha del documento, 13/julio/1713. Un simple vistazo a la Wikipedia (en.wikipedia.org/wiki/Treaty_of_Utrecht) muestra que las confusiones de fechas siguen presentes: aparece como fecha de firma el 11/abril (que corresponde al tratado entre Reino Unido y Francia) aunque incluye una imagen de la portada de una edición en latín e inglés del tratado. Ahí se dice que fue «Concluded at Utrecht the 2 / 13 Day of July, 1713», lo cual es un buen ejemplo de como se escribía una fecha simultáneamente en Old / New Style.

El 25/julio, oficialmente Día Nacional de Galicia (recogiendo el Día da Patria que en 1920 proclamaron las Irmandades da Fala) se realiza el Voto de Santiago, desde su renovación por el rey Felipe IV en 1643 (abolido en 1808 por el Estatuto de Bayona). El 26/julio en Haití es Gran’Délai et Gran’Aloumandia (una fiesta del culto vudú, asociado a Santa Ana); en Cuba, Día de la Rebeldía Nacional, recordando el asalto al Cuartel de Moncada en 1953; además es el Día de la Independencia en Liberia (1847) e Islas Maldivas (1965). Como cuarto domingo de julio, el 28/julio es Parent’s Day; además es el Día de las Instituciones en Cantabria (constitución de la Provincia de Cantabria por la unión de los Nueve Valles en 1778) y es en Perú, Día de la Independencia (1821). El 30/julio es la fiesta nacional en Marruecos, Fiesta del Trono (ocupado desde 1999 por Mohamed VI) y en Vanuatu celebran su Día de la Independencia (1980). Aún al terminar julio/2013, al mes de Ramadán/1434 le quedan siete días más.

Publicado en AUTORES, José María Barja Pérez | Deja un comentario

Control dos cidadáns e protección ás multinacionais – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Un leve efectos colateral das revelacións de Edward Snowden, sobre a trama de espionaxe xeral que ten montado Estados Unidos en todo o mundo, é esa tímida resistencia que está a escenificar a Unión Europea para que as normas que está a elaborar sobre intimidade e protección de datos non se vexan invadidas polo que se lexisla sobre esta materia desde Washington con carácter universal. A capacidade da espionaxe estadounidense xa tiveron ocasión de comprobala as autoridades comunitarias bastante antes de que se produciran as filtracións de Snowden. As primeiras presións para que esas normas non dificultasen o fluxo de datos europeos cara aos servizos secretos norteamericanos comezaron a recibilas hai un par de anos, cando as intencións europeas aínda non eran públicas e as futuras normas comunitarias sobre protección de datos non pasaban de ser un primeiro borrador de suxestións que só se coñecía nunha dirección xeral.
E da capacidade de presión estadounidense da fe o feito de que esa normativa aínda non estea rematada e de que se dubide que se poida rematar nesta lexislatura do Parlamento Europeo (que acaba na próxima primavera). Por suposto, todo o debate sobre qué datos, e de quen, poden ser intercambiados transcorre na maior discreción, por non dicir secretismo. O do intercambio é unha maneira de falar, claro, porque todo o mundo está convencido que ese fluxo de información vai circular basicamente nunha soa dirección.
A maior parte deses datos son facilitados voluntariamente –e podería dicirse que alegremente– polos usuarios das redes sociais, por exemplo. Estes mecanismos plasman en rexistros informáticos as relacións persoais e de grupo que se manteñen mediante comunicacións públicas e privadas (os correos electrónicos, en principio e teoricamente, deben rexerse polos mesmos criterios de inviolabilidade que a correspondencia convencional, pero cada vez temos máis sospeitas de que son violados continuamente). Entre iso e as chamadas cámaras de seguridade en establecementos e espazos públicos, a intimidade persoal apenas pode manterse no domicilio particular (e sen asomarse moito a fiestras e terrazas: sempre pode haber un satélite ao axexo).


Baixo a cobertura da loita contra o terrorismo internacional, o goberno de Estados Unidos conseguiu que as grandes corporacións que controlan o negocio das comunicacións electrónicas poñan á súa disposición os seus rexistros para o control indiscriminado de todos os usuarios en todo o mundo (mentres lles permiten, por certo, xogar ao escondedoiro cos seus beneficios en paraísos fiscais).
Precisamente para o que parece que non teñen tanto poder, ou non queren exercelo, é para controlar certos movementos de capitais, eses intercambios de informacións fiscais aos que se refiren como urxentes e necesarios os gobernantes do G-8 e do G-20, de xeito ritual, nas reunións celebradas desde o principio da crise. Cinco anos despois, aínda non tomaron medidas verdadeiramente eficaces para espiar e controlar as evasións sistemáticas de impostos por parte das multinacionais. Quizais porque, en realidade, esas evasións se producen a través de mecanismos legais que eses gobernos hipócritas puxeron hai tempo á súa disposición.


Teñen á maioría dos cidadáns sometidos a control, nos seus movementos persoais e nas súas restricións económicas. Respectan e protexen ás grandes corporacións, que participan ou szed benefician dese control (ou ambas cousas). De vez en cando, como nas reunións dos “G” ou nesas resistencias retóricas europeas ás esixencias estadounidenses, disimulan un pouco. E de vez en cando, un espía arrepentido como Snowden (como un heroico Bradley Manning, o soldado que se está a xogar a vida por difundir as barbaridades das tropas estadounidenses nos territorios que “liberaban”) levanta un pouco as alfombras que esconden o lixo. Taparse o nariz non debería ser suficiente para superar a degradación que avanza.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario