Niemeyer. A doce revolución das formas – Emilio Argiz

Nun listado de grandes arquitectos ó longo da historia, poucas dúbidas hai de que Niemeyer tería praza fixa nos primeiros postos da lista. A potencia da súa obra, a lonxitude da súa vida – río, e o avatar de ser o home axeitado no momento preciso para ligar a súa historia á do Brasil, fan del un icono equiparable a Wright, Le Corbusier, e poucos máis.

Foi nunha colaboración con Le Corbusier que iniciou a súa carreira edilicia no 1936, coa sede do Ministerio de Educación, primeiro edificio moderno no Río de Xaneiro, e fito do amencer do extraordinario proceso de modernización e desenrolo do Brasil do S. XX. Pero se Le Corbusier foi sempre para Niemeyer o pai da arquitectura moderna, él emanciparase de seguida, e partindo da admiración, e das mesmas concepcións de plástica e funcionalidade, desenrolará unha semántica de seu, que o mesmo Niemeyer definiu deste xeito: “Non é o ángulo recto o que me atrae, nin a liña recta dura, inflexible, inventada polo home. Só me atrae a curva libre e sensual; a curva que atopo nas montañas do Brasil, no curso armonioso dos seus ríos, nas ondas do mar, ou no corpo  da muller amada. O universo está feito de curvas”. Así, afondando no Movemento Moderno, e ao tempo cultivando unha distancia crítica, Niemeyer desenrola en pouco tempo esa linguaxe propia, facendo súa a herdanza moderna da relación forma – función, pero buscando tamén a emoción da beleza e a invención.


Con eses presupostos, desenrola o corpo principal da súa obra entre o 1936 e o 1970, con unha madurez extraordinaria, e sendo quen de producir arquitectura a un tempo sinxela, grandiosa, e perfectamente identificable como súa. O azar, e a intersección do seu camiño vital cos de Lucio Costa e do Presidente Kubitschek, fará que Niemeyer teña ó seu cargo nos anos 40 o desenrolo urbanístico de Pampulhas (en Belo Horizonte), prodixio de madurez creativa, e a partires dos 50, a oportunidade única de amosar en Brasilia todo o seu potencial, construíndo “ex novo” unha cidade capital. A resposta a ese reto son os magníficos pazos dos distintos ministerios, o edificio do Congreso Nacional, ou a Catedral Metropolitana. E tanto á altura estivo no empeño, que os pazos de Alborada ou Planalto, ou as torres e cúpulas do Congreso convertéronse no símbolo non só da capital, se non de todo o país, e Brasilia foi declarada Patrimonio da Humanidade, no único caso de que o autor fose testemuña en vida de tal recoñecemento.


O fito de peche do seu período cume de madurez creativa podemos poñelo no edificio da sede do Partido Comunista francés, en París, de 1965, ou na Universidade de Constantina, en Alxeria, equilibradas sínteses de modernidade reflexiva, beleza funcional de sinuosas curvas, e dominio audaz das posibilidades técnicas do formigón. A partir de aí, a potencia da linguaxe de seu (algo que moi poucos creadores acadan), fixo que Niemeyer se fose reescribindo, ás veces ata case a reiteración de si mesmo. Pero pouco se pode dicir na súa contra, cando foi quen de entrar nunha segunda madurez, e producir no 91, con 83 anos, a extraordinaria delicia do Museo de arte contemporánea de Niteroi, ou xa neste século o novo Museo de Brasilia, ou o Centro Cultural de Aviles, entre outros.


Á morte de Niemeyer, cabe destacar sobre todo a súa paixón pola vida, e a coherencia do seu percorrido vital. Morreu comunista, como comunista era de estudante, sendo ata o final un rendido amante da beleza feminina, da arquitectura, e da cálida sensualidade da magnífica topografía do Río. Foi quen de facer a doce revolución das formas, na que a beleza tamén é función.

