CALENDARIOS ELECTORALES EN 2023.-José María Barja Pérez*

 Aún sin haber llegado a la mitad del año 2022, ya se habla de las elecciones a celebrar en 2023. La Ley Orgánica 8/1991 (punto15.2) fija que, en un año cuyo número dividido por 4 tenga resto 3, habrá  elecciones locales y autonó­micas (ex­cepto en Galicia, País Vasco, Cataluña y Andalucía). Y de­ben cele­brarse el “cuarto domingo de mayo” (no el último, distinción importante pues podría ha­ber cin­co domin­gos en ese mes de 31 días, como ya ocurrió en 1999, 2011 y 2015). Ese algo­ritmo también fue aplica­do en 2019 a las eleccio­nes al Parlamento euro­peo que, como ellas se cele­bran cada cinco años, coin­ciden ambas cada 20 años.

    Pero asimismo las elecciones generales (al Congreso de los Diputados y al Senado) deben celebrarse antes de que transcurran cuatro años de las últimas, que fueron el 10/noviembre/2019 (las anteriores habían sido el 28/abril de ese mismo año). Lo cual da como fecha tope para las próxi­mas el domingo 10/diciembre; dado que en 2023 el largo “puente de la Constitu­ción” termina ese día, habrá que considerar el domingo anterior como límite extremo.

    Además hay fiestas movibles en el calendario que empleamos (mal llamado “usual”, en vez de gregoriano, pues no es el que usan más personas en el mundo). La fecha de la Pascua (fijada por el cálculo eclesiástico) determina al­gunas fiestas (como el Martes de Antroido, 21/febrero/2023, siendo la Sema­na Santa del 6-9/abril) que también deben considerarse en los cálculos políti­cos. Una vez más algo de matemática cotidiana tendrá que ser empleada, jun­to a consideraciones sociológicas, para determinar un inmediato futuro políti­co.

  • En 2023 la Feria de Sevilla se iniciará el 24/abril, dos semanas después de Semana San­ta. A su vez el Rocio será el lunes 29/mayo, justo tras las elecciones municipales y las de las autonomias “no históricas.”
  • La Ley Orgánica del Régimen Electoral General, en su artículo 42, fija para las elec­ciones generales un intervalo de 54-60 días entre la fecha de convocatoria y la fecha de la elección, con una campaña elec­toral de quince días.
  • El uso de la matemática cotidiana es útil en las valoraciones de aspectos y propiedades. Se examinaba la potencia de Rusia resaltando que su población era de 146 millones (9º país), en el país con mayor territorio: 17 millones de Km2. Pero se relativizaba cuando se compara­ba con Bangladés que tiene 179 millones de habitantes (8º) en un territorio de 144.000 Km2 (93º país), la cuarta parte del de Españ
  • *José María Barja Pérez, exrector de la UDC.
Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en CALENDARIOS ELECTORALES EN 2023.-José María Barja Pérez*

COMPROMETERMOS COA LINGUA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

Tiven a ocasión de lembrar en foros e artigos, nestas datas próximas ao Día das Letras, a importancia do factor xurídico. Porque a esixencia de remudas normativas e da reivindicación dos nosos dereitos lingúísticos haberían ser chave cara ao futuro da nosa lingua. O galego está desprotexido constitucionalmente, ao se recoñecer o deber de saber o castelán sen o correlativo de saber galego. Dende a constatación desta realidade obxectiva todos son desigualdades. Velaiquí o ecosistema xurídico que é fonte de todas as xurisprudencias minorizadoras.

