De Guindos e Urdangarin – Xesús Veiga Buxán

Xesús Veiga Buxán

Luis de Guindos é o último exemplo da nova pantasma que percorre os territorios da UE: a posta en práctica da teoría das portas xiratorias entre os poderes económicos e os políticos.Cantas mais relacións coas grandes entidades financeiras internacionais figuren nos currículos dos candidatos a presidir os ministerios de Economía mais probábel resultará a confirmación da súa responsabilidade gobernamental. Mario Monti -primeiro ministro do goberno italiano- e Mario Draghi –presidente do Banco Central Europeo- traballaron para Goldman Sachs, o banco norteamericano que preparou a “contabilidade creativa” que lle permitiu aos gobernos conservadores gregos agochar as verdadeiras dimensións dos seus niveis de endebedamento.

Os fans de Mariano Rajoy presumen de que o máximo dirixente da dereita española confeccionou un goberno sen hipotecas partidarias e mediáticas. Están –segundo esa lóxica discursiva- as persoas mais capaces e mais leais ao proxecto e á propia figura do gran líder. O único tributo do que non falan é, precisamente, daquel que paga aos poderes fácticos que actúan nos despachos de Bruxelas e nos mercados financeiros. A presenza de Luis de Guindos racha esa imaxe idílica do “superman” que non negocia a composición da súa equipa e demostra que ter exercido de “vip” no universo da especulación é perfectamente compatíbel coa idea que ten Rajoy sobre a estatura moral que deben posuír os seus colaboradores.

Iñaqui Urdangarín é outro nome propio que ficará asociado a este tránsito entre un ano duro e outro peor. As graves acusacións xudiciais atribuídas ao xenro do Xefe do Estado exemplifican a evolución sufrida nos últimos anos polo sistema democrático español.Que este membro da familia real teña participado activamente en presuntas prácticas delitivas no uso de recursos públicos demostra varias cousas:o notábel sentimento de impunidade co que actuou o membro da Casa Real; a carencia ou o fracaso dos mecanismos de control por parte da propia institución monárquica e dos gobernos de Baleares e da Comunidade Valenciana e o clima de tolerancia instalado en amplos sectores do corpo social a respeito dos episodios de corrupción rexistrados no ámbito da política e no mundo da economía especulativa.Rajoy reaccionou con desagrado ás referencias feitas ao problema da corrupción no debate de investidura. A explícita minusvaloración asumida polo novo presidente é un dos sinais mais preocupantes do novo tempo político. Pedir sacrificios adicionais a unha maioría social que padece os efectos da crise provocada pola cobiza dos segmentos mais poderosos e desprezar, ao mesmo tempo, a importancia da rexeneración da actividade pública é tanto como pretender cadrar os círculos.A pesar de que non o pareza, entre Luis de Guindos e Iñaqui Urdangarín existen algúns puntos de contacto que deberían permitir debuxar as liñas vermellas para calquera proxecto que pretenda mellorar o benestar económico e a calidade do sistema democrático.

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Deja un comentario

Fitch, FMI, Standars & Poor e outros – Antonio Campos Romay

O despotismo do Deus Mercado e os seus representantes na Europa dos Triquillóns é algo tan irritante e inhumano como para  arrastrar aos pobos á impotencia afundíndoos na degradación social, moral e democrática. Máis sutil que o látigo do negreiro sobre as costas do escravo, está máis próximo ao terrateniente que castra á res cuxa forza teme para sometela de xeito natural ao xugo como manso recén. A anguria e o temor, dosificados con maestría de torturador experto, son o mellor antídoto contra a capacidade de  resposta dos que cada día estáfaselles o futuro.

O FMI prognostica catástrofes sen fin para  a economía española. Así o afirma no borrador: “Informe sobre Perspectivas Mundiais”. Un retroceso que atribúe ao deterioro derivado da crise do euro e aos recortes aprobados para reducir o déficit. Azorados coa súa lectura, poucos son os que recordan pasados erros do FMI nas súas proxeccións sobre a economía española.