Publicado en AUTORES, Emilio Argiz Vázquez | Deja un comentario

¡Féliz Saqueo! – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Estas fechas próximas a la Navidad propias a mensajes almibarados que pretenden borrar las malicias humanas bajo un copo de nieve y bombillas  multicolores a mayor gloria del mercantilismo de ocasión que acosa desde cada esquina en nuestros bolsillos a los fugitivos euros que en ellos no habitan, quizás convenga por un cierto respeto a la veracidad sustituir el tradicional ¡Feliz Navidad! por ¡Feliz Saqueo!…

Un Navidad donde los llamados recortes van desde la paga extra de los funcionarios o las pensiones de aquellos que creían que tras décadas de trabajo podrían aspirar a que los dejaran en paz, hasta la sanidad y la enseñanza públicas, algo que se consideraba tan consolidado como el Portal de Belén. Pero ni el Portal del Nazareno estaba consolidado pues Ratzinger (casualmente alemán) de un plumazo le recorto el buey y la mula, ni el estado de Bienestar estaba a cubierto del ánimo demoledor del Sr. Rajoy y los alumnos del Sr. Aznar que pululan en su entorno. Los llamados recortes que ensombrecen los ánimos de la ciudadanía, esa tala sistemática que reduce el país a la miseria, son por cierto bastante menos su montante que el que se aplica en salvar las posaderas a los saqueadores a los procede felicitar en estas fechas.

Es tema recurrente en determinados círculos satanizar a las Autonomías como culpables de las desgracias económicas que ellos vertieron sobre la ciudadanía. Se obvia que el fondo arbitrado para rescatar a los territorios es inferior a lo que se va a usar del dinero del común  solo en Banquia.  Tal fondo no llegó a agotarse. Sobraron casi tres mil millones de euros. Pero si se ampara a machamartillo el dislate de algunos niveles de administración que salvo anacronismo y caciquismo poco más ofrecen.

Saquean, y no en sentido figurado desde miembros de la Casa Real hasta presidentes de la Patronal, directivos de las Cajas, toda clase de delincuentes de cuello blanco y conciencia negra,  algunos (menos de los que se quiere hacer creer)  políticos corruptos, y toda clase de parásitos que hacen del torrente presupuestario permanente libación, lo que no les coarta para radicalizar con insolencia su discurso ultraliberal.

Da pereza por reiteración hablar del saqueo que se está cometiendo con absoluta impunidad amparado en la mayoría mordaza parlamentaria y la minoría moral de quienes la detentan. Se saquea el dinero de las clases medias, se saquea el mundo del trabajo, se saquean los derechos civiles y sociales, se saquean las libertades ciudadanas, se saquea la esperanza, se saquea el presente y el futuro….Se saquea incluso la identidad territorial y las lenguas propias…

Dice una persona comprometida por su biografía en políticas que contribuyeron a alcanzar las cotas de bienestar que “habíamos” conocido que lo peor no son ya los políticos que se venden, sino los que se regalan… Estos últimos, tancredos patéticos, componen una generación de meritorios de la política que con papanatismo absoluto jalean la destrucción de una sociedad en la que poco participaron y menos ayudaron a edificar. Solo pendientes de proteger su “modus vivendi” o no distinguen, o prefieren en su amoralidad no hacerlo, entre la política como herramienta al servicio de los sociedad o mecanismo para servirse de ella. Suman ignorancia teórica, desconocimiento histórico y rezuman soberbia y pedantería. Domésticos felices que se gratifican con unas gracias de sus amos y unas migajas del suculento festín de los saqueadores, pues ni a esa categoría llegan…

Decía el Sr. Guerra con legítima satisfacción, “vamos a poner a España que no la va a conocer ni la madre que la parió”… Tales palabras tendrían razón hoy con negro sarcasmo…Tras D. Mariano y los alevines del Sr.  Aznar, “al país ni lo conocerá la madre que lo parió ni el padre que lo engendró”.