          Non existe, pois unha cooficialidade en pe de igualdade. Mais si un conxunto de dereitos lingüísticos que, de se exercer por centos de milleiros, mudaría substancialmente a realidade do galego na nosa sociedade. Velaiquí algúns exemplos das posibilidades de exercicio dun compromiso cívico a prol da lingua:

i) Pedirlle aos profesionais da avogacía que defendan os nosos intereses que usen o galego na xustiza e esixan as notificacións de todas as actuacións na nosa lingua.

ii) Esixir das Administracións locais, da autonómica e da periférica do Estado (incluídas a Seguridade Social e as Axencias Tributarias todas) que se tramite o procedemento administrativo na nosa lingua.

iii) Requirir das notarías, bancos, compañías de telecomunicacións e de enerxía e aseguradoras que nos entreguen ou remesen toda a documentación contractual, informativa e de facturación en galego.

iv) Reclamar dos clubes deportivos e das asociacións culturais, veciñais, empresariais e sindicais das que facemos parte como seareiros, socios, colaboradores, etc. que usen o galego na súa sinaléctica, comunicación e documentación interna.

v) Usar sempre o galego na hostalería e comercio minorista ena Galicia. Os turistas non teñen obriga de entender o galego e é normal que mudemos de lingua, quer ao castelán, quer ao inglés ou a que sexa. Mais as persoas que traballan cara ao público si, aínda que naceran na China, Madrid ou o Perú. Quen traballa en Galicia habería de entender o galego para atender a xeito á nosa xente.

vi) Reclamar do SERGAS o uso do galego na medida do que cada quen poida. Evidentemente ninguén vai adiar unha atención médica urxente agardando por un consentimento informado en galego, mais o que cumpriría é denunciar perante a Secretaría Xeral do SERGAS calquera omisión ou vulneración dos dereitos lingüísticos.

O estatuto de cidadanía esixe nunha democracia avanzada  o exercicio cívico dos dereitos, malia que nos fagan sair da nosa zona de confort.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en COMPROMETERMOS COA LINGUA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

Como reconocer a un tirano en democracia.-José Luis Ortiz Güell

Estamos viviendo en esta Europa que vivimos unos tiempos en los que una densa nube de propaganda y de ignorancia no sólo tertuliana, algo constatable en las programaciones tanto de televisiones como en el mundo virtual de Internet, sino lo más preocupante de la ciudadanía.

Estamos rodeado de autocracias vestidas de democracia, lideradas por diferentes “caudillos” en un mundo de instituciones que han demostrado ignorancia, apatía y un exceso de buena voluntad.

Como reconocer a los tiranos en democracias es algo muy sencillo y ahora voy a dar las pautas para ello, que espero sean de interés.

  1. No se pueden predecir sus acciones y se convierten en acertijos envueltos en misterios dentro del mismo enigma.
  2. Sus pasiones suelen sedar el sentido común y la razón con una gran eficacia.
  3. Se rodean de mediocridad controlable, normalmente presuntuosa y creída de valores que no tiene y que destituye sin ningún miramiento a su antojo.
  4. Se suelen publicitar con lemas parecidos a “Yo o el caos”, en sus diferentes versiones y variantes.
  5. Se suele rodear y afianzar su poder con esas fortunas que no crean riqueza pública y que ponen sus miras en lugares como Vadus, Islas Caimán y otros paraísos fiscales.
  6. Suele ser rencorosos y hábiles manipuladores y su principal objetivo suele ser meter en cintura a sus opositores, tipos que podríamos definir como implacables, a pesar de su educación y hasta su posible encanto.
  7. Suelen ser personas con modales viriles, en el caso de los hombres, pues no conozco mujer que coincida con esos perfiles, mediocres a quienes le han caído en gracia un traje demasiado grande.
  8. Son personas que intentan a todo precio y coste evitar transmitir emociones, ni positivos, ni negativas.
  9. Suelen ser personas que les gusta jugar a mostrarse como hombres moderados y prudentes, aunque en su fuero interno son matones con delirios de mandatarios.
  10. Ante las adversidades suelen comportarse y ser verdaderos “supervivientes”.

Una vez declaradas esas características creo que pueden ir buscando a algunos dentro del panorama internacional y su elección, por supuesto será suyo yo por mi parte ya tengo una lista importante y de la que sólo y por deferencia de aquellos que lo estén leyendo aclaro. Uno de ellos es, sin ningún género de dudas V. Putin , aunque en la lista no tengo pocos , presentes y pasados. Les dejo esa labor y entrenamiento mental para su desarrollo.

