Panorama informativo á dereita – Xosé A. Gaciño

Asasinado o xornal Público pola vía aparentemente aséptica das leis do mercado (tanto vendes tanto vales, sobre todo se es de esquerdas, porque aos de dereitas se lles facilitan inversións, créditos e publicidade), limitado e domesticado en certa medida o grupo Prisa (que non quere ser sometido a unha nova persecución como á que lle someteu Aznar, vía Gómez de Liaño), ao PP só lle falta liquidar a independencia de RTVE para dispoñer dun coro mediático case unánime. En Galicia xa se viviu un proceso semellante co peche en cadea de periódicos en galego e progresistas, en papel ou en dixital, nada máis volver a dereita á Xunta.

De momento, e con respecto á RTVE, teñen que probar unha dose moi leve da súa propia medicina, a das dificultades para cubrir vacantes que necesitan consenso parlamentario. Os populares teñen demostrado, ao longo dos dous mandatos de Rodríguez Zapatero, a súa habilidade para bloquear a renovación de cargos que necesitan maiorías cualificadas, se a renovación vai ter como consecuencia que os conservadores queden en minoría, e para presentar recursos oportunos, cos argumentos máis peregrinos (pero eficaces), co fin de fabricar en cada caso a maioría necesaria. Así conseguiron manter o control do Tribunal Constitucional e do Consello Xeral do Poder Xudicial durante os sete anos dos últimos gobernos socialistas, corrixindo na máxima instancia xudicial o que non podían evitar no parlamento.

Agora, mentres non resolvan o nomeamento dun novo presidente da corporación de RTVE, soportan de mala gana a liña informativa independente da radio e televisión pública do Estado, que é, por certo, a de máxima audiencia, un dato que deberían ter en conta estes ultraliberais da oferta e da demanda, pero que, á hora da verdade, como teñen demostrado coa televisión autonómica madrileña, prefiren unha información sectaria, aínda que nin siquera a sigan os seus votantes. Non vai ser moito tempo, de todas maneiras, porque xa o líder socialista aceptou negociar todas as renovacións pendentes antes do verán, e a anunciada liña de oposición construtiva inclúe pagar con sensatez e non vingarse por todo ese pasado irresponsábel da crispación sistemática.

Cando remate de caer a independencia de RTVE, contemplaremos un panorama informativo moi escorado a dereita, desde un moderado partidismo ata a manipulación máis sectaria no profundo da caverna, con illotes de progresismo en pleno naufraxio. A política informativa da esquerda sempre primou os medios públicos e, cando non ten acceso a eles, o tratamento informativo das súas propostas e das súas opinións queda moi desamparado, por moito que, hoxe por hoxe, o xornal e a cadea de radio con maior difusión se movan na órbita progresista. A inmensa maioría do resto dos medios van formar un cerco de descualificacións constantes. Na dereita mediática non abonda o respecto ás ideas alleas.

Na información, como en tantas outras cousas, parece que Rajoy, a pesar da súa apariencia presuntamente moderada, pode chegar máis lonxe na involución que Aznar na súa segunda lexislatura. O castigo da crise, coa inmolación do goberno socialista, sementou a desmoralización nas bases e nas organizacións de esquerda. Montada na onda da catástrofe, a dereita síntese agora máis forte que nunca para meter en cintura o que considera veleidades «progres» que poden significar límites aos índices de lucro privado. Incluída a liberdade de información e de expresión.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s