UN PUNTO DE INFLEXIÓN NO TRATAMENTO DA CORRUPCIÓN?

O chamado «caso Koldo» colocou a temática da corrupción, mais unha vez, no centro da atención pública. Poren, nesta ocasión, apareceron dúas novidades relevantes a respecto do que viña sendo habitual nos episodios anteriores: un xeito diferente de entender as denominadas responsabilidades políticas e o marco singular (a pandemia da COVID que comezou hai agora 4 anos) no que tiveron lugar as prácticas irregulares que están sendo investigadas.

Durante moitos anos, os dous partidos mais influentes no sistema político español -PSOE e PP- adoptaron un mesmo criterio ante os casos mais espectaculares nos que se viron involucrados (a Gürtel e os ERE de Andalucía, por citar só dous exemplos): a depuración das responsabilidades políticas estaba totalmente vinculada aos resultados dos procedementos xudiciais. Invocando o principio da presunción de inocencia (que, como é sabido, resulta totalmente pertinente no ámbito dos trámites xurídicos), establecíase un ríxido siloxismo dedutivo: se un xuíz ou tribunal imputaba e/ou condenaba a un cargo político cabía considerar a hipótese da súa dimisión (con algunhas variantes significativas: en certas ocasións esixíase a existencia dunha sentenza condenatoria definitiva, que non tivera posibilidade de recurso ante unha instancia superior); se non era así, non estaba xustificado o abandono do status de poder previamente adquirido pola persoa afectada.

Tal liña de conduta provocaba efectos nocivos sobre a vida pública: contribuía a xudicializar a actividade política, desnaturalizaba a función fiscalizadora do poder lexislativo -e, de paso, a súa potencial virtualidade como ferramenta de alimentación dos valores éticos no labor dos representantes democráticos- e incrementaba os incentivos intervencionistas dos sectores mais conservadores da xudicatura. Todos estes elementos facilitaban a creación dun estado de opinión en importantes sectores da cidadanía que se podería resumir na coñecida máxima de que «todos os políticos son iguais».

A decisión adoptada pola dirección do PSOE, esixindo que Abalos abandonase o escano como expresión da asunción de responsabilidades por ter designado a Koldo García como asesor da máxima confianza, representou un punto de inflexión na folla de ruta habitualmente seguida por esta formación política. A pesar de que o ex-ministro socialista non está sendo investigado xudicialmente -e, moito menos, procesado- Pedro Sánchez ven de establecer un precedente importante de cara a futuros episodios vinculados a prácticas corruptas.

Ante esta situación, o PP enfrontábase a un dilema: aceitar este novo criterio na aplicación das responsabilidades políticas ou manter a liña de máxima belixerancia opositora. Polo visto nestes días, a decisión tomada non ofrece dúbidas: exhibición impúdica dun cálculo partidista carente de escrúpulos éticos. Pedir a dimisión da presidenta do Congreso por razóns de «moralidade pública» é un insulto á intelixencia de quen contemplamos como se aceitou que Núñez Feijoo seguira na presidencia da Xunta despois de ser coñecida a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado ou como non se depuraron responsabilidades no caso de Esperanza Aguirre a pesar de que varios dos seus conselleiros foron procesados e finalmente condenados por delitos graves.

Os comportamentos que están sendo investigados tiveron lugar nun contexto extraordinario -a pandemia sanitaria- que requiría unha resposta á altura da gravidade do sucedido. Xa que logo, resulta pertinente manexar criterios de máxima esixencia no momento de avaliar o labor das autoridades naqueles dramáticos meses. Mais tamén é necesario interpelar a sectores relevantes da sociedade: non é admisíbel que algúns empresarios aproveitaran as necesidades urxentes de suministros para seguir aplicando a lóxica da obtención do máximo beneficio nos seus negocios. A

reprobación ética -ademais da eventual sanción penal- debería chegar a todos os chanzos existentes na cadea da corrupción.