.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en Como reconocer a un tirano en democracia.-José Luis Ortiz Güell

A ALTERNATIVA FRONTE AO CONTINUISMO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

A anécdota do pleno parlamentario da investidura do novo presidente deste noso país púxoa o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, proclamando presidente da Xunta ao eleito Rueda, cando esa cualidade xurídicamentee aínda precisaba do seu nomeamento polo Xefe do Estado, Maís aló dun posíbel lapsus linguae a expresión reflicte o interiorizado que temos que o proceso de elección  do Presidente da Xunta é un  asunto que só lle compete á cidadanía galega.

           Mais o interese real deste pleno parlamentario estivo no confrontamento entre o discurso continuista, de apelación á estabilidade e a unha suposta previsibilidade do novo presidente Rueda fronte á alternativa de goberno que reflectiu a voceira do BNG, Ana Pontón. A líder soberanista tivo a habilidade de xerar un auténtico debate político os dous únicos proxectos de gobernanza viábeis existentes hoxendía na Galicia. Para iso houbo mudar o guión comúnmente aceptado para esta caste de debates, priorizando a propia alternativa fronte á crítica ao programa do candidato. Velaí a incomodidade amosada por Rueda, que ficoiu moi escurecido no seu protagonismo, malia o grande favorecemento que o Regulamento do Parlamento de Galicia lle outorga ao candidato no debate de investidura, no que pode falar cando lle peta e sen límite de tempo.

           Xa que logo, os termos do debate ficaron claros: Rueda apela ao continuismo e a esa suposta estabilidade que Núñez Feijóo cre exportábel ao conxunto do Estado. Pontón apela á transformación e a unha remuda substancial das fórmulas de gobernzanza, mais dun xeito empático e tranquilo, sen rupturas.

             Velaí que este confrontamento garante centos de milleiros de seareiros para cada un dos dous relatos. As persoas que pensen que a xestión nestes trece anos foi boa ou, cando menos, discreta e aceptábel e non priorizan como obxectivos a reindustralización,  a reagrarización,  o reforzamento dos servizos públicos sanitarios, sociais e educativos estarán co PP de Rueda. E os que aposten pola alternativa con Pontón e coas demáis forzas que poden sumar canda ela e o BNG.

             Ninguén pode saber o resultado práctico para este país dun Goberno presidido por unha soberanista. É certo. Mais o que si sabemos son as resultas do programa de máis do mesmo de Rueda: empobrecemento, emigración das persoas novas avellentamento, despoboación. Menos autogoberno e menos benestar. Menos futuro e menos ilusión.

             Pontón pode facelo no 2024 se non se aparta do camiño que tracexou até de agora e segue a priorizar a amabilidade, a transversalidade, a integración, a comprensión da súa mensaxe por case todas as persoas e máis a representación e acollemento dos intereses das grandes maiorías sociais.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A ALTERNATIVA FRONTE AO CONTINUISMO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

OS IMPACTOS DUNHA GUERRA IMPREVISTA.-Xesús Veiga*

Coa guerra que se ven desenvolvendo en territorio ucraíno dende hai mais de dous meses, sucede algo semellante ao que se rexistrou coa pandemia da COVID: practicamente ninguén foi capaz de prever a existencia dunha traxedia destas dimensións neste momento histórico preciso. Unha cousa é constatar a presenza de importantes factores de tensión na zona dende 2014 e outra moi distinta é pensar nunha agresión militar directa da Federación Rusa contra Ucraína. Contemplar a posibilidade de que Putin atravesase a liña vermella da invasión dun Estado soberano, recoñecido na comunidade internacional, era algo que non figuraba nas axendas da case totalidade das institucións e chancelarías do mundo.

Como é sabido, o derrubamento da URSS a partir de 1991 alterou os equilibrios que rexeran a escena internacional despois da II Guerra Mundial. En calquera caso, o fracaso de Gorbachov no seu intento de reformar o sistema soviético non cabe atribuílo a un proxecto conspirativo especifico dos USA e da OTAN senón ao progresivo proceso de descomposición da orde económica, social e política construída nos países do leste de Europa despois do triunfo da Revolución soviética nas primeiras décadas do século XX. Gorbachov quería unha transición gradual -e a simultánea negociación dunha nova relación coas potencias occidentais- pero non foi quen de neutralizar aos sectores mais inmobilistas do aparello estatal -lémbrese a tentativa de golpe militar de agosto de 1991- e non conseguiu liderar aos segmentos que desexaban unha mudanza mais rápida e radical do chamado socialismo real.

