Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro Mora

Non cemiterio antigo do seu Mondoñedo natal  como epitafio na súa tomba fica escrito “Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis”. Tamén hai outra que di: “Loubado aceno a Deus que me permitiu facerme home neste grande reino que chamamos Galicia”.

Nado en Mondoñedo en 1911, foi un escritor prolífico cúa obra literaria  abrangue  o xornalismo, a narrativa, a poesía, o teatro e mesmo traballos importantes de tradución.  A súa pluma foi habitual en xornais coma o Faro de Vigo, que dirixiu, La Voz de Galicia, El Progreso e La Región entre outros. Recibe no ano 1959 o Premio Nacional da Crítica pola obra “As crónicas do sochantre”.  Acadou o Premio Nadal no ano l968 coa novela “Un home que se parecía a Orestes”. A súa poesía recollida en  “Herba aquí ou acolá” recibiu o premio Frol da Auga en 1979 ano en que tamén foi galardoado co Premio da Critica da Narrativa Galega pola súa obra “Os outros feirantes”. Entre os seus recoñecementos obtivo como xornalista, o premio “Conde de Godó”.

Foi membro da Real Academia Galega onde ingresa no ano 1961 pronunciando un  fermoso  discurso, “Tesouros novos e vellos”  que converteuse nunha peza clásica da literatura galega  contemporánea. No ano 1991, Cunqueiro foi recoñecido polo mundo cultural adicándolle o Dia dás Letras Galegas.

Durante os seus tempos compostelanos foi asiduo dos faladoiros do Café Español onde cultivou a amizade de intelectuais coma Domingo Garcia Sabell, Carlos Maside, Ricardo Carballo Calero, Torrente Ballester; Fernandez del Riego ou Xosé Eiroa.

Membro do Partido Galeguista dende os seus inicios, nembragantes  entre os anos 1937 e 1944 colabora co franquismo. En 1944 rompe coa Falanxe nun escuro incidente que provoca retireselle o carné de xornalista. A intervención de Fernández del  Riego e fundamental para que poida retomar a súas colaboración na prensa escrita a partires do ano 1946.

Segundo subliña  o profesor Henrique Monteagudo, filólogo e Secretario do Consello da Cultura Galega, coordinador do Ano Cunqueiro,  simposio celebrado en 2010 entre  Santiago, Vigo e a Coruña, foi recuperado para a literatura galega convidado por Paco del Riego e Piñeiro. “Merlín e familia” foi a primeira novela en galego publicada na ditadura”, sinala Monteagudo dun autor que antes da Guerra Civil era “galeguista radical” para despois adherirse ao franquismo “sen sabermos ata que punto foi convencido ou forzado polas circunstancias ou polo oportunismo”.

Suso de Touro relata, “Cunqueiro tivo dúas duras e amargas leccións que lle partiron a vida. O golpe e a guerra foron a primeira lección: os límites da realidade, o peso grave da historia. Aquela machada decapitou á súa xerazón. Morreron ou fuxiron exiliados os indios, e Álvaro para sobrevivir fíxose vaqueiro. Para aprender esa dura lección tivo que perder algo, non sabemos o que, nese tránsito, nesa reviravolta da identidade. Sabemos que no ano 1938 xa é un vaqueiro, gasta camisa azul fascista, correaxes e bota alta. Por eses anos escribe en castelán “Historia del caballero Rafael”, coñece aos seus novos camaradas da Falanxe cultural, os cataláns que fundan a revista Destino”. Ese grupo evolucionará na posguerra ao culturalismo catalán e o editor Josep Vergés editará a Cunqueiro na Editorial Destino.

Preguntase Suso de Touro, ¿Como puido facer para integrarse nos intelectuais falanxistas que cantaban á guerra? ¿Como non había pensar nos seus compañeiros asasinados? So é explicábel nun rapaz desvalido que precisa acubillo nunha irmandade intelectual, e que a encontra nesa xeración de camaradas bébedos de historia e de fascismo: Laín, Ridruejo, Tovar, Manuel Machado, Luís Rosales, Eugenio Montes, Pemán, Torrente Ballester, Leopoldo Panero, Eugenio D’Ors, Martín de Riquer…

De Cunqueiro diría o acedo Paco Umbral , “Álvaro Cunqueiro é inagotable de ler e o que hoxe lle dá máis sentido a súa prosa é un humorismo tácito, unha graza oculta de romano ilustre que se retira á súa quinta con máis libros que coellos.  Asinou Cunqueiro ou Conqueiro, segundo os ventos políticos. Era cardeal cismático de Mondoñedo, era director de xornais, era un gran prosista en castelán e en galego, grande, gordo, cordialísimo, facundo e recatado,  dicidor e recolecto, artista. Nunca quixo saír dos seus círculos concéntricos de prosa e verso, de pobo e vila, de modo que viña a Madrid como un pai remoto das letras, como un xenio raro, e o seu libro máis famoso é “Crónicas do sochantre”, onde a prosa lírica e imaginativa chega a perigosos perfís de inverosimilitude e graza.

Cunqueiro, o home das mil e unha facianas, tantas veces posto como exemplo e modelo de escritor bilingüe, chega a afirmar que  non cre no bilingüismo: “Eu son un escritor galego, eu son un home que pensa en galego e non creo no bilingüismo: eu sosteño que hai sempre unha lingua de fondo e a miña lingua de fondo é o galego. Que eu teña máis ou menos facilidade para expresarme noutra lingua e que esta lingua sexa o castelán, esta é outra cuestión. Naturalmente un escritor que pretenda vivir da pluma non pode facelo  se escríbese soamente na lingua galega”.

En 1980, foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela. Un ano despois, na cidade de Vigo morreria este mixturador de maxia e mística, ourive do idioma, un dos grandes da lingua galega e tamen da castelan que tras de se deixou unha extensa obra florecida nos mais recónditos saberes e plena de erudición.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ESPACIO LITERARIO. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s