Naqueles momentos duros da COVID prognosticouse -tal vez cunha dose excesiva de inxenuidade pero tamén como expresión dun fondo desexo de cambio- que a experiencia da pandemia podería facernos mellores como corpo social organizado. O que estamos coñecendo na actualidade constitúe un baño de realidade que nos coloca diante dos retos que temos pendentes se queremos achegar un horizonte de maior xustiza social.

Xesús Veiga

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en UN PUNTO DE INFLEXIÓN NO TRATAMENTO DA CORRUPCIÓN?

MAS ALLA DEL RUIDO Y LA SENSIBLERÍA.

Podremos convenir sin discrepancia, que la actividad política, como ejercicio del poder legítimo emanado de la ciudadanía, debe tener sus límites para no convertir dicho ejercicio en una pantomima no democrática.

Dichos limites, deberán estar marcados por el cumplimiento escrupuloso de la ley; pero también por el rigor y la ejemplaridad en el ejercicio de las potestades que la propia ley atribuye a los políticos como instrumento para su ejercicio.

Es en el ejercicio de esas potestades y en recto sentido del deber, donde se instala una amplia discrecionalidad, en cuyo ejercicio se contrae la responsabilidad política, que es independiente y nada tiene que ver con la llamada responsabilidad penal.

Por eso, cuando deliberadamente pretenden confundirse ambas cuestiones, o se está desenfocando el problema, o se está tratando de lanzar bombas de humo para despistar al respetable.

Es muy posible que el Sr exministro de fomento y exsecretario de organización del PSOE, sea perfectamente honorable por no haber cometido un delito tipificado y penado en el código penal, pero que, sin embargo, no haya sido ejemplar en el ejercicio de sus potestades políticas, que, dicho sea de paso, las tuvo y seguramente de un mayor tamaño del que la prudencia aconseja.

Que el partido en el que desarrolló su vida política y que propició su elevadísima cuota de poder, le exija responsabilidades políticas, parece lo normal, si tenemos en cuenta, que el partido fue el vehículo que le sirvió para acumular tal poder.

La imagen del exministro, como nombrador y encumbrador de un individuo, que resultó un delincuente y en el que se observa una elevadísima familiaridad y confianza con su valedor, no sugiere precisamente una distancia prudente, sino mas bien un nivel de familiaridad que induce el riesgo de contagio de la ponzoña en la que se mueve.

Cuando el Sr. Exministro y exsecretario de organización, decide romper con el partido en el que se desempeñó durante cuarenta años, “para defender su honorabilidad” y comparece públicamente con un discurso que lo dibuja como agraviado y como víctima de la insolidaridad de sus compañeros, solo está dando munición a los que tomándolo como argumento, compararán al partido, como una organización delictiva y a sus líderes con apelativos que me da pena reproducir.

Si a eso unimos que el cinismo de las disculpas previas, concluye con un monólogo interesado ante los medios, sobre el que no caben preguntas, es fácil deducir cual era el objetivo. No se cuantas veces habrá esgrimido el mentado, los argumentos que ahora el partido aplica a su comportamiento, manteniendo el acta de diputado que obtuvo como miembro del PSOE, lo cual hace mas complejo todavía, el ejercicio de funambulismo que parece atraerle.

El tiempo nos dirá como acaba esta tragedia, pero de momento, el honorable Sr Abalos, nada ha dicho de su responsabilidad en la promoción de Koldo desde su condición de subalterno, a altísmas responsabilidades en órganos y comisiones de su ministerio, donde manejó potestades que le permitieron cometer delitos. Tampoco parece que pueda decir que lo desconocía, porque lo que ya es de público dominio, es el desparpajo y la “contundencia” con la que el tal Koldo se exhibía de modo incluso ostentoso.

El Sr Abalos no debería inspirar pena, porque no hay duda de la responsabilidad política contraída en el ejercicio de sus potestades; tal vez podría sugerir cierta rabia, por tener un comportamiento manifiestamente desleal con el partido que durante cuarenta años lo mantuvo en diversos niveles de responsabilidades políticas.

