X Lexislatura – Antonio Campos Romay

É tolemia manifesta dicíanos o poeta satírico romano Juvenal alá polo ano 100, “vivir precariamente para poder morrer rico”. En sentido contrario é a recomendación que hoxe fáisenos de xeito cotían.. Esta reflexión conduciríanos directamente ás cavilacións de Seneca cando afirmaba que “a vida é moi perigosa”. “Non polas persoas que fan o mal. Senón polas que sentan a ver o que pasa”. Isto é algo moi propio dos que se confesan apolíticos e que deixan na súa desidia acomodadiza que outros decidan por eles. Cando se propoñen circunstancias regresivas de todo orde son moitos os que co seu silencio ou a súa pasividade esquecen que non hai nada máis comprometido que dar marcha atrás, cando a esencia da vida é ir sempre cara adiante. Forzosamente a vida é unha progresión por unha vía de sentido único. Con distintos camiños pero todo eles con único sentido. Por iso é tráxico ver deambular a sociedade sen rumbo fixo entre ditados altisonantes e interesados que converten a historia do home nun transito de cangrexo, que fai que non vivamos, senón apenas existimos. Como autómatas, escravos decorados de modernidade, a gran maioría existe. Comprimida entre mensaxes machucóns e condicionantes. Máis próximos a lavados de cerebro que a forxa de pensamento propio. Volvendo a Lucio Anneo Seneca compre coincidir con el, que a vida, ese transito fugaz sobre a cortiza dun planeta millonario en anos e experto en ver sucederse aos grupos tribais sobrevivindo sobre o seu epidermes e pasando como estrelas fugaces de moi leve recordo, e apenas é  “tres tempos sucesivos”, os que a marcan. “Un presente”, brevísimo e volátil, “un futuro” dubidoso, como non paran de advertirnos interesados augures expertos en dinamitar a resistencia social e só queda como certo “o pasado” que pode ser breviario de fermosas lembranzas ou amargo queixume, cemiterio de ilusións erradas..

Curiosamente a vida é o oficio máis difícil na súa aprendizaxe. Abrangue o seu curso académico todo un periplo vital. Cando se comeza a ter conta cabal dela, o coñecemento adquirido é refutado con certo desdén por uns, pola ancianidade do profesor, mentres no persoal apenas serve de pasaporte para o camiño cara á nada que os crueis calibran en lume eterno ou beatifico seo e os escépticos en cinzas para ser espalladas no mar.

Recomenda Ernesto Sábato que “soamente unha vida dedicada aos demais merece ser vivida”. Seria bo como regra de ouro para a clase política e alicerce seguro para que recuperasen posicións honorables nas enquisas do CIS. Algo que requiriría a grandeza de non renunciar á liberdade como columna vertebral, ao valor moral da coherencia e ao valor substantivo dos dereitos humanos como conquista, en troques dunha seguridade transitoria, un remendo social que ao cabo non é garantía nin de liberdade nin de certeza. Seria suxestiva unha clase política capaz de entender o exercicio desta, en clave ética en primeiro lugar e logo con tal lexitimidade ter a capacidade de convicción didáctica cara á sociedade tratándoa como colectivo intelixente, maduro, e non cal masa burricana, facendo entender por vía de exemplo, que tanto ou mais que atesourar patrimonio e riquezas e as cousas que a partir delas póidanse obter, esta a beleza moral daquelas outras que os cartos non poden mercar. Bens intanxibles pero indispensables para entender, construír e alcanzar un futuro común, solidario e sostible.

Hoxe, cando se configura unha maioría absoluta, case omnímoda, cos resortes das diversas administracións nunha soa facción, a primeira advertencia sensata seria subliñar e facer énfase, e exemplos hai na nosa case nunca cabal historia, que o poder sen limites, é propicio ao frenesí, á bebedeira que remata arruinando a súa propia autoridade. E como os que representan tal poder en maioría notoria, sentiranse próximos ao autor, faise mester exhortarlles a ollar unha sentenza do teólogo e Arcebispo de Cambrai, Fenelon, que advirte que “o poder absoluto como a nogueira, non deixa crecer nada baixo a súa sombra”. A primeira proba sentea nas suas carnes Amaiur

No inicio desta X Lexislatura das Cortes Xerais quizais ao Señor Presidente do Congreso dos Deputados nunha intervención medida e moi razoable faltoulle engadir unha frase de Don Antonio Gala, “despois do poder, nada hai tan excelso como saber ter dominio do seu uso”. Ou, volvendo ao citado Lucio Anneo Seneca, recordar ás súas señorías, especialmente ás das bancadas da maioría, “Todo poder excesivo dura pouco”…

>Claro que o estoico Séneca, espectador da decadencia do imperio nun período marcado pola carencia de ética, turbulento e amoral, entoou a súa “adeus” non cos compases de Schubert, senón cunha copa de cicuta na man, servida polos que xa  naquela época exercían de especuladores, feirantes usureiros e tiranos.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s