A banca e as empresas – José Luís Gómez

José Luís Gómez

España consumiu moito tempo lamentándose da falta de financiamento bancario para as empresas, pero en cambio tardou en adoptar medidas, tanto para sanear o sector financeiro -o ministro Guindos eleva agora a 52.000 millóns o impacto da reforma- como, sobre todo, para innovar e promover alternativas, algunhas delas xa coñecidas no mundo anglosaxón, onde os mercados de capitais están máis diversificados e son máis competitivos. Un exemplo é a falta de empuxe ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB), dedicado a empresas de reducida capitalización. Outro é a precariedade do capital risco ou a falta de suficientes ‘business angels’, é dicir, de persoas cun amplo coñecemento de determinados sectores e con capacidade de investimento, que impulsan o desenvolvemento de proxectos empresariais con alto potencial de crecemento nas súas primeiras etapas de vida, achegando capital e valor engadido á xestión.

A miúdo dá a impresión de que a banca actúa como can do hortelano, que non come nin deixa comer. Nin se abren espazos para recuperar a banca pública, demonizada sen que ninguén explique as razóns, nin se propician alternativas consistentes ao financiamento tradicional, neste momento colapsada e pendente dunha reforma que aínda tardará en dar froitos, por positiva que sexa.

Todo parece indicar que os bancos e caixas, cada vez máis concentradas por certo, van deixar espazo para que emerxan novos axentes financeiros, especializados en financiamento de empresas, pero ese tipo de procesos adoitan requirir estímulos lexislativos e incentivos ás compañías, por exemplo para crear un gran Mercado Alternativo Bolsista, que en España está por vir.

As grandes solucións chegarán desde arriba -léase Unión Europea, Banco Central Europeo e Alemaña-, máxime agora que España é un país tutelado por Berlín e Bruxelas, pero desde abaixo tamén cabe moverse. Como di o economista galego Vicente Martín, para que se reactive a economía ten que haber máis demanda, pero para que as empresas poidan facer cousas -por unha banda investir e polo outro tirar da economía e xerar máis emprego-, é fundamental que haxa financiamento, do tipo que sexa. En definitiva, será unha boa forma de demostrar algo que predicou Guindos ante Ben Bernanke en Wáshington: o fin último da reforma financeira ou a reforma laboral é o de volver ao crecemento económico nos próximos meses.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s