Se equivoca culpando a otros de su propia “desgracia” y miente al decir que se va al grupo mixto para “proteger” a su partido. A sus adversarios les facilita munición contra el partido y a su partido le hurta maliciosamente el único recurso que le quedaba, que era la exigencia de responsabilidad.

Se me antoja difícil transitar en busca del equilibrio, cuando el vendaval desatado será de virulencia imprevisible.

Duele en todo caso, que recurra al discurso de la sensiblería para incautos, porque cuarenta años de vida orgánica, pueden dejar de todo, menos ingenuidad.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en MAS ALLA DEL RUIDO Y LA SENSIBLERÍA.

CONTINUIDADE E CAMBIOS NO 18-F

Coñecidos os resultados das eleccións do 18-F, non tivemos que asistir á confusa e interesada polémica que suscitou Feijoo e a dereita mediática despois do 23 de Xullo do ano pasado a respecto de quen gañara aqueles comicios. Neste caso, non houbo marxe para as falacias argumentais: a forza mais votada o domingo no que rematou a semana do Entroido -o PP- posúe a maioría parlamentaria suficiente para ocupar o goberno da Xunta en solitario. Se o partido presidido por Rueda non tivera acadado a maioría absoluta, teriamos vivido unha campaña preventiva de deslexitimación da maioría alternativa conformada polos partidos que até ese momento conformaban a oposición na Cámara do Hórreo.

Hai dúas formas de analizar os resultados electorais. Ou ben realizando unha comparativa coas cifras rexistradas no mes de Xullo de 2020 ou avaliando o sucedido en base ás expectativas manexadas polos diferentes actores participantes.

Se apostamos pola primeira das opcións, as conclusións son indiscutíbeis: o BNG é a única forza que incrementa substancialmente a súa presenza anterior (rachando os teitos acadados nos anos 1997 e 2020); o PP diminúe algo o tamaño da súa hexemonía; o PSdG obtén o peor rexistro da súa historia; DO aparece no escenario parlamentar cunha cativa relevancia numérica que non lle proporciona capacidade decisoria e Sumar fracasa na súa pretensión de atopar un espazo propio aproveitando a súa presenza no goberno do Estado.

Se tomamos como referencia as expectativas xeradas previamente podemos afirmar que o PP aguantou mellor do que se agardaba e a oposición non foi quen de confirmar os prognósticos mais optimistas debido ao importante derrube padecido polo Partido Socialista. Tiña fundamento a opinión de que estabamos ante a mellor conxuntura dos últimos anos para contemplar un cambio de goberno na Xunta? Existían varios factores que avalaban a verosimilitude dese pensamento: o relevo de Feijoo por Rueda (un candidato menos coñecido e cunha capacidade de liderado menos consolidada no seo do seu partido); o lóxico desgaste acumulado por 15 anos dunha mediocre xestión gobernamental; a estatalización da campaña promovida polo PP para converter as eleccións galegas nunha segunda volta das xerais de hai 7 meses; a confusión introducida por Feijoo na metade da campaña anunciando hipotéticos indultos para os independentistas cataláns; a percepción dunha maior ilusión en sectores significativos da esquerda social que semellaba anunciar unha maior mobilización electoral (aproveitando o precedente do sucedido nos comicios xerais do 23 de Xullo de 2023); as virtualidades exhibidas por Ana Pontón para conectar con segmentos poboacionais que, desexando unha mudanza en San Caetano, non se ubicaban nos parámetros políticos e/ou ideolóxicos tradicionalmente asociados ao BNG.

Certamente, había «mais partido» que no 2020. O medre da participación electoral non foi suficiente porque non opera unha regra automática -como, trabucadamente, se manexou nalgunhas análises previas-que asegure o triunfo da oposición se hai unha menor abstención. O PPdG cometeu erros sorprendentes pero conseguiu neutralizalos mediante a máxima activación de todas as súas capacidades de influenza nas distintas estruturas de poder (económicas, sociais, mediáticas) e non tivo escrúpulos para utilizar métodos -anuncio de subas salariais ao persoal sanitario e de subsidios a mariscadores 48 horas antes da apertura das urnas- que violentaron obscenamente os criterios éticos esixíbeis nun sistema democrático de calidade.

