Incompetencia, ridículo e cinismo – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Cando subiu o IVE, o ano pasado, o ministro de Facenda comentou que o imposto sobre o valor engadido se paga pouco en España, e que, se o pagasen todos os que o deben pagar, non faría falta subilo. Toda unha demostración de incompetencia ministerial: en vez de perseguir aos defraudadores, aumentar a cota dos contribuíntes que cumpren coas súa obrigacións fiscais.

Outra vez, cando lle interpelaron no parlamento en relación cos informes anónimos que acusaban ao presidente catalán Mas e á familia do ex presidente catalán Pujol de sacar diñeiro de España de xeito irregular, contestaba con ironía que os que tiñan que dar explicacións eran os que tiñan contas en Suíza. Isto era antes de descubrirse que o ex tesoureiro do PP tiña 22 millóns de euros nunha conta no país helvético, fortuna amasada nos tempos nos que manexaba os diñeiros do partido actualmente no goberno: desde que transcenderon as andanzas financeiras de Bárcenas, Montoro non volveu utilizar a ironía sobre as contas en bancos suízos.

Agora, como reacción ridícula contra as críticas que se deslizaron na gala de entrega dos premios Goya do cine español, acusa, xenericamente, a algúns dos actores españois famosos de non pagar os seus impostos en España. Como no caso anterior, aproveita para engadir que, se eses actores pagasen aquí, as bases impoñíbeis e a recadación serían máis amplas (outra vez o castigo aos que cumpren, mentres os defraudadores seguen libres, a pesar de que o ministro, polo que di, debe de saber quen son os que defraudan).

Hai que desenvolver un certo nivel de cinismo para facer ese tipo de insinuacións, no medio da lameira na que se move o partido do goberno, e facelas desde o posto de ministro de Facenda. A interpelación é simple e directa: se ten coñecemento dese tipo de fraudes, a súa obrigación é perseguilos, antes de lanzalos como armas de insinuación masiva. E se non os persegue, unha de dúas: ou acusa en falso e sen probas ou é cómplice dos fraudes.

Seguramente que hai actores que defraudan ou que teñen o seu domicilio fiscal fora de España (isto último non é necesariamente delito, sempre que se cumpran as condicións de domicilio real), como hai deportistas, cantantes, banqueiros e ate tesoureiros do Partido Popular, pero nada diso invalida o dereito de calquera actor, deportista e ate banqueiro a expresar as súas opinións críticas sobre as actuacións do goberno.

E se a Maribel Verdú se lle critica que lamente agora os desafiuzamentos porque noutro tempo fixo publicidade de préstamos hipotecarios, cánto temos que criticar a Montoro e ao resto do goberno (Rajoy en primeiro lugar) por cumprir nestes momentos iso que chaman o seu “deber” despois de ter despregado no seu día unha propaganda electoral en sentido totalmente contrario.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario

Decálogo do bo cidadán – Paloma Díaz Andina

Paloma Díaz Andina

1. Que ninguén se atreva a pensar libremente, ou pode aniñar nel a incómoda dúbida.

2. Que ninguén vindique dereitos, non vaia socavar os cimentos do poder absoluto.


3. Que ninguén se doa do mal alleo, non vaia perturbar a súa estabilidade baleira.


4. Que ninguén reflexione, non vaia concluír que estamos inmersos na estupidez.


5. Que ninguén se resista ao conformismo instaurado, non vaia ser deportado ao illamento. 

6. Que ninguén abra os ollos, non vaia ver o que non lles convén aos amos do mundo.

7. Que ninguén viva dignamente sen cartos, non vaia ofender ás clases privilexiadas.

8. Que ninguén morra dignamente, non vaia ser condenado ao outro inferno, o de alén.

9. Que ninguén respire, mire, fale, coma o durma sen permiso da autoridade incompetente.

10. Que ninguén se mova, non vaia ser que algo cambie na nosa conciencia e na de todos.

Publicado en AUTORES, Paloma Díaz Andina | Deja un comentario

Este goberno (PP) prexudica seriamente a saúde (cívica) – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Dentro das moreas de indignadas batas brancas que asolagan de xeito regular as rúas das principais cidades españolas é moi habitual ollar algunha pancarta que parodia a recomendación escrita nos paquetes de tabaco, “este goberno prexudica seriamente a saúde”.