¡Feliz saqueo señoras y Señores¡… Se lo desean los desahuciados, los parados, los que emigran con sus conocimientos al exterior, los que visitan los comedores de Caritas, los que se arrojan desde un balcón, los que por carecer, carecen hasta de esperanza…

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

O PP vive das rendas do fracaso socialista – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Van mal nas sondaxes de opinión, co presidente Rajoy nos mínimos de avaliación, pero parece que non lles vai tan mal nos resultados electorais de ámbito autonómico que se veñen sucedendo desde que gañaron as eleccións xerais de hai algo máis dun ano. O Partido Popular foi a forza máis votada en Andalucía, aínda que non conseguiu a maioría absoluta (o que lle permite gobernar á coalición PSOE-Esquerda Unida). Si acadou maioría absoluta en Galicia e mantivo a súa posición secundaria en Euskadi e Cataluña, onde xa conta con que non pasa desa condición.

Así transmiten a impresión de que non importa que se sucedan folgas xerais e mobilizacións diversas, mentres teñan a favor o veredicto das urnas. Despois de todo, nin as sondaxes de opinión gozan de solvencia nestes momentos (nótese que o ministro Wert procede dese sector) nin as mobilizacións son fáciles de interpretar (como pode testemuñar Artur Mas). Non hai que estrañarse, por outra parte, de que sigan a botar man da herdanza recibida para  xustificar o desmantelamento progresivo dos servizos sociais. Neses resultados, a mellor posición relativa do PP débese case sempre á caída electoral dos socialistas, que parece non ter aínda fin.


Recordemos que, nas eleccións xerais do 20-N do ano pasado, o PP acadou a maioría absoluta con case medio millón de votos menos dos que conseguiran os socialistas no 2008 (cando quedaron a sete escanos da maioría absoluta), de xeito que ben pode dicirse que aquelas eleccións, máis que gañala a dereita, as perderon estrepitosamente (máis de tres millóns de votos perdidos) os socialistas.


Desde esas eleccións, os populares van perdendo votos en cada consulta que se celebra, pero, como os socialistas perden bastante máis, poden dar a sensación de gañadores (ou, polo menos, de manter o tipo). Basta con manexar as porcentaxes en vez dos números absolutos de votos. Así, non é necesario explicar que, en Andalucía, perderon en marzo deste ano uns 160.000 votos, con respecto ás autonómicas anteriores (e máis de catrocentos mil, en relacións coas xerais do 2011, pero neste caso hai que ter en conta a diferenza de participación), pero quedaron en primeiro lugar porque o PSOE perdeu máis de seiscentos mil votos sobre as autonómicas do 2008 (pero menos de setenta mil con respecto ás xerais, o que significa unha contención importante da caída neste caso).


Máis significativo é o caso de Galicia, onde o PP chegou a unha maioría absoluta máis folgada (catro escanos de diferenza) que a mínima que obtivera no 2009, pero con 135.000 votos menos que entón (e douscentos mil votos menos que nas xerais do 2011, nas que houbo menor abstención). Menos relevancia teñen os resultados nas eleccións vascas: uns quince mil votos menos que nas autonómicas anteriores e oitenta mil menos que nas últimas eleccións xerais.


En Cataluña, onde o nivel de participación foi esta vez semellante ao duns comicios xerais (case un setenta por cento, cando a media de participación nas autonómicas é do sesenta por cento), o PP perdeu máis de douscentos mil votos con respecto ás últimas xerais (as do ano pasado) e os oitenta mil que gañou, con respecto ás autonómicas do 2010 habería que anotalos á conta da maior participación. Foi precisamente a maior afluencia de votantes a que frustrou en gran medida as previsións maioritarias de Mas: se a abstención se tivese mantido nos habituais niveis autonómicos, é moi probábel que CiU, polo menos, repetise escanos. A súa aposta soberanista moveu á participación dos votantes que normalmente non se interesan pola política autonómica, pero o PP apenas recolleu apoios nesa bolsa de votantes, da que si se beneficiou Ciutadans, unha opción política de novo estilo, que defende a opción española sen a retórica imperial da dereita centralista.