Aínda que non hai dados precisos -pendentes dos estudos postelectorais- cabe pensar na concorrencia de dúas circunstancias adicionais favorecedoras dunha maior capacidade mobilizadora no electorado do PP: a presenza frecuente de Pedro Sánchez na campaña e os prognósticos moi maioritarios de que un eventual cambio de goberno sería encabezado polo BNG. A xenreira e o medo presentes en sectores do universo social do PP puideron actuar como motores suplementares de activación da participación electoral.

No territorio da esquerda e do nacionalismo, o 18-F certificou o extraordinario éxito do BNG e o fracaso contundente do PSdG e de Sumar. Nas históricas cifras acadadas polas candidaturas nacionalistas tivo un papel determinante o labor desenvolvido por Ana Pontón: as mensaxes emitidas e as formas utilizadas para a súa transmisión pretendían traspasar as liñas discursivas que limitaban o acceso a novos sectores sociais. En termos históricos, a dirixente nacionalista encarnou unha creativa actualización das mellores prácticas xeradas nesa organización e, singularmente, do que representou no seu momento a chamada corrente «quintanista».

O PSdG enfrontase a unha tarefa complicada. Deberá establecer un diagnóstico acaido das eivas estruturais que veu padecendo na última década cando compareceu como teórica alternativa para o goberno galego. Existen, como mínimo, dúas carencias que non pode descoñecer: a febleza dunha oferta programática integral para Galiza e a falta de continuidade dun liderado minimamente solvente que proporcione credibilidade a semellante oferta e que non fique subordinado ás tentacións do cantonalismo municipal e/ou provincial.

No caso de Sumar a principal incógnita radica na viabilidade futura -no ámbito da política institucional galega- dun espazo seriamente afectado por unha herdanza que transitou dende os éxitos de AGE e das Mareas ao posterior baleiro derivado das dinámicas autodestrutivas rexistradas nese universo.

A cita electoral deste inverno de 2024 ratificou un paradoxo que dura mais de 40 anos (dende os primeiros comicios ao Parlamento galego celebrados no Nadal de 1981): o PP foi quen de conservar a hexemonía (agás nos períodos 1987/1989 e 2005/2009) nas institucións dun autogoberno que non formaba parte do seu ideario fundacional e que non quixo mellorar na súa dimensión competencial. Noutros ámbitos institucionais (Parlamento estatal e concellos) non se ten rexistrado semellante nivel de continuidade no dominio político. Velaquí un reto fundamental para todas as persoas, entidades e forzas que acreditamos nas potencialidades do autogoberno.

Xesús Veiga 

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en CONTINUIDADE E CAMBIOS NO 18-F

A POSIBILIDADE DUN CAMBIO HISTÓRICO

O termo «histórico» é un dos que mais se utiliza na conversa pública. Até o punto de que, en moitas ocasións, perde o significado básico que debería proporcionar: describir un acontecemento pouco habitual na vida das sociedades ou das persoas. Tantos eventos son catalogados como históricos que, finalmente, ten lugar un efecto indesexado: a práctica banalización de semellante atributo.

Poren, en poucos días podemos asistir ao que sería un indiscutíbel feito histórico. Nunha dupla dimensión: o remate do goberno do PP na Xunta e a conformación dunha maioría parlamentaria alternativa encabezada polo BNG. O primeiro só ocorreu -como consecuencia directa do resultado electoral- nunha ocasión, cando Manuel Fraga perdeu a maioría absoluta no ano 2005. Antes e despois desa data, o dominio da dereita nas institucións do autogoberno galego foi unha constante (só interrompido entre 1987 e 1989 por unha moción de censura promovida polo PSdG, CG e o sector de AP que encabezaba Xosé Luis Barreiro). A segunda circunstancia sería totalmente inédita: o nacionalismo galego nunca accedeu á presidencia da Xunta nas décadas de funcionamento desta institución.