Como en todas as guerras, a invasión de Ucraína ten provocado unha insoportábel traxedia humanitaria concretada en milleiros de vítimas civís (mortas, desaparecidas, feridas, violadas, desprazadas…). Elas son as principais damnificadas por unha decisión que tomaron as autoridades rusas sabendo as graves consecuencias destrutivas que se derivaban da mesma. Nun segundo plano de importancia -e no ámbito das consideracións sobre as relacións políticas- este conflito bélico orixina efectos moi relevantes no seo da UE e proxecta varios interrogantes no universo da esquerda ubicada fora da influenza directa dos partidos socialdemócratas tradicionais.

Tense afirmado, en diversas ocasións, que o proxecto de construción da UE primou a dimensión económica e outorgou un valor secundario á calidade democrática da arquitectura institucional comunitaria e ao establecemento dunha política exterior suficientemente autónoma a respecto do xigante militar norteamericano. Resultou moi ilustrativo o sucedido na década dos anos 90 do século pasado: mentres a vella URSS e o Pacto de Varsovia vivían un proceso de descomposición que suscitaba novas oportunidades de reconfiguración das estruturas internacionais, os Estados dominantes da CEE/UE dedicaban os maiores esforzos á creación e consolidación da unificación monetaria. A entrada en funcionamento -ao remate desa década- do euro (e a correlativa disciplina económico-financeira ditada polo Banco Central Europeo) foi a principal mensaxe emitida dende Bruxelas aos novos Estados emerxentes do centro e do leste de Europa. A carencia dunha política exterior consistente agudizou a transcendencia das políticas agresivas desenvolvidas pola Administración norteamericana en Afganistán e Iraq a partir do ano 2001.

O actual conflito en Ucraína está reforzando o papel da OTAN -obsérvese a recente petición de ingreso de dous países como Finlandia e Suecia, que se mantiveron á marxe desa alianza nos peores momentos da “guerra fría”- e, ao mesmo tempo, está debilitando a posición da UE no taboleiro internacional. Nas últimas décadas, Alemaña e Francia promoveron unhas relacións económicas e políticas con Rusia que, mais alá da satisfacción de intereses conxunturais, incrementaba o nivel de autonomía deses Estados a respecto do “amigo americano”. A ofensiva de Putin arruinou semellante posibilidade e facilitou a xustificación argumental dunha maior dependencia das decisións adoptadas en Washington ou mesmo en Londres. A reservas do que aconteza nos vindeiros meses -nomeadamente, do contido dun eventual acordo de paz- pódese afirmar que a UE vai perder peso específico -a respecto de actores como USA, Rusia e China- no inestábel equilibrio multilateral que se viña rexistrando despois dos fiascos protagonizados polos USA en Iraq e Afganistán.

Unha parte da esquerda está vivindo esta guerra cunha visíbel incomodidade e unha preocupante pasividade. Seguramente é consecuencia de que os protagonistas -directos e indirectos- desta crise bélica teñen os papeis cambiados a respecto do que se rexistrara nas últimas décadas. Agora, Rusia é a potencia invasora que violenta a legalidade internacional mentres Estado Unidos e a UE subministran axuda económica e militar ao Estado agredido. O ideario teoricamente asumido neses sectores críticos coas prácticas hexemonistas desenvolvidas nas relacións internacionais debería implicar un nidio posicionamento contrario ás políticas de Putin e a consecuente acción mobilizadora contra as mesmas. Tal actitude non significaría asumir un papel subordinado dos gobernos que manexan moitos dos fíos do poder mundial: loitar contra as decisións criminais tomadas no Kremlin non supón avalar as lóxicas pasadas e presentes da Administración norteamericana ou dos executivos de Bruxelas. A coherencia debería ser un valor básico da cultura dunha esquerda que pretenda transformar a orde mundial. Cando se agruparon forzas para condenar a invasión de Iraq e de Afganistán sabíase que Sadam Hussein ou os talibáns non representaban modelos asumíbeis para as persoas que se manifestaban diante das embaixadas ou consulados dos USA.

