Un presidente mentirán – Antonio Campos Romay

Bismark, alemán, ó “Canciller de Ferro” (pero menos que a Sra. Merkel), afirmaba, “nunca se minte tanto como antes das eleccións, durante a guerra e logo dunha cacería”. O Sr. Rajoy debeu interiorizar tanto a cita do bigotudo canciller, que non foi quen de frearse tralas eleccións. Boris Pasternak escritor recoñecido en xeral e especialmente entre a dereita dicía en cambio “Anóxame e non me gusta a xente indiferente á verdade” Seguramente non lle compraceria coñecer ao Sr. Rajoy. Un home que tanto na condición de candidato como na presidencial e teimudo en faltar á súa palabra. O máis preocupante, non é que minta – que si -, senón que imposibilita a súa credibilidade. Nin sequera tivo a cordura de dicir algunha verdade na que apoiarse.

En Valencia en 2010 diante dos seus incondicionais: “a suba do IVE é a sabrada do mal gobernante”. O IVE non se subirá.  No discurso de investidura: Non subirei os impostos.  (Decembro 2011), en abril de 2012  o goberno do PP sobe o IVE, que sendo un imposto non  progresivo castiga especialmente as rendas máis baixas. En setembro de 2011: Ímonos a opoñer a calqueira suba de impostos…“subir impostos é profundamente insolidario coas clases medias e traballadoras. Daquela o PP definíase “como o partido dos traballadores”. O goberno do PP estableceu por decreto a suba do IRPF e o IBI botando por terra o consumo e empobrecendo maís o país.

8 de xuño de 2010, di o Sr.Rajoy en Madrid: Nós non apoiaremos unha amnistía fiscal. Remacha a Sra.de Cospedal por:“inxusta, antisocial, impresentable”. En marzo de 2012, o Goberno do PP  aproba a amnistía fiscal fronte ao criterio xeral, incluídos os inspectores de Facenda, que reclaman maior esforzo na contra a fraude.

Novembro 2011. O Sr. Rajoy dixit : “Voulle a meter a tesoira a todo salvo ás pensións públicas, á sanidade e á educación” As pensións son conxeladas caendo vertixinosamente seu poder adquisitivo. Abril de 2012: Re-pago farmacéutico e cobro do 10% nos medicamentos aos pensionistas. Para xá re-pago por desprazamento en ambulancia. O ensino universitario incrementa o custo real das titulacións en torno ao 10 ó 12%. Deteriórase a docencia e afúndese a investigación. Aumentan os alumnos por aula e en primaria e secundaria vanse á rúa preto de 40.000 interinos. Pero si hai diñeiro público para financiar a segregación  por sexos do alumnado  en determinados centros privados subvencionados.

Si en xaneiro de 2010, nun acto do PP de Cataluña. D. Mariano dogmatiza, “Estou de acordo en sanidade e educación para inmigrantes sen empadroar” en agosto de 2011 o goberno  do PP reforma o acceso ao sistema de saúde público (en contra dos criterios das ONU) e exclúe aos “sen papeis” da sanidade pública. Imponse unha  taxa de 710 € ao ano a 1.866 para maiores de 65 anos, para acadar atención médica. Un custo que casualmente supera o dun seguro médico privado.

O Sr. Rajoy, caudillo do “partido dos traballadores” en setembro de 2011afirma: “O PP non pretende abaratar o despedimento, senón promover que o contrato indefinido sexa a regra xeral”. Cinco meses máis tarde, febreiro de 2012, o Goberno do PP aproba “a reforma laboral”. Despedimento procedente con 20 días de indemnización por cada ano traballado e un máximo de 12 mensualidades. Tamen o despedimento por malos resultados financeiros, caída das vendas, ou a simple previsión de perdas nun trimestre. Habilitase á patronal para reducir o salario de xeito  unilateral e modificar as condicións de traballo. O 10 de xaneiro de 2010 manifesta D. Mariano: “Cando goberne baixará o paro”. Un locuaz  González Pons, pon as cifras: “creásense 3,5 millóns de postos  en toda a lexislatura”. En decembro de 2012 a taxa de paro incrementouse preto de 6 puntos e chegan  case a 6.000.000 os desempregados.

Cando o 27 de maio de 2010 o Sr. Rajoy di enfático «Non vai a haber ningún rescate da banca española», abre unha Caixa de Pandora que aínda hoxe non cesa de desatar maleficios. Duras voltas de porca na presión sobre a cidadanía e outras no horizonte para poder requirir á UE os medios para salvar o negocio privado da banca con diñeiro publico e incremento da débeda. Desmentidos, revirivoltas, eufemismo, cesións de soberanía ata limites escandalosos…Unha traxicomedia vergóñoñante na procura dos euros solicitados por miles de millóns polo Sr. De Guindos no  Euro-grupo…

“Os orzamentos máis sociais da historia”. No colmo do desenfado afírmase que no PGE 2013, o gasto prioritario é o social. A bochornosa realidade aforra comentarios…e o Sr. Montoro ri…Como fai Mario Benedetti no seu poema, cabria preguntarlle, “Serei curioso Sr. Ministro/ de que se ri/ de que se ri/de que se ri…

Un fino humorista conservador, Jardiel Poncela, atinou a definir a D. Mariano sen habelo coñecido. “Un político que é como un cine de barrio, primeiro faiche entrar e despois cámbiache o programa”. En fin, hoxe xa non quedan cines de barrio salvo o de TVE, pero si quédanos D. Mariano. Que é incapaz de tomar  conta, que non porque un gran numero de persoas crea nunha mentira, – que xa non é o caso-, esta convértese en verdade. Quizais habería que pensar que minte, simplemente porque é incapaz de afrontar a realidade. Ou que ao mentir non só  esconde a verdade, senón tamén a súa covardía. Os benpensantes atribúen o comportamento de D. Mariano a unha deriva marxista. Marxista de Groucho, claro… “A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer un diagnóstico falso e aplicar despois os remedios equivocados”…

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s