A viabilidade dun cambio no goberno galego require dunha composición parlamentaria na que o PP (só ou acompañado de «Democracia Ourensana») non acade os 38 escanos e BNG, PSdG e, eventualmente, Sumar dispoñan, como mínimo, desa forza numérica. Para que esta situación se abra paso terán que converxer un conxunto de fenómenos que presentan evidentes dificultades: un nivel de participación relativamente elevado, perda significativa no apoio electoral ao partido de Rueda e Feijoo, medre na contía de votos obtidos polo PSdG (a partir da mobilización de sectores proclives á abstención) e tradución efectiva en escanos dos votos que podan obter as candidaturas de Sumar nas circunscricións de Coruña e Pontevedra para evitar un beneficio indirecto do PP.

Aínda sen coñecer o mapa concreto, si podemos asegurar que non se repetirá a dimensión da vitoria obtida por Feijoo no mes de Xullo de 2020. O contexto da cita deste 18 de Febreiro ten algunhas novidades destacadas. Por exemplo: non se vai votar coa presión directa da pandemia de Covid e as lóxicas tendencias conservadoras que suscitou o medo ante unha situación descoñecida. Ou tamén: non estamos ante unha elección que xire arredor da figura presidencial de Feijoo. Non existen, agora, fortalezas específicas derivadas da xestión do goberno de Rueda durante os últimos meses. A decisión tomada polo PP pretendendo focalizar a campaña, nunha grande medida, na temática da amnistía e da situación en Cataluña, exemplifica a pouca confianza que teñen os dirixentes deste partido nas virtualidades das súas políticas gobernamentais.

Se as urnas propician o nacemento dun goberno alternativo, de coalición, haberá un importante catálogo de prioridades enriba da mesa. Entre elas, conviría citar dúas que non están tendo a relevancia que merecen no debate público: as necesarias mudanzas no funcionamento da CRTVG e a reforma da actual lei electoral. Nestes dous ámbitos non está en cuestión a maior ou menor suficiencia de recursos orzamentarios para enfrontar a adopción de novas normas e/ou medidas senón a existencia dunha vontade favorábel ao fortalecemento dos parámetros definitorios dun sistema democrático de calidade.

No caso da empresa pública de comunicación hai diagnósticos acaidos sobre sobre as feblezas e ameazas que ven padecendo nos últimos tempos e tamén son coñecidas as propostas rexeneracionistas formuladas polos profesionais da Compañía e por diversos analistas especializados no universo mediático. Asemade, pódese engadir o balance de acertos e erros rexistrado durante o mandato do goberno bipartito (PSdG-BNG) entre 2005 e 2009.

No relativo á lei electoral, unha nova maioría parlamentaria debería revisar a normativa vixente -que ten mais de 30 anos de vida- para dotar dunha maior proporcionalidade á relación entre o volume de poboación das circunscricións e o número de deputados e deputadas elixidas en cada unha delas. Ademais de modificar o límite provincial do 5% instaurado por Manuel Fraga e suprimir a inelixibilidade establecida para alcaldes e alcaldesas (norma que provoca a surrealista circunstancia de que a máxima autoridade dun concello poda figurar nunha lista ao Congreso pero non poda facelo -de non mediar a previa dimisión- nunha candidatura á Camara do Hórreo).

A reforma do actual Estatuto de Autonomía constitúe, certamente, unha asignatura pendente da máxima importancia para acadar unha mellora substantiva no autogoberno. Poren, a maioría cualificada esixida para que o Parlamento poda acometer ese obxectivo (2/3 do total de escanos) e a constatada negativa do PP a unha iniciativa desta envergadura, inviabiliza a expectativa dunha mudanza no curto prazo. En todo caso, a existencia dunha maioría parlamentaria que fora quen de ofrecer á sociedade galega unha proposta congruente de novo Estatuto colocaría ao PP nunha incómoda situación defensiva que, a medio prazo, non podería manter con garantías de éxito.