Si atémonos ao que sucede cunha velocidade vertixinosa no cotián, non parece arriscado concordar con tal parecer ampliando as reivindicacións estritamente sanitarias á consideración da saúde no sentido cívico. É triste privilexio do goberno conservador, pese a seguir facendo uso máis aló do xuizoso como corta-lumes, o mantra da herdanza recibida, amosar tras 14 meses un labor con graves lagoas para o interese común e un catalogo de improvisacións, (o Goberno de España enuméraas con certa indulxencia como medidas), que comprometen seriamente o interese colectivo a medio e longo prazo.

A credibilidade da clase política afundiuse aceleradamente neste último ano agudizando a tendencia que viña arrastrándose nas enquisas desde fai varios. Outro tanto pasou co deterioro da calidade de vida cidadá, coa degradación dos dereitos sociais e civís e coas reversións espectaculares en políticas  sensibles, educación sanidade ou servizos sociais. O goberno  que preside o Sr. Rajoy violentou a vida dos españois coa escusa excepcional de inevitables esforzos para saír dun burato, orquestrado na distancia por quen ao cabo só beneficios sacan do mesmo, e para o que  incumpriu da á z o seu programa, arrasando calquera vestixio de benestar. O excepcional converteuse nun autentico estado de excepción económico. Baixo o seu imperio ninguén ergue xa cabeza. Pese a iso, sen  o menor recato pontifica bondades que farán que o modo de vida sexa mellor, (?). Mentres, albisca brotes verdes ou luces ao final do túnel cada semana…Desvaríos de frívolo optimismo que ferozmente censurou, e non sen razón, ao seu antecesor.

Todo iso seguindo de forma acrítica as directrices (mandatos inapelables)  chegadas dunha Europa liderada por unha Chanceller escasamente dúctil. Encirrada na gobernación dunha Alemaña que aparenta querer volver ao seu talante estreito e vehemente de tempos pasados. Quizais para facer valer en todo o seu esplendor a súa reunificada soberanía, emancipada de tutélalas soportadas trala derrota do nazismo. O Sr. Rajoy obnubilado polo déficit como único elemento de actuación para satisfacer á cada vez máis voraz lideresa alemá, esquece que durante o seu ano e pico de mandato esta enviando ao país aos niveis dos anos 70 do pasado século, con emigración incluída, mentres a brecha é brutal entre as rendas saneadas e as deficitarias alcanzando cotas inimaxinables e impropias de tantos anos de esforzo de nivelación.

Na súa perigosa miopía o goberno conservador non parece tomar conta cabal da realidade na que se proxecta.  Entusiasmado polo simple, véndose a si mesmo e os seus ouropeis, atende as súas prioridades ideolóxicas e as súas servidumes liquidadas con recortes inhumanos e rescates bancarios. Pero descoñece o pulso real do país. Pese a que incéndiase a contestación nas rúas, na súa insensibilidade ou cegueira só reaccionan a remolque de momentos puntuais cando estes  fanse insoportables, caso da Iniciativa Popular debatida no Congreso e onde non semella ousado pensar que a toma en consideración viuse influída en ultima instancia  polo bociñazo tráxico dun dobre suicidio ese mesmo día provocado por un dasafiuzamento. Só en tales circunstancias asoman a cabeza de debaixo da súa maioría arrogante. A corrupción que indigna transversalmente a todo o país, tamén aparenta afectar á Presidencia, aínda que a súa honorabilidade presupónselle. Unha Presidencia incapaz de poñer orde nos comportamentos dalgúns dos seus ministros, do partido que dirixe e de determinados funcionarios do mesmo que todo apunta seriamente comprometidos en tramas moi pouco edificantes  que afectan á vida da formación que apoia o goberno. Todo iso, grave motivo de escándalo internacional, e reflectido na prensa mundial con evidente  menoscabo dos intereses de España.

Só anda áxil o goberno conservador no indulto a personaxes cuxos antecedentes inducen a colosais dúbidas. E para  acalar o descomunal escándalo que acompaña tales actos, de mala gana accede a non penar a unha coitada, que aburada por necesidade extrema, realiza un acto ilegal por menos de 190 euros. Pero obstinase en manter pechado a un mozo vigués facendo oídos xordos a todas as peticións que avalan a súa rehabilitación e integración na sociedade e cuxo delito, fai anos, foi haber trapicheado uns gramos de heroína. Menos mal, que segundo o Xefe do Estado a xustiza é igual para todos neste país como moi ben pode acreditar Dona Cristina de Borbón.

