De Guindos e Urdangarin – Xesús Veiga Buxán

Xesús Veiga Buxán

Luis de Guindos é o último exemplo da nova pantasma que percorre os territorios da UE: a posta en práctica da teoría das portas xiratorias entre os poderes económicos e os políticos.Cantas mais relacións coas grandes entidades financeiras internacionais figuren nos currículos dos candidatos a presidir os ministerios de Economía mais probábel resultará a confirmación da súa responsabilidade gobernamental. Mario Monti -primeiro ministro do goberno italiano- e Mario Draghi –presidente do Banco Central Europeo- traballaron para Goldman Sachs, o banco norteamericano que preparou a “contabilidade creativa” que lle permitiu aos gobernos conservadores gregos agochar as verdadeiras dimensións dos seus niveis de endebedamento.

Os fans de Mariano Rajoy presumen de que o máximo dirixente da dereita española confeccionou un goberno sen hipotecas partidarias e mediáticas. Están –segundo esa lóxica discursiva- as persoas mais capaces e mais leais ao proxecto e á propia figura do gran líder. O único tributo do que non falan é, precisamente, daquel que paga aos poderes fácticos que actúan nos despachos de Bruxelas e nos mercados financeiros. A presenza de Luis de Guindos racha esa imaxe idílica do “superman” que non negocia a composición da súa equipa e demostra que ter exercido de “vip” no universo da especulación é perfectamente compatíbel coa idea que ten Rajoy sobre a estatura moral que deben posuír os seus colaboradores.

Iñaqui Urdangarín é outro nome propio que ficará asociado a este tránsito entre un ano duro e outro peor. As graves acusacións xudiciais atribuídas ao xenro do Xefe do Estado exemplifican a evolución sufrida nos últimos anos polo sistema democrático español.Que este membro da familia real teña participado activamente en presuntas prácticas delitivas no uso de recursos públicos demostra varias cousas:o notábel sentimento de impunidade co que actuou o membro da Casa Real; a carencia ou o fracaso dos mecanismos de control por parte da propia institución monárquica e dos gobernos de Baleares e da Comunidade Valenciana e o clima de tolerancia instalado en amplos sectores do corpo social a respeito dos episodios de corrupción rexistrados no ámbito da política e no mundo da economía especulativa.Rajoy reaccionou con desagrado ás referencias feitas ao problema da corrupción no debate de investidura. A explícita minusvaloración asumida polo novo presidente é un dos sinais mais preocupantes do novo tempo político. Pedir sacrificios adicionais a unha maioría social que padece os efectos da crise provocada pola cobiza dos segmentos mais poderosos e desprezar, ao mesmo tempo, a importancia da rexeneración da actividade pública é tanto como pretender cadrar os círculos.A pesar de que non o pareza, entre Luis de Guindos e Iñaqui Urdangarín existen algúns puntos de contacto que deberían permitir debuxar as liñas vermellas para calquera proxecto que pretenda mellorar o benestar económico e a calidade do sistema democrático.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s