Xesús Veiga

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A POSIBILIDADE DUN CAMBIO HISTÓRICO

BOTIFLERS


Que al Sr. Puigdemont y sus adlateres no le preocupan lo más mínimo los intereses del conjunto de la
ciudadanía con la que comparte el Estado, no es ninguna novedad. Que no derramarían una lagrima por
las tribulaciones que puedan afectarles tampoco. Ahora bien lo que es una gran novedad es que al fin se ve
que ante su interés personal, tampoco Cataluña les importa un bledo.
No hay peligro de escucharle expresar no ya propuestas, sino su preocupación por la emergencia por
sequía, el funcionamiento de Rodalies, la política frente a las migraciones, la eliminación de las
desigualdades sociales, el fortalecimiento de una sanidad publica hoy francamente deficiente, o cualquier
otra las acciones que comportan la convivencia satisfactoria de un país.
No dudan en pronunciase sobre una ley pactada, acordada y votada. Que no cesan de manosear para
acomodarla a su personal inseguridad y temor a los amagos de un mundo judicial curiosamente activo en
temas que llevaban años en el fondo de algún cajón. Y con reprobable hipocresía sacan pecho diciendo
que es para no dejar nadie atrás. Para frenarla hacen bloque con PP y VOX.
Una ley que una voz nada sospechosa para el separatismo, D. Oriol Jumqueras califica como “una buena
ley que garantiza que centenares de personas dejen de ser perseguidas. Que es una ley robusta para
superar las prejudiciales en Europa y para superar los filtros, por ejemplo, del Tribunal Constitucional».
No parece osado presuponer que el caballero que optó por el maletero del coche a la hora de afrontar su
responsabilidad mientras el citado Sr. Junqueras pasaba varios años en la cárcel, se aferra a un patético,
“que hay de lo mio”, y “si no hay de lo mio a mi personal conveniencia…pues al resto que le den “ajo y
agua”.
Dña. Laura Borrás una de sus incondicionales y presidenta de JUNTS exige sin abochornarse el todo o
nada “aunque desborde el marco constitucional”. Es obvio decir esto no estaba en ningún lugar del
pacto. Por si cupiera alguna duda “el todo”, es el Sr. Puigdemont. “El nada”, son el millar y pico de
ciudadanas y ciudadanos que verían canceladas sus cuitas con la justicia en aras de avanzar en la
convivencia. Quizás la encendida postura de la Sra Borras concilie con el rechazo que sufrió a incluir en
la amnistiá sus tropiezos con una facturas y amistades peligrosas cuyo tratamiento legal está en las
antípodas de ser un caso vinculado al “procés”. Decia el finado D. J. Luis Sampedro hombre de
exquisita elegancia moral, que en la política, “En estos tiempo es más fácil divulgar la inmoralidad que
la decencia”.

Botifler es un termino puesto en uso en la Guerra de Sucesión en Cataluña en relación con el bando
“borbonico”. Hoy se usa liberalmente por los”hunos” contra los “otros” para descalificarles como
traidores. ¿Seria ilógico que le tildasen a el y a su grupo de botiflers, los centenares de funcionarios,
profesores, directores de colegio, ciudadanas y ciudadanos del común afectados por el “proces”
sintiéndose traicionados por quien para su exclusivo interés personal y al amparo de sus
incondicionales, prefiere cargarse una Ley de Amnistiá útil para normalizar la vida de muchas familias
y contribuir a una armonía de convivencia?
Voces sensatas como la del lendakari Sr. Urkullo invocan la gobernabilidad y la estabilidad. Todos, los
partidos del bloque de la investidura están estupefactos antes las erráticas posturas del Sr. Pugdemont y
su circulo afín. Seguramente el seny que distingue al pueblo catalán, también.
Ha sido un esfuerzo arduo. Que exigió valentía, y que ha pasado un factura altísimo. Donde el gobierno
de coalición y quien lo lidera sufrieron un severo costo. La propuesta es un paso arriesgado pero decido
en la normalización de Cataluña y devolver a la pollita, la convivencia. A partir de ahí el Gobierno,
cumplido pulcramente su trabajo con el texto formulado. ha de ser firme en su resolución de mostrar que
el Estado de Derecho no está ni puede estar sometido a los caprichos, groserías ó las ridículas
destemplanzas de quien se siente Pigmalión en su república de fantasía.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en BOTIFLERS

CONVERTIR EL EMBROLLO DE LA AMNISTÍA EN UNA OPORTUNIDAD.

