Falta unha eternidade – Antonio Campos Romay

En termos políticos e recollendo a acertada frase dun agudo analista político coma Xosé Luís Gómez, “falta unha eternidade para o 2015”. Nunha visión urxente tras o parto dos montes que semella este 38 Congreso do PSOE onde poucos votos separaron concepcións case tan distantes como as que representaban Bono e Zapatero noutro conclave socialista moi axustado, fican pendentes moitas respostas de interese en clave interna e externa. Como fogos de artificio propóñense medidas nas que coinciden moitos militantes e cidadáns. Certamente sorprende que no século XXI teñan que ser postas en valor por un partido de esquerdas, especialmente tras o paso deste polo o goberno en varias ocasións. Por citar algún tema dos que mostráronse como estrelas, a revisión do Concordato e o laicismo do estado ou a dación en pago.

Sendo unha eternidade o que falta para 2015 había oportunidade facer as cousas doutro xeito. Con menos presas e con ofertas de mais calado. Tras a perda escandalosa das derradeiras eleccións e coa responsabilidade de haber aberto paso de xeito triunfal a unha dereita crecida nos desexos de contrarreforma, parece obrigado afondar polo miúdo no xeito de marear nun novo ciclo histórico cargado de interrogantes. E aviar con total garantía a ferramenta partidaria converténdoa en algo acomodado tanto ao momento como aos retos que presenta. Facer un análise rigoroso con afán critico e non cos afáns dos que fican nunha situación critica no persoal tras ser apeados dos seus apousadeiros.

Cando falase dun combate sen cuartel fronte a unha serie de erros habidos, parece que rechían seriamente algúns nomes da Comisión Executiva Federal. Tanto que semellan unha noxenta herdanza cuia continuidade non sábese que crípticas razoes o apoian. Mentres a presidencia do partido, algo emblemático, tradicionalmente reservado a alguén con longa tradición militante e autoridade moral fora de toda dubida, entregáselle a quen non só presúmese non vai saír ben librado dunha inminente confronta electoral senón que dalgún xeito anda enguedellado en varios temas non menores. E coma unha vontade teimuda de premiar desfeitas e reincidir en esquecer aos protagonistas dos erros cunha organización coma socialista, a mesma que se reclama herdeira de Pablo Iglesias, está chamada a desterrar.

O novo secretario xeral foi rotundo en afondando na necesidade urxente da federación de Europa e consonte con elo, arranxar un Partido dos Socialistas Europeos. E ten toda a razón. A nivel interno establece unha liña vermella dacordo coa tradición e esencia do PSOE entre federalismo e confederalismo no nivel partidario reclamando a vixencia do primeiro presuposto. Algo que podería subtitular “relacións co PSC”. Pero botase de falla a referencia ao estado federal como saída racional ao apaño do estado das autonomías, cos efectos subseguintes de racionalidade e de economía. Entre outros por vía de exemplo, caso de órganos intermedios prescindibles coma as deputacións do que o secretario xeneral cando candidato fixo bandeira nalgunha ocasión. Chama a atención escoitalo facer fincapé en algo que xa debera estar fora de toda dubida, un cargo político un so salario. Malia que esquece que en sintonía coa proposta seria oportuno abundar  tamén no de un político un cargo, e non, casos coma dalgunha militante, cúas singulares dotes de seguro aos mortais négaselle coñecelas, xunta sobre as súas sacrificadas costas ser deputada, membro da Mesa do Parlamento, Tenente de Alcade, membro da executiva federal, local, etc. Incompatibilidades non so éticas en orde aos compromisos cos cidadáns, senón que topan co regulamentado establecido por unha Organización territorial que quizás teña que tragarse o tema, acollendose ao vergoñento refrán, “mexan por nos e din que chove”.

Este Congreso vai dar para moito mais. Tal debe estar pensando o líder do PS de G, para quen a lectura deste concilio andaralle dando voltas na cabeza moito tempo. Mais iso, e outra historia.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s