Acouga saber que á fronte do mesmo está a Sra. Lagarde, investigada en Francia por outorgar unha “singular” indemnización de 285 millóns de euros ao “empresario” Bernard Tapie, pola venda dunha das súas empresas confiscada polo Estado, segundo acordo dunha comisión de arbitraxe privada ordenada por ela e non pola xustiza ordinaria, tal como establece a lei, polo que a Fiscalía do Tribunal Supremo francés solicitou a inculpación da que foi titular de Finanzas de Francia desde xuño de 2007 ata finais de xuño de 2011. Lagarde mostrou a súa austeridad ao  acceder ao FMI cunha primeira medida: subirse o salario un 11%. O seu criterio sobre a actual situación é relevante. “É unha cuestión da realidade dos problemas, de non plantarse na negación, aceptar a verdade, aceptar a realidade, e logo tratar con ela”.  “Os mercados financeiros deberían dar tempo aos distintos países para traballar a través dos procesos políticos para chegar a unha solución.”

“Desafortunadamente, para aqueles de vostedes que teñen o privilexio de pertencer ás democracias, as cousas non suceden dese xeito e as cousas toman tempo e teñen que pasar por procesos parlamentarios» (sic).

A axencia de cualificación Fitch, rebaixará a nota de solvencia de España a finais de mes en dous chanzos. Considera «positivo» facilitar a  liquidez das autonomías  a través do ICO segundo  medida anunciada no último Consello de Política Fiscal e Financeira, pero non cre que iso vaia a alterar o seu criterio sobre as malas perspectivas da cualificación crediticia do país.

O seu director executivo, Ed Parker nunha conferencia en Madrid advirte que a recuperación da nosa economía “será moi dolorosa”. Tras pavonearse recordando que a súa axencia puxo baixo previsión negativa en decembro a cualificación de seis economías europeas (Irlanda, España, Italia, Eslovenia, Chipre e Bélgica) augura que as rebaixas poden ir a máis ao longo do ano. Saúda “o alcance do axuste que está en marcha” en España, engadindo, “o legado recibido é un reto considerable para o novo Goberno” Apreciación que algún puntilloso podería considerar impertinente. Asumindo competencias lexislativas e executivas “ordena” por vía de recomendación, (o mesmo mirado podería consideralo insolente inxerencia), como solucións para a nosa economía, ademais dun drástico axuste para reducir o déficit público, unha reforma do sistema financeiro “definitiva”, así como unha reforma laboral que “abarate o despedimento e facilite a contratación”. E xa postos, o “führer Fitch”, esixe que se recorte o gasto en sanidade e educación. Apoia o seu exhorto na posibilidade de cumprir  a súa peor ameaza, “esta cualificación podería caer ata unha simple A”.

En tanto Sarkozy, co Toisón de Ouro que a Súa Augusta Maxestade puxo no seu pescozo, ante sindicatos e  patronal xustifica os recortes que necesita adoptar nas Galias, con grosería de mal veciño. Gustaríavos estar na situación de España? Continua coa maior zafiedad: “Miren ao seu ao redor… Quererían que Francia estivese na situación de Grecia, Portugal, España e ata Italia?”. Por non perder comba, Standard & Poor’s rebaixou a nota da débeda española, aínda que anda cavilando si farao  nun ou dous chanzos.

Si os seus políticos fano, un pobo dono do seu destino non pode ficar impasible ante o saqueo, a depredación e o insulto da súa historia e  patrimonio. Un patrimonio suma de cultura, benestar, coñecemento, dereitos civís, conquistas sociais, liberdades democráticas. Do esforzo para acurtar as distancias socioeconómicas. E sobre todo de responsabilidade coa mocidade de abrirlle perspectivas fecundas, como constructores da sociedade do futuro. O permanecer impávidos ante o permanente chantaxe e retroceso a que se somete a países e gobernos, ás liberdades públicas e os dereitos sociais,  é abrir suicidamente a porta á catástrofe indo contra o devir da historia. Ten pleno vigor a afirmación do exdirector de “Le Monde”, Edwy Plenel,  “poñémonos en mans de Goldman Sachs, ou inventamos algo distinto”.