Quizais o clamor das batas brancas polas rúas españolas, “este goberno prexudica seriamente a saúde” en sentido amplo, lamentablemente non ande moi desencamiñado…

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

No estamos en crisis, es el final de un sistema – Isidoro Gracia

Isidoro Gracia

Se ha sostenido por múltiples teóricos que cada sistema de producción lleva en su seno la semilla del que lo sustituirá. El actual sistema capitalista ha ido pasando forma periódica  y recurrente por crisis cíclicas, que, simplificando mucho, se han superado mediante el aumento de la producción y la base de los posibles consumidores de esa producción, sean estos individuos o estados. Como en el fondo las crisis son  financieras, y esta en especial mucho más, los nuevos crecimientos se consiguen mediante el endeudamiento de casi todos los actores, extrayendo recursos financieros de la economía real, para llevarlos a las entidades e individuos que juegan el papel de la cúspide de acumuladores, que forman parte de la propia identidad del sistema.

Fue uno de los próceres del capitalismo, Ford, el que fijó el punto de equilibrio del sistema: se tenían que producir coches lo suficientemente accesibles para que sus propios trabajadores los adquirieran con su salario. Ese punto de equilibrio ha sido ampliamente superado, la espiral de endeudamiento, que se resuelve endeudándose más, ha llegado al punto en que casi nadie, ni individuo ni estado, puede pagar. La mercancía producida, la mayor parte solo financiera y mucha otra superflua no puede colocarse, por lo que los acumuladores y detentadores de riqueza ya no consiguen los beneficios que ellos mismos de marcan. Por ello se acude a esquilmar al ciudadano restándole en sus ingresos directos (salario y derechos laborales) en su retribución social (educación, sanidad, servicios sociales) e incluso en su capacidad de autogobierno (calidad democrática).

El sistema de producción al que sustituyó en capitalismo colapsó cuando las apetencias de la clase dominante, la aristocracia, la llevaron a presionar tanto a sus siervos, sobre todo campesinos, que estos de rebelaron contra esa presión insoportable.


Cuando hasta algunos de los gobernantes más genuinamente conservadores aceptan establecer una tasa a las transacciones financieras (acuerdo de 11 países de la UE), comienzan el discurso de combatir los paraísos fiscales (últimas reuniones del G8 y del G20) y en la ONU hay Comisiones y Conferencias que declaran: “los alimentos han de ser declarados bien público y su precio fijado por negociaciones entre países productores y países consumidores”, es posible que estén detectando que el sistema ya no aguanta más.
Queda saber por cuánto tiempo podrán parar, o ralentizar, el proceso las grandes corporaciones multinacionales, instrumento principal de especuladores y acumuladores, y cuando los dirigentes dejaran de poder canalizar la indignación de sus administrados.

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Deja un comentario

Cadernos da viaxe – Xoán Antón Pérez-Lema

Xoán Antón Pérez-Lema

PREVIRMOS A CORRUPCIÓN.

Hai anos que Carlos Varela, Fiscal Superior de Galicia, chama á atención da Xunta e do Parlamento sobre da necesidade de dotarmos de instrumentos para previrmos a corrupción, como aconsellan tamén dende a organización “Transparencia Internacional” ou mesmo dende grupos de traballo do propio Consello de Europa. Velaí o exemplo portugués, que creou o Consello de Prevención da Corrupción no 2008.

Mais as sucesivas Memorías da Fiscalía foron acollidas só con boas `palabras por parte de todos os partidos con representación parlamentaria, sen que ninguén fixese uso de cadansúa iniciativa lexislativa para transladar á lexislación galega as recomendacións da Fiscalía Superior galega e  destas institucións internacionais. Semella que a algúns non lles interesa e aos outros non lles semella importante, quizais por pensar que a corrupción é consubstancial ao sistema.

Semella que este baleiro normativo encherase no futuro, xa que o sábado foi presentada no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular, que será debatida aló por primeiros de verán, sempre que os seus promotores, pertencentes á dirección nacional do partido Compromiso por Galicia (CxG), sexan quén de acadar as 15.000 sinaturas que esixe o Dereito galego para que esta caste de iniciativas poida chegar ao debate no Pleno do Parlamento.

A nova proposta lexislativa introduce a limitación a dous mandatos dos cargos públicos en Galicia, xunto coa obrigatoriedade da declaración anual de bens e intereses de todos os cargos públicos e representativos e a implantación dun referendo revogatorio á metade da lexislatura no que a cidadanía podería revogar o mandato conferido dous anos antes. Tamén se recollen limitacións de contía máximas na acumulación de contratos administrativos adxudicados negociadamente, isto é sen concurso ou subhasta. E proponse a creación dun Consello de Prevención da Corrupción seguindo o modelo portugués, só orientado á prevención das actividades de risco a respecto da corrupción.

