Estreitamento do debate político – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

A crise utilízase o mesmo para xustificar calquera reforma ou contrarreforma (teña ou non que ver directamente con ela) que  para rexeitar calquera proposta ou reivindicación que non interese aos que dirixen a suposta saída da crise, por moito que a proposta ou a reivindicación teña relación directa coas posibilidades de superar esta situación de estancamento na que nos colocaron os responsábeis desta desfeita e os seus cómplices (os que están contribuíndo a facela crónica coas medidas de austeridade discriminatoria).

No panorama de intimidación que debuxan os xestores da crise, baixo o principio inapelábel de que non hai máis alternativa que a que eles decidiron, o debate político vai estreitándose até o punto de que se pode chegar á conclusión de que sobran os políticos e as institucións democráticas se, en definitiva, son as forzas do mercado e as manobras financeiras e especulativas as que marcan as medidas de goberno. 


Quizais é precisamente esa a intención dos que machucan coa idea de que non se poden elixir opcións fronte á débeda que nos desborda. Que o persoal se desentenda dos políticos, non vaia ser que escoite a algúns que defendan outras alternativas, e que se resigne a aceptar o que lle vai caendo enriba, sobre todo que remate disposto a aceptar incondicionalmente un posto de traballo, sexa cal sexa o salario e sexan cales sexan as condicións laborais en precario que se lles impoña.


Porque, cando se descualifica aos políticos en xeral, a dereita non soe darse por aludida. Ás veces, incluso dá a impresión de que alenta ese clima de opinión contra os políticos, que parecería máis propio de posicións ácratas e antisistema. Nesta cuestión concreta da situación económica, ademais, parece moi interesada en recalcar que as medidas son puramente técnicas, como respostas automáticas a unha situación herdada (a coartada que segue a repetir o goberno de España, despois dun ano de exercicio, no que case todo foi a peor). Pretende así que a súa xestión quede por enriba do que consideran manexos políticos permanentemente sospeitosos, como unha xestión enmarcada nunha tarefa transcendente de salvación da patria, que sempre sosteñen os mesmos, mentres grandes patriotas das finanzas e das corrupcións colocan os seus recursos en paraísos fiscais.


Pero, aínda que a dereita trate de convencernos do contrario, tamén é política colocar o piloto automático para navegar de recorte en recorte, política de dereitas naturalmente (mesmo se o coloca un goberno inicialmente de centro-esquerda, como lle ocorreu a Rodríguez Zapatero no seu último ano e medio, con argumentos semellantes aos dos supostos técnicos asépticos). Como tamén é política, e da dura, retroceder en materias que o consenso social xa tiña asumidas como normais, para satisfacer as ansias de control das minorías fundamentalistas.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s