Perde Zapatero, gana Felipe – José Luís Gómez

A pesar da súa estrepitosa derrota electoral o 20-N, o PSOE reaccionou con serenidade e non quixo entregarse a ningunha revolución, senón máis ben ao espírito dos oitenta, a década dos éxitos de Felipe González.

A nova executiva do PSOE, cun apoio do 80%, permite ver case un calco do equipo electoral de Alfredo Pérez Rubalcaba, con algunhas concesións aos seguidores de Carme Chacón, quen se quedou fóra da executiva e da dirección do grupo parlamentario. Todo bastante previsible, unha vez que perdeu “Zapatero con saias”, segundo a expresión de Rodríguez Ibarra, e que, no fondo, gañou Felipe González, un dos mentores de Rubalcaba. Elena Valenciano será a persoa de confianza do flamante líder socialista, como ‘número dous’, e na presidencia estará de novo un andaluz, xa que José Antonio Griñán colle a substitución de Manuel Chaves. A Rubalcaba seguramente que non lle fai moita graza ter nese posto a Griñán, que non lle apoiou, pero tampouco lle quitará o soño, xa que sabe que a presidencia do PSOE está nunha vía que non leva a ningunha parte.

Os catro socialistas que van afrontar eleccións proximamente estarán todos eles na executiva, empezando por José Antonio Griñán e Javier Fernández, que competirán en Andalucía e Asturias o mes que vén, e terminando por Patxi López e Pachi Vázquez, que serán os seguintes en ter eleccións en Euskadi e Galicia, xa en marzo 2013, salvo que haxa adiantos que tampouco hai que descartar. Eduardo Madina, que soa como home de futuro no PSOE, tamén forma parte do equipo de Rubalcaba, no que Oscar López será secretario de Organización e, en consecuencia, o ‘número tres’.

O PSOE xa ten, xa que logo, líder e equipo de dirección en Ferraz e no Congreso, e o tempo dirá que sucede co seu cartel electoral nas xenerais de 2015. De entrada sábese que os simpatizantes poderán votar o candidato do PSOE á presidencia do Goberno, o cal soa ben se nota a influencia do socialismo francés-, aínda que chirría un pouco con que os militantes socialistas non poidan elixir directamente ao seu secretario xeral, suxeito ao criterio dun milleiro de delegados nun partido cun cuarto de millón de militantes.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s