Usar o século XXI para negar o dereito á educación, á sanidade, ameazar a comida e o teito dos vulnerables, o dereito ao traballo e a unha vellez digna aos traballadores, ou os principios de solidariedade, é para expresar, non como dixo Talleyrand cando foi asasinado o duque de Enghien, opositor a Napoleón, “non é un crime, é unha estupidez”, senón e rotundamente, “Non é unha estupidez, é un crime”.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Con el Congreso topamos, Sancho – Carlos Etchevarría

Cuan  difícil es que los representantes políticos enseñen sus bienes e ingresos a los conciudadanos que les han elegido: la transparencia incomoda. Sin embargo, la tentación de afanar se vería seriamente amenazada con solo desvelar este extremo, poniendo difícil cualquier debilidad tendente a hacerse con lo ajeno.

Recientemente, más del 90 % de los diputados del Congreso (PP, PSOE y CIU) se negaron a aceptar hasta 36 preguntas dirigidas al gobierno sobre las cuentas de la Corona. ERC pedía claridad y le dieron opacidad.

Últimamente,  el rey había mostrado cierta inquietud ante turbios asuntos familiares y su buena disposición a mostrar el modo y manera como gasta sus ingresos. Pero héteme aquí que los diputados regios no se lo han permitido, faltaría más que diría Fraga, pues con ello abriría la veda en otros espacios de representación: del rey abajo ninguno. El diputado Tardá, singularmente preguntón, es culpable por hacer mal las preguntas. Pero ojo, no parece estar en su ánimo cesar lo iniciado en 2007, por lo que volverá a la carga con la misma insistencia.

Con tan prudente decisión parlamentaria,  las cloacas por donde discurre la corrupción seguirán selladas, hasta que un día revienten los conductos y salgan a la calle todas las inmundicias. Para entonces, será más sencillo buscar un caudillo que convocar oposiciones para tanto juez que necesitaremos, dando fin al experimento democrático que nos legó Franco.

Algún sesudo monárquico propone un relevo en la jefatura del Estado: dimisión de Juan Carlos y entronización del príncipe Felipe. Maniobra muy propia de los borbones a lo largo de la historia, con excelentes resultados como aconteció con  Juan de Borbón al abdicar en el rey actual.

Los partidos políticos, al menos los que tienen posibilidad de gobernar, han despojado a sus diputados de las vestiduras democráticas trocándolas por harapos totalitarios. ¿Y dicen que Garzón prevaricó?

Publicado en AUTORES, Carlos Etchevarría | Deja un comentario

Recensión del libro Totalitarismo Tecnológico de José Mª de Espona

Las nuevas tecnologías de control e identificación están modificando la sociedad. La implementación masiva de los GPS, los RFID, la telefonía movil, o internet, está diluyendo para siempre la privacidad de los individuos, especialmente la de aquéllos que tienen poca vinculación con el poder económico o con el Estado de Derecho. 

Se está configurando un totalitarismo electrónico sin precedentes, impuesto desde arriba hacia abajo, desde el sistema ya existente sobre toda la población, un sistema controlado hoy por una minoría exígua vinculada al poder financiero, capaz de manipular la mecánica de los partidos políticos, de los grandes medios de comunicación, y lo que es peor, cambiar la legislación y utilizar el propio aparato del Estado de Derecho. Un sistema que el autor denomina «La Tiranía Bancaria». 

Una tiranía disfrazada de «democracia» que oculta la explotación abusiva del trabajo de los individuos y de las plusvalias generadas por el avance tecnológico. El autor aboga por la necesidad urgente de establecer una especie de «fascismo inverso», un control absoluto de la privacidad de los individuos que constituyen el propio Estado de Derecho, en función de su importancia en la pirámide del poder. Una detallada Hoja de Ruta para establecer un control también totalitario, mediante mecanismos de democracia directa y el uso de nuevas tecnologías, pero construido esta vez desde abajo hacia arriba, desde los ciudadanos hacia la cúspide del poder, y que permita el registro de la privacidad y el seguimiento electrónico sistemático de las relaciones de los políticos y los funcionarios del Estado con los aparatos del poder financiero, del poder mediático y con los grandes monopolios industriales y comerciales de las multinacionales. Controlar a los controladores. 

