Poesía de Paloma Díaz Andina

Foto-paloma-diaz-andinaA Daniel Cortezón, a man que se me brinda, a voz que me reclama.

Miraches alén de horizontes
perfectos
inaccesibles
alleos á terra sentida,
Descubriches na area
unha pequena onda
invisible
naufragada,
E apañaches da escuma
a esencia sen partitura
núa de norte e lúa
de aquela onda errante.
E chantaches no deserto
a súa semente presentida
na area desta praia eterna
onde agora latexas por sempre
———————————————-Libre.

OS DÍAS
Negada a memoria,
esquecida a utopía,
colmada a esperanza
de sombras repetidas,
son os días caléndulas sen amor
penduradas na noitiña.

A NOITE TEN QUE ACABAR
Dentro,
unha elipse de bágoas
contidas
fan volutas co lamento
vertido
no colo doente do mar.
Fóra,
unha morea de palabras
molladas
tecen redes no silencio
curtido,
un leito onde se deitar.
Nalgures,
unha cambadela de luces
sostidas
alumean o espazo
preciso
onde a vida poida ficar.
Dentro, fóra ou nalgures
a noite ten que acabar
nunha eclipse de verbas
que pronuncien o espertar.

CANDO AMAÑECE
Silencio no peirao
caladas as barcas,
Case podo apalpar a muda paisaxe.
Nada se escoita,
nada,
nin tácito murmurio
nin sílaba musitada.
Silencio no mar
botadas as áncoras,
Case podo bicar a muselina celeste.
Dormen as aves escuras
foxen as nubes descalzas.
Silencio na madrugada.
A errante silueta dun sol difuso
desfecha os beizos da mañá,

Tanxen as gaivotas no ceo
os primeiros acordes da alborada.
Case podo ouvir cómo a lúa se oculta,
Case podo sentir cómo a terra enteira
——————————————————Canta

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ESPACIO LITERARIO, Paloma Díaz Andina. Guarda el enlace permanente.