La amnistía, como fruto de un acuerdo para la conformación de gobierno parlamentario, vino acompañada desde su gestación de una considerable polémica, que con toda seguridad acabará resolviéndose en el Tribunal Constitucional.

Al margen del llamado ruido político, el propio contenido de la ley, es delicado ya que el debate entre la oportunidad del derecho de gracia como lenitivo para la convivencia y la impunidad como privilegio de un grupo, que siempre puede resultar “atentatorio” contra el principio de igualdad de todos los ciudadanos.

Dicho esto y sentada por tanto la complejidad de la gestión, sobre todo comunicativa de la medida extraordinaria, cabría hacer algunas consideraciones sobre los avatares que acompañaron su gestión.

En primer lugar, el haberse tomado como bandera de la oposición, para desgastar al gobierno, lo que sin dida favorece los excesos dialécticos y distorsiona el debate.

En segundo lugar, el activismo de un sector de la judicatura, que ha decidido no solo participar activamente en el debate público, sino participar con acciones procesales qu.e decididamente han influido-y de que manera-en la tramitación de la ley.

En tercer lugar, la obsesión del grupo político de Puigdemont, mas obcecado en alimentar el debate sobre la parcialidad de la judicatura, que en buscar soluciones de futuro para la propia convivencia en Cataluña.

Por último y no menos importante, la divergencia de relatos con los que se han ido acompañando los diversos hitos de la apenas nata legislatura entre el gobierno y el grupo de Puigdemont, que dificultan la comprensión de una mínima comunidad de objetivos.

Llegados a este punto y después de que el grupo de Puigdemont haya incumplido sus propios acuerdos, votando negativamente el texto de la Ley de amnistía, siguiendo sus obsesivo enfrentamiento con un sector de la judicatura, quizás cabe una pequeña reflexión coyuntural.

¿Es justificable, continuar en esta situación endiablada, en la que Puigdemont y su grupo, han perdido toda credibilidad y se constituyen en una compañía nada fiable?

A pesar de las dificultades ambientales, el gobierno se ha abierto paso con el argumento de la convivencia, que caló en sectores importantes de la sociedad y ello, pese a que Puigdemont y los suyos, se han empeñado en difundir su propio relato, nada amable ni estimulante para la convivencia.

Tal vez es el momento de poner a Puigdemont y a los suyos frente al espejo y mostrarles los límites que puede tener la intransigencia permanente y la imposición del propio criterio. Tal vez Junts, además de los personalismos que guian su acción, tiene importantes déficits de concepción democrática, que no estaría de mas evidenciar.

La gran oportunidad del gobierno, consiste en ser capaz de mantener el relato de la convivencia, como justificación única del derecho de gracia, poniendo en evidencia que los intentos de adulterar la ley con intereses personales y particulares es un límite infranqueable.

La intransigencia de Junts, podría resultar la trampa que los convierta en irrelevantes, pero también la oportunidad para el gobierno de consolidar un relato de sensatez y sensibilidad, que se plasmaría en la disponibilidad para el sacrificio si los de Puigdemont no se muestran capaces de asumir los límites naturales que impone la convivencia.

Una posición firme y sosegada, podría tener efectos muy positivos en la valoración del gobierno y en las próximas citas electorales en Cataluña y en España. Veremos como acaba este juego.

Jesús Penedo

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en CONVERTIR EL EMBROLLO DE LA AMNISTÍA EN UNA OPORTUNIDAD.