Un libro subversivo para el sistema y también para las convicciones mas íntimas del lector, basado en un conocimiento profundo de la tecnología futura o de la economía, y explicado de una forma cruda y directa.

Publicado en ESPACIO LITERARIO | Deja un comentario

Amigo Isaac – Manuel Ceferino Díaz

Manuel Ceferino Díaz

Moito tense escrito estes días sobre ti, e máis se escribirá sobre unha figura irrepetible como a túa. De recibo será, xa que logo, centrar estas liñas en lembranzas persoais que cobran hoxe, se cabe, maior significación na miña memoria.

Lembro unha xornada familiar, hai case tres décadas, na que con indisimulado entusiasmo nos guiaches na nosa visita polas instalacións de Sargadelos, algo máis que unha fabrica de cerámica. Un espazo que rezumaba creatividade e ao tempo que lugar de traballo era tamén un centro social. Manteño vivo ese día na miña memoria porque foi cando tiven a certeza de que Sargadelos era unha creación xenuinamente túa non só como empresa senón como obra construída á túa medida, ou mellor, á túa maneira: o deseño, a ordenación dos espazos, o mobiliario… todo levaba o teu selo. Tamén no Castro, en Sada, mais aí xa conxuntamente co teu querido Luis Seoane. A pegada particular de artista, de creador, estivo presente en todo aquilo que fixeches e te arrodeaba.

Puideches ser un gran pintor –fúchelo, pero puideches selo máis- como deixa proba sobrada a última exposición da túa obra na Casa da Parra de Compostela. Puideches ser un artista de renome fóra das nosas fronteiras, pero o teu espírito inquieto levoute por outros derroteiros. Si fuches, e iso é innegable, un emprendedor no mellor sentido, un avanzado, un innovador que soubo incorporar a creación artística ao mundo empresarial.

Visionario anárquico e xeneroso, un espécime estraño. Emulando ao Marques de Sargadelos, pioneiro ilustrado na industrialización de Galicia, fixaches nun recuncho de Cervo unha empresa modélica, mais non fuches un empresario ao uso;  cos beneficios dabas pulo a proxectos sempre culturais, pero ao parecer nos últimos anos esquecíaste das contas de resultados.  Publicabas en Ediciós do Castro o que outras editoriais non se atrevían (entregándolle así a Galicia o maior acopio da nosa memoria histórica) e loitaches arreo con poucas axudas por recuperar e dar vida ao vello Seminario de Estudos Galegos. Vimos nacer o Instituto Galego da Información e como se frustrou o teu desexo de asentar nel o gran xornal de Galicia. Ben sabes que neste mundo a forza da (boa) razón non pode coa economía; por iso perdiches o control accionarial do proxecto que con tanto cariño impulsaras, un triste episodio que nunca chegaches a entender e que marcou os teus últimos anos de vida.

Independente, rebelde e teimoso, positivamente teimoso. Unha regalía para o País que valoraremos aínda máis canto máis tempo pase e te vexan con perspectiva. O teu galeguismo –que non nacionalismo- restouche quizais algúns apoios e recoñecementos en vida, pero este é o País ou In-País que temos… o Outro hai que construílo con xenerosidade e altura de miras.

Declarábaste conservador libertario pero o teu corazón estaba coa esquerda, coas reivindicacións populares e coas causas perdidas. Chegados a este punto lembro (sen ser capaz agora de disimular un sorriso) cando formando parte da Candidatura Democrática Galega ao Senado xunto con Ramon Piñeiro e Jacinto Calvo (eu ía á do Congreso polo PSG pero vos apoiabamos), no único acto electoral que fixerades en vinte e un días de campaña no Paraninfo do Instituto Masculino (eran outros tempos) en medio de gran expectación mediática e de público abriches o acto para dicir laconicamente “subo aquí para dicirvos que non votedes por min, que disto da política non sei nada… votade por Ramón e por Jacinto que si saben”. Lembro como baixaches con total naturalidade do estrado deixándonos a todos sorprendidos e, por que non  dicilo, un tanto molestos por unhas verbas que non axudaban moito á candidatura. Pero así eras, imprevisible ás veces, de irreverencia calculada outras e xeneroso sempre.

Amigo Isaac, deixas un baleiro difícil de encher. Xa non queda filantropía se non se desconta a súa achega dos pagos a Facenda , nin creadores que toquen todos os paus e animen a tarefas colectivas.

Agardemos que algún dia se recoñeza sen reparos a túa contribución a recobrar e reafirmar a identidade de Galicia nos tempos modernos.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

Asi comenzaron el nazismo y el fascismo – Isidoro Gracia Plaza

Es conocido que los nazis llegaron al poder ganando elecciones, es decir con el apoyo de una mayoría de ciudadanos que se expresó democráticamente. Con el uso de los entonces más modernos métodos de comunicación fueron impregnando a la opinión pública, que estaba sufriendo la crisis económica derivada del crash de la bolsa americana de 1929, que se traslada al mundo occidental, y al colapso bancario consecuente que se extiende por Europa durante1931, de que solo existe una única alternativa, la del ejercicio del poder de forma absoluta por unos partidos muy determinados y que la culpa de todos los males la tiene algún enemigo próximo. También los fascistas italianos ganaron sus elecciones usando propaganda y violencia e identificando a los “culpables”.

Posteriormente con el ejercicio sin escrúpulos desde el gobierno del poder obtenido, también con el aplauso de la mayoría de sus ciudadanos (con el temor de algunas minorías más lúcidas), emitieron normas que intentan eliminar el pensamiento crítico, la quema publica de libros o los ataques  a los medios de comunicación y de transmisión de cultura que no comulgan con sus ideas son un ejemplo, las normas y tribunales que proponen el encarcelamiento y “reeducación” de los opositores es otro bien claro.

La actual crisis, tanto en su nacimiento como en su evolución, es un caldo de cultivo muy parecido al existente en el comienzo del proceso en el siglo pasado. Las tesis del pensamiento único y su impregnación en la opinión pública, mediante los actuales y mucho más potentes métodos y medios de comunicación, también guardan un paralelismo evidente. Por último la venta, hasta la nausea, de que no hay más que una alternativa válida es aún más clara, en este caso la alternativa a aplicar es aquella que dicten los mercados y que el culpable es el otro (el inmigrante, el vecino no deseado o el líder del partido adversario) también se repite.

El crecimiento electoral, en toda Europa, de los partidos de extrema derecha, con bases nacionalistas hasta la xenofobia y tintes confesionales, indica hasta que punto ha calado su discurso en los ciudadanos azotados por una crisis de la que no aceptan su parte de responsabilidad, descargándola en los rumanos en Francia e Italia, los gitanos y emigrantes en otros muchos países, o de los antiguos dirigentes en casi todos, incluida España. En Hungría han dado un paso más y ha aprobado una Constitución, por mayoría de 2/3 del Parlamento, que recupera una religión oficial, la cadena perpetua, la supeditación del poder judicial al ejecutivo, la limitación de la libertad de prensa, la intromisión casi sin límite en la economía y moral privadas, etc., al tiempo que el gobierno actual identifica a los culpables de su crítica situación económica: los comunistas y los estados vecinos donde existen amplios colectivos de húngaros emigrados.

¿Y en España qué?, pues aparte de tener bien identificado al culpable de todo, un discurso xenófobo arraigado en amplias capas de población, el mantenimiento de discursos pro y anti catalanistas, o pro y anti vascos, o pro y anti españolistas, la declaración de intenciones de reponer la cadena perpetua, eliminar derechos civiles y la última ocurrencia de encarcelar a los que no acepten las tesis económicas del actual gobierno, poca cosa más.

Enero de 2011.

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Deja un comentario