As forzas políticas galegas terán, xa que logo, unha boa ocasión para demostrar que a loita contra a corrupción é para elas algo máis ca unha ladaíña. Porque a corrupción política é, xa, unha das principais preocupacións da cidadanía galega.

A ARRINCADEIRA: Non no Estado de Dereito.

Mais a loita contra a corrupción non xustifica excesos como a presentación xudicial, esposado polos pulsos, do ex-concelleiro compostelán Albino Aldrey. Non existía risco de fuga nin de agresión que xustificase este trato degradante. Suspenso para os axentes que trataron este cidadán dun xeito tan desaquelado.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

Las no resueltas cuestiones sociales y nacionales en España – Vicenç Navarro

Vicenç Navarro

Hoy España, incluyendo Catalunya, vive un momento histórico de gran agitación social. Nunca desde el inicio de la democracia se vio tanta gente (en su gran mayoría procedente de las clases populares, es decir, de las clases trabajadoras y de las clases medias) en la calle protestando por las políticas impuestas por unos gobiernos que no tienen mandato popular (pues no estaban en sus programas electorales) para realizarlas. Tales políticas son un ataque frontal —con sus recortes de derechos laborales y sociales— al Estado del Bienestar en España, incluyendo Catalunya. Existe hoy un sentimiento generalizado de hartazgo hacia los establishments políticos y mediáticos que han estado gobernando este país y que han perdido toda la legitimidad (los primeros) y credibilidad (los segundos) debido a su aprobación y promoción de tales políticas.

El grado de desaprobación de estas políticas es enorme, la impopularidad de la clase política gobernante es elevadísima y el desapego hacia las instituciones mal llamadas representativas es generalizado. Nunca antes, desde que se estableció la democracia en España, tales instituciones habían sido tan cuestionadas. Y este cuestionamiento deriva de una preocupación ampliamente compartida entre las clases populares de que estas instituciones llamadas representativas no están en realidad representando sus intereses. El famoso eslogan del movimiento 15-M “No nos representan” tiene gran resonancia entre las clases populares. La distancia entre lo que la población desea y lo que sus representantes en las Cortes Generales o en el Parlament aprueban ha alcanzado unas dimensiones más que preocupantes. De ahí que la protesta de los gobernados frente a los gobernantes surja de un compromiso profundamente democrático. La mayoría de la población cree que las instituciones representativas no son ni suficientemente representativas ni democráticas. Y la evidencia que avala tal preocupación es sólida y robusta. No hay ninguna duda de que la población lleva razón. De ahí que la gente esté en la calle. La agitación social es la respuesta diaria a esta situación.

Este hartazgo se ha presentado no sólo a nivel social, sino también, en el caso de Catalunya, nacional. Una parte creciente de la población, incluyendo sectores importantes de las clases populares, ha expresado su hartazgo hacia el establishment español, basado en Madrid, que, a través de varias intervenciones (tales como la nefasta decisión del Tribunal Constitucional sobre el Estatuto de Catalunya), ha fomentado una protesta que demanda que sea la nación catalana la que decida sobre su futuro, cansada ya de la insensibilidad del Estado central español, basado en Madrid, hacia la realidad de que España es una entidad plurinacional.

El porqué de esta agitación social y nacional

Un análisis no idealizado de nuestra historia señala claramente las raíces de estos problemas. Una de ellas ocurrió en los años treinta. Fue durante la II República cuando hubo un intento serio de hacer las reformas sociales y del carácter del Estado español para iniciar las transformaciones profundas que España requería. El dirigente obrero catalán el Noi del Sucre, en un discurso en Madrid, lo dijo claramente cuando acentuó que la lucha social y la nacional están entrelazadas, exigiendo reformas en ambos frentes. El golpe fascista de 1936 tenía como objetivo, precisamente, parar y retroceder en estas reformas, lo cual hizo con una brutalidad sin precedentes en la historia de Europa de aquel periodo. Incluso los agentes de represión nazi se sorprendieron de tanta crueldad. Era el intento de los poderes económicos, financieros, religiosos y militares que siempre han dominado la historia de España, incluyendo Catalunya, de no perder sus privilegios. Fue una lucha de clases, realizada primordialmente por la burguesía en contra de la clase obrera, encaminada a eliminar físicamente a toda voz crítica y a sembrar el miedo (que, por cierto, todavía continúa) entre las clases populares.

Pero, además de una guerra de clases, fue una lucha para eliminar las naciones catalana y vasca, realidad que no se reconoce todavía hoy. El sueño de aquel régimen fue eliminar tales naciones, convirtiéndolas en regiones de España. Recordaré siempre cuando las tropas fascistas (que para mayor ofensa se autodefinían como nacionales) entraron en el pueblo donde mis hermanos y yo estábamos con mi madre (mi padre estaba en el frente, defendiendo la República española) y mataron a diestro y siniestro, con un odio hacia lo catalán. Esto no se conoce o entiende y, todavía menos, se siente, en la mayor parte de España.

La dictadura fue una dictadura sobre todo de clase, pero también de nación. En Catalunya, la burguesía, incluida la nacionalista, apoyó el golpe fascista, tal como el Noi del Sucre había profetizado, y la clase burguesa catalana, incluyendo la nacionalista, se benefició de la dictadura. Los sectores realmente dañados por tal dictadura fueron las clases populares.

La transición inmodélica

El segundo momento histórico fue la transición que se hizo en condiciones muy favorables a la Nomenclatura del Estado dictatorial y de las fuerzas conservadoras que controlaban, además del Estado, los instrumentos de formación ideológica, desde las escuelas y universidades a los medios de mayor difusión. Las izquierdas, sin embargo, que lideraron a las fuerzas democráticas, acababan de salir de la cárcel, de la clandestinidad o del exilio. No era una situación equilibrada ni de lejos. Era profundamente desigual. Y aún cuando la dictadura murió, como resultado de una enorme agitación social (España vio en aquel periodo el mayor número de huelgas existente en Europa), esta agitación liderada por el movimiento obrero no tuvo la suficiente fuerza como para romper con el Estado anterior. Su dimensión política –los partidos políticos de izquierda- tenía muy poco poder.

Fue, pues, una transición que reflejaba un enorme desequilibrio de fuerzas. El producto final (desde la Constitución a las leyes electorales) refleja este desequilibrio, pues la democracia que la transición estableció es una democracia enormemente sesgada, insuficiente y de baja calidad. Desde la elevada corrupción (“no hay pan para tanto chorizo”) hasta la limitadísima diversidad ideológica de los medios (con clara discriminación a las izquierdas) muestran esta realidad.

Es profundamente erróneo, por lo tanto, mantener el respeto a la Constitución que detecto en amplios sectores, incluso de las izquierdas. Tal Constitución tiene un escasísimo contenido social y participativo. Y no reconoce (por mucho que se diga) la plurinacionalidad de España. No permite una plena participación de la ciudadanía en la gobernanza del país, ni permite tampoco el derecho a la autodeterminación de las naciones catalana y vasca. Hoy los referéndums de todo tipo (a nivel autonómico y local) ni existen ni se les espera. Y la legítima demanda de Catalunya de autodeterminación ha causado una gran hostilidad (como era predecible) en el establishment español (centrado en Madrid). Las izquierdas en Catalunya y en España (incluyendo, por cierto, el PSOE) siempre reconocieron el derecho de autodeterminación de Catalunya. ¿Dónde está hoy esa izquierda?

Autodeterminación no es independencia

Autodeterminación es la potestad de la población en una nación de determinar su propio presente y futuro. Tal derecho es inherente en la cultura democrática de un país y nación. Y en esta decisión puede incluirse, entre otras alternativas, el derecho de independizarse y escindirse, si así se desea, del resto de España, realidad que hoy, constitucionalmente, no puede ocurrir. De ahí que recurrir a la legalidad como condición indispensable para que pueda llevarse a cabo una reforma que permita esta alternativa sea imposible con la presente Constitución, resultado de la transición inmodélica.

Por otra parte, las propuestas iniciales de CiU y ERC, hechas hace unas semanas, llamando a la autodeterminación eran claramente una llamada a la independencia, lo cual disminuye la posibilidad de conseguir una amplia mayoría en Catalunya a favor de la autodeterminación, que es el principio fundamental para que Catalunya pueda afianzarse como nación. Tal autodeterminación es clave para conseguir la identificación como nación. De ahí que deba realizarse, ya sea legal o ilegalmente. La desobediencia civil, por cierto, es parte del proceso democrático. Los negros de EEUU irían, todavía hoy, en el fondo del autobús si no hubiera habido una campaña masiva de desobediencia civil.