Cando se chega a unha situación bélica como a que estamos coñecendo, a experiencia histórica ten demostrado que as posibilidades de pacificación -e a propia acción diplomática destinada a tal obxectivo- están moi condicionadas pola evolución da relación de forzas no terreo estritamente militar. Así aconteceu na guerra de Vietnam (os gobernantes norteamericanos só aceitaron negociar cando comprobaron que non podían gañar sen pagar un prezo elevadísimo) e, previsibelmente, así ocorrerá neste caso. Mentres, desgraciadamente, proseguirá a infernal maquinaria de morte e destrución sobre o territorio ucraíno.

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en OS IMPACTOS DUNHA GUERRA IMPREVISTA.-Xesús Veiga*

A SEGUNDA DOUTRINA BOTIN.-Xoan Antón Pérez-Lema*

O Tribunal Supremo decidiu no 2007 que unha persoa non podía ser xulgada se só pedía a apertura do xuizo a acusación popular e non o Fiscal nin as persoas prexudicadas. Deste xeito Emilio Botín safou de ser xulgado polo asunto das cesións de crédito comercializadas polo Banco Santander. Claro é que no 2008 o Tribunal mudou a súa doutrina e condenou por desobediencia xudicial ao Presidente do Parlamento vasco, Juan Mari Atutxa (PNV) por non disolver o grupo parlamentario Sozialista Abertzaleak. Porque, como xa saberán nesta altura, no Estado español, o mesmo que na “Animal Farm” de George Orwell, todos somos iguais, pero algunhas sonlles máis iguais ca outras.

        O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ten desenvolvido nos últimos anos un grande traballo a prol dos dereitos dos consumidores, corrixindo graves erros das leis e da xurisprudencia españolas, como na irretroactividade da nulidade das cláusulas de chan ou na necesidade de analisar condicións contractuais abusivas nas execucións hipotecarias sofridas polas persoas consumidoras.

          Mais o 5-M o TXUE resolvía que os accionistas do Popular non poden reclamar do Santander (que adquiriu por un euro o negocio bancario do Popular no marco da liquidación deste banco acordada pola autoridade bancaria europea o 7 de xuño de 2017) a restitución do investido pola compra de accións na ampliación de capital emitida polo Popular en maio de 2016, malia que acrediten a nulidade desa compra por erro substancial no consentimento expresado no intre de mercar as accións.

        O TXUE baséase nunha Directiva europea de 2014 que ordena que os accionistas han asumir as perdas dunha liquidación bancaria. Principio xurídico que é correcto, mais que até de agora interpretábase polo 95% dos Xulgados e Audiencias do Estado español no senso de que esa responsabilidade non prexudicaba o exercicio de accións de nulidade ou indemnizatorias polo feito case xeralmente aceptado da desaquelada información ofrecida no 2016 polo Popular, como xa dixeran os Tribunais españois nas sentenzas  das reclamacións pola saída a Bolsa de Bankia no 2012 e pola perda de valor parcial das preferentes e subordinadas.

          O TXUE dí que a protección dos investidores é un principio esencial do Dereito europeo mais que a estabilidade bancaria é preferente. Mais ésta fica tamén fanada, pois que investir en Bolsa mercando accións de bancos será moito máis arriscado ca mercar eléctricas ou construtoras, cando as necesidades internacionais de capitalización bancarias cada vez son máis esixentes.

           O xogo, porén, non rematou. Fica pendente un recurso potente contra o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, xa que esta interpretación atenta contra o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva ao eliminar as únicas accións efectivas para garantir o interese dos investidores. Tamén as reclamacións da diferenza do valor que terían acadado os accionistas nunha liquidación  concursal.  E segue en curso a investigación penal contra os dous últimos consellos de administración do banco e os seus auditores, da que xurdirán directa e indirectamente pronunciamentos indemnizatorios.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A SEGUNDA DOUTRINA BOTIN.-Xoan Antón Pérez-Lema*