O Primeiro ano de M. Rajoy – Xesús Veiga

Xesús Veiga

Pasou o 20 de Novembro sen a exhibición de boato oficial que sería teoricamente previsíbel despois de vivir un ano baixo a dirección do goberno de Mariano Rajoy.Cando estaba na oposición, o líder do PP repetía que o principal problema da economía española era a falta de confianza que provocaba o gabinete de Zapatero e a non existencia dun programa de medidas reformadoras capaces de mudar a tendencia recesiva dominante.Nos meses que leva na Moncloa tivo ocasión de mostrar a distancia que media entre as promesas formuladas na campaña electoral e a dura realidade marcada polos decretos e normas aprobadas nos Consellos de Ministros.

O incumprimento dos compromisos electorais non foi episódico senón sistemático.Dende a suba do IRPF e do IVA até a non actualización das pensións pasando polo encarecemento xeralizado dos fármacos.E todo porque, supostamente, “a realidade e non Bruxelas” obrigou a tomar semellantes medidas.Esta afirmación pretendidamente exculpatoria agacha un recoñecemento de maior transcendencia:Rajoy e a súa equipa elaboraron, no ano 2011, o programa de goberno sen coñecer suficientemente as dimensións da situación económica e depositando todos os ovos salvadores na cesta de Merkel e os demais correlixionarios políticos e ideolóxicos que teñen mando na UE e no FMI.Despois do sucedido no mes de Maio de 2010 (o famoso “diktat” enviado pola “troika” a Zapatero), os dirixentes do PP non podían alegar ignorancia e moito menos unha inocencia que non se compadecía coa súa determinante presenza en moitas CC.AA. e na propia estrutura dos altos funcionarios da Administración Xeral do Estado.


O PP pode contabilizar, neste primeiro ano de mandato, un resultado desigual nas catro consultas electorais celebradas.En Andalucía recibiu un castigo non previsto e nas terras galaicas obtivo unhas cifras que poucos prognosticaban.As citas do Pais Vasco e de Catalunya deixaron en evidencia a debilidade estrutural que padece neses ámbitos territoriais.En calquera caso, Mariano Rajoy quixo xogar ao gato e ao rato con estas convocatorias:primeiro aprazou a presentación dos orzamentos de 2012 no Congreso coa intención de salvar ao soldado Arenas e despois –mentres agardaba a sentenza das urnas nas tres nacións históricas do Estado- reiterou con moita contundencia que non ía tocar as pensións.Mais alá do impacto desas estratexias gobernamentais na aritmética electoral, non semella moi congruente invocar habitualmente a primacía dos intereses xerais para xustificar as duras medidas tomadas sobre amplos sectores da poboación e, ao mesmo tempo, utilizar evidentes cálculos partidistas para administrar  o alcance e o calendario da medicina recomendada dende os poderes financeiros.


O estoupido do caso Díaz Ferrán constitúe un epílogo significativo deste primeiro ano de hexemonía política do PP.O modelo económico sementado nos anos de viño e rosas da orxía financeiro-inmobiliaria provoca este tipo de resacas.A traxectoria do antigo presidente da CEOE é unha boa metáfora das graves carencias éticas que se veñen rexistrando no funcionamento do sistema democrático español.Unha asignatura que segue pendente no comezo do segundo ano da andaina Rajoy.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s