Como ejercicio del derecho a la autodeterminación, hay que incluir la selección de varias alternativas, siendo una de ellas la independencia. Y hasta que no se permita el ejercicio de la autodeterminación, no se sabrá si la población catalana desea o no la independencia. El hecho de que se diga que un millón y medio de catalanes salieron a la calle no puede considerarse que sea la prueba de que el pueblo catalán quiera la independencia, por mucho que la televisión pública de la Generalitat, instrumentalizada por CiU, lo afirmara antes, durante y después de la manifestación del 11 de septiembre. Sin ninguna promoción en tales medios (en realidad, con su gran hostilidad), hubo meses antes una manifestación organizada por el movimiento 15-M, que también llenó las calles de Barcelona. Catalunya y Barcelona, como rasgo de su carácter nacional, siempre han salido a la calle siguiendo su conciencia cívica y democrática, de una forma pacífica y con ánimo festivo.

No trivializo la marcha del 11 de septiembre, ni idealizo la marcha del 15-M. Pero la mejor expresión de lo que la ciudadanía desea es a través de las urnas y en un proceso competitivo que debe incluir una exposición abierta y plural por parte de los medios. La democracia no funciona sin pluralidad mediática. Y hay muy poca pluralidad mediática en Catalunya y en España hoy. Y hasta ahora nadie sabe qué es lo que la ciudadanía desea. Las encuestas (del signo que sean), como los medios, están claramente instrumentalizadas en nuestro país. Es el voto, lo que cuenta.

No se acepta la plurinacionalidad del Estado español

Muchas voces en España han indicado que la independencia debe ser votada por todos los españoles. Me sorprende que voces de izquierda se hayan añadido a esta petición. Será el pueblo catalán, si se le permite que se exprese, el que tendrá que opinar. Y si opina que quiere escindirse, tendrá que negociar con el Estado español las condiciones de su salida, teniéndose que refrendar estas condiciones a nivel de España. Pero me parece una negación del carácter plurinacional que a una nación se le prohíba, por la entidad a la que hasta ahora pertenece, que pueda ejercer su derecho de autodeterminación. Ni que decir tiene que si Catalunya, en el ejercicio libre de su voluntad, deseara separarse de España, ello ocurriría tras una previa negociación. Pero supeditar a la aprobación de toda España el derecho a decidir y, si se escoge, a escindirse, es llevar a un conflicto eterno pues, si España decidiese en contra y Catalunya a favor, se crearían las bases para un conflicto civil de gran hostilidad de amplia envergadura que se resolvería por las fuerzas armadas del Estado español, como siempre ha ocurrido.

Escribo estas líneas desde el punto de vista favorable a la autodeterminación tal como las izquierdas, tanto catalanas como españolas, siempre han favorecido. Y por mera coherencia democrática, exigiría que la independencia fuera una de las alternativas, sin necesidad de aclarar o supeditar tal independencia a su permanencia en la Eurozona, Unión Europea o lo que fuera. Yo no votaría por la independencia, pues me siento, además de catalán, español. Y he dado amplia prueba de ello a lo largo de mi existencia. Pero que el voto independentista crezca, depende primordialmente del resto de España. La negación de la autodeterminación llevará sin ninguna duda al deseo de independencia. Cuantas más voces se opongan a la autodeterminación y cuantas más voces insistan en que tiene que ser toda España la que vote sobre si Catalunya puede o no ser independiente, más amplio será el apoyo al independentismo. La falta de aceptación de la plurinacionalidad de España es la mayor causa del independentismo.

El error de las izquierdas (incluidas las catalanas)

En un momento único de la historia de España en que hay una gran agitación en la calle a lo largo de todo el territorio español en contra del establishment español centrado en Madrid existe un gran peligro de que existan estas divisiones entre las fuerzas democráticas anti-establishment. Las existentes en Catalunya deberían concienciarse de que, sin la complicidad de las fuerzas españolas alternativas a las del establishment español, les será más difícil poder alcanzar la autodeterminación, y todavía más, la independencia. Ahora, más que nunca, es importante descubrir los muchos elementos de comunalidad entre los movimientos anti-establishment, tanto de carácter social como nacional. Fue el Noi del Sucre el que llamó a todos los pueblos y naciones de España a rebelarse frente a las alianzas de las clases dominantes a los dos lados del Ebro. No establecer lazos de complicidad, e incluso fraternidad, en los movimientos antiestablishment a los dos lados del Ebro en este periodo, es un error histórico que dificultará la realización de la democracia también a los dos lados del Ebro.

Publicado en AUTORES, Vincenç Navarro | Deja un comentario