Electoralmente, o PP está a vivir das rendas do fracaso socialista. Pode que conte con que a recuperación económica empece a producirse antes da próxima cita coas urnas, a do 2015. Pero algo así debía pensar Rodríguez Zapatero, con respecto a 2012, cando a crise empezou a facer sentir os seus efectos, e viu frustradas as súas esperanzas aquel día de maio do 2010 no que se incorporou á liña europea de afrontar a crise só con drásticos recortes nas políticas sociais. Non se recuperou a economía e moito menos o PSOE.
Cara ao 2015, as posibilidades de que a economía se recupere son escasas. Quizais a baza máis sólida coa que poida contar o PP para a súa continuidade no goberno sexa a de que sigan igualmente escasas as posibilidades de recuperación dos socialistas. Outras opción electorais quedan aínda moi lonxe dos niveis “competitivos”.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario

Escudos humanos – Carlos Etchevarría

Somos el escudo de un gobierno insensible e inhumano, que deja de lado al débil y protege al poderoso.

El número de españoles en situación límite crece sin parar: sin trabajo ni desempleo, desahuciados sin techo, enfermos sin curar. Su número es tan elevado que se cuenta por millones.

Esa población no cuenta y se abandona a su desgraciada suerte. De entre la famélica legión destaca por su dramatismo el desahuciado por deudas insuperables. Hoy no se priva de libertad por esta causa, solo se le quita la vida.

A los muertos por desesperación se les injuria como reos de suicidio, en tanto los delincuentes que les empujan a la fatal decisión, no se les denigra por cometer un delito de lesa humanidad.

Los causantes miserables de que otros lo hayan perdido todo, hasta la esperanza, cuentan con un escudo que protege su indignidad, permitiendo tal estado de cosas.

Toda la sociedad es culpable de cubrir y resguardar al indigno: los que no salen a ocupar calles y plazas con su protesta; los que desprecian la miseria y a los miserables, y los que dicen cumplir la ley. La complacencia de estos que se proclaman servidores del orden establecido,  es complicidad: Legisladores de leyes injustas; jueces que ejecutan la maldad con su equipo de desalojo (comisión judicial, policía, cerrajero); medios de comunicación e iglesias silentes.

Si tuviésemos conciencia y nos sometiéramos a ella, nos importaría poco que nos acusaran de desacato o desobediencia, y sabríamos afrontar las represalias. En estado de necesidad no se comete delito por incumplir el mandato o la ley.

Con la solidaridad de todos ¿Quien quedaría para impedirlo?

Publicado en AUTORES, Carlos Etchevarría | Deja un comentario

Recuperarmos o consenso lingüístico – Xoán Antón Pérez-Lema

Xoán Antón Pérez-Lema

Como xa pasara co concurso eólico o TSXG, como Alto Tribunal do País, ven de anular dous preceptos fulcrais no Decreto da Xunta sobre plurilingüismo no ensino: a consulta lingüística cos pais no ensino infantil e máis a posibilidade de que os alunos usasen a lingua da súa escolla nas materias a impartiren en castelán.  A sentenza non sorprendeu nos medios xurídicos, porque era bastante evidente a ilegalidade destas regulacións, abertamente contrarias áo espirito do Estatuto e á letra da Lei de Normalización Lingüística.

Mais o mal causado por esta normativa xa está feito. Saben vostedes que dende 2007 até 2012 as escolas infantís que usan o galego (case todas públicas ou sostidas case todas por fondos públicos) recuaron dende o 35% ao 4%? Saben vostedes que o 40% dos pais de alunos nas principais cidades e vilas pediron o ensino en galego para os seus fillos no ensino infantil  e se lles nega este dereito?

No alborexar desta nova lexislatura, ben faría o Presidente Núñez Feijóo en matinar no dano xerado polo seu Goberno ao noso principal patrimonio inmaterial. En desbotar o enfrontamento da pasada lexislatura, xerado nas factorías de FAES e Galicia Bilingüe. En ofrecermos á cidadanía un novo consenso lingüístico que garanta definitivamente o que nos tiña que unir a todos: a aprendixaxe axeitada da nosa lingua por parte de todos, a igualdade xurídica do galego  co castelán e pactar, para os vindeiros 15 anos, cál vai ser o grao e intensidade da discriminación positiva que os nosos Poderes públicos e axentes sociais han destinar a prol do galego.

Este  novo consenso ben podería construirse sobre os alicerces daquel Plan de Normalización Lingüística aprobado no 2004 por unanimidade parlamentaria.  Engadíndolle, quizais,  un acordo sobre o  rol a xogar por este País e a súa lingua no punxante contexto da lusofonía, con Brasil como grande emerxente. Porque o galego, amáis de ser o noso, fai parte dun dos corpos lingüísticos máis falados no mundo.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

Catalunya Plural – Xoán Antón Pérez-Lema

Co 95% escrutado, as até de agora principais forzas políticas catalás sofren un duro castigo, mentres que o resto das forzas melloran posicións, compoñendo un mapa parlamentario catalán moito máis plural e equilibrado.

Cunha moi alta participación (70%), o soberanismo (CiU, ERC e CUP) acada unha cómoda maioría absoluta (74/135 deputados), malia que baixe 2 dende os 76 que tiñan CiU, ERC e SI, gañando 5 dende os 69 de ERC e CiU do 2006. Porén, os partidos a prol do dereito á autodeterminación (os soberanistas e IPC) gañan 1 deputado (agora son 87), pola importante suba dos ecosocialistas. Medra tamén o españolismo, que antes acadara 21 deputados e agora 28 (19 do PP e 9 de Citadans, que sobe 6).

Artur Mas xogou as súas cartas e perdeu o envite.Malia que retén a minoría maioritaria  (50 /135 deputados, cun 30,7% de votos), perdeu 12 deputados e oito puntos (todo o que gañou entre 2006 e 2010) e precisará do PP, PSC ou ERC para gobernar. Un dilema complexo, tendo en conta que ERC non lle pode mercar os recurtes e nin PP nin PSC lle poden mercar a consulta á cidadanía catalá.

Cál foi a causa desta perda de votos(uns 150.000 votos)? A aposta polo Estado propio? Os recurtes? Semella que a cidadanía apostou polo pluralismo,  fuxindo das maiorías absolutas e optou polo dereito a se autodeterminar  sen cheques en branco e coa ollada posta nunha xestión máis social e plural da crise.

Canto ao PSC, baixou de 28 a 20 deputados, con só un 14,6% e acadou o peor resultado da súa historia, practicamente empatado en votos co PP e con ERC. Seerá terceiro en escanos, superado por ERC, que acadou os 21 que tiña Carod-Rovira no 2006. Cun discurso independentista, mais integrador, Oriol Junqueras substraeu votos do sector máis catalanista do PSOE e dos sectores da CiU máis  socialdemócratas. Porque semella que algúns, diante do repto do Estado propio, decidiron que a xestión do camiño cara ese obxectivo tería que ser cousa de tres, empoleirando a ERC e IPC, mentres entran no “Parlament” os soberanistas antisistema das CUP con 3 deputados,  como clara mostra dun avance xeralizado, pero contido do que semella, das plurais esquerdas catalás.

O PP acadou  tamén o resultado máis importante da súa historia (13% e 19 deputados, gañando 1 a respecto do 2010 e 2 a respecto do 2006). Mais semella que son poucos estes réditos á vista da radicalidade do seu discurso. Porque, malia que ficou ben claro que case o 35% dos cataláns non queren saber nada da independencia, non é menos certo que arredor dun 60% están a prol da mesma , pui polo menos de  que Catalunya decida libremente o seu futuro.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario