A débeda española e a alemá – José Luís Gómez

José Luís Gómez

No mundo de hoxe, hai noticias financeiras que aparentemente resultan tan rechamantes como contraditorias. Un exemplo: por que un investidor perde diñeiro comprando bonos alemáns tendo rendibilidades do 6% se adquire bonos españois? Podería pensarse que España está tan mal que hai riscos de falta de pagamento para os investidores que desaproveitan ese alto interese e terminan soportando un interese negativo cada vez que adquiren bonos alemáns. E de feito hai xente que escribe esas cousas, pero a realidade non é tan apocalíptica.

Vexamos unha posible explicación. No mundo hai moitas compañías de seguros, fondos de pensións, bancos, caixas, fondos soberanos, seguridades sociais, bancos centrais e fundacións que só poden comprar e ter en carteira activos cun rating por encima de certo nivel, por exemplo AA+. E dado que estes actores dos mercados moven cifras astronómicas son os que marcan a tendencia. É máis, normalmente os consellos de administración que mandatan a ese tipo de xestores fixan uns criterios moi estritos: por exemplo, só renda fixa pública en euros e dólares, rating mínimo AA+, prazo máximo de 3 anos, cupóns anuais, depósitos en certo tipo de entidades, liquidez máxima en 7 días, etcétera. E eses requisitos xa os cumpren contados emisores.

Un caso real: fai poucos meses fíxose público que o fondo soberano noruegués, o segundo maior do mundo, non podía investir en débeda española por cuestións de rating, e algo parecido pasou coa Seguridade Social rusa. Por iso mesmo, no momento que venderon a súa carteira de débeda española caeu o seu prezo e subiu a rendibilidade. Seguinte paso: eses fondos teñen que investir en algo e caen na débeda alemá. Por que alemá e non luxemburguesa, por pór un exemplo? Porque aínda que Luxemburgo é tan sólido ou máis que Alemaña, a liquidez do seu mercado é moito menor e podería darse a circunstancia de que se quixesen saír do investimento tardasen dous meses, co risco que iso leva. Consecuentemente, cando esas masas de diñeiro compran débeda alemá, aumenta o seu prezo e por iso cae a rendibilidade ata que en determinados momentos vólvese próxima a cero ou negativa. Todo isto funciona máis ou menos así, pero o mercado nunca